Phoenix Hispánica

Páxina Anterior

A Vida Docente en Santiago

Páxina Seguinte

v3mdizphoenixhispanica039.html
     A universidade, sen dúbida, dende a súa fundación, na Cidade de Santiago de Compostela polarizou todo o saber cultural do Santo Patrón de España, desenvolvendo unha extraordinaria vida cultural. A Universidade propiamente dita foi fundada polo arcebispo Alonso de Fonseca, e unha bula do Papa Clemente VIII, en 1525, autoriza o estudo de Farmacia, Artes, Teoloxía e Direito. As obras da actual Universidade foron iniciadas aproximadamente no ano de 1582, activadas en 1769 e concluídas en 1805. Hoxe, esta grande e famosa Universidade abriga tamén as facultades de Letras e Filosofía...
     Pero, a tranqüilidade dos compostelanos non dura por moito tempo, a provincia da Coruña, como toda a península Ibérica, sofreu moitas invasións durante moitos séculos. En unha das investidas, os vándalos desta vez foron os musulmanos (árabes), incendiarios e destruidores de Santiago de Compostela, polas tropas do chefe Almanzor que, coma un furacán destruidor, apenas respectou a tumba do Apóstolo e a un monxe que orava ó seu lado.
     A provincia da Coruña, alén desta reliquia inigualable, encerra en súas terras o famoso Farol, que inicialmente foi construído polos fenicios, sen se coñecer, con moita certeza súa época, tal vez aproximadamente no século VI a.C., e reconstruído polos romanos no IV d. C. sobre a "Torre de Hércules". Este farol é un dos máis antergos de cantos se coñecen, ele foi reformado polo arquitecto galaico-portugués Cayo Servio Lupo, a mando dos romanos, e foi dedicado a Marte Augusto.
     A primeira expedición romana nesta rexión galega da Coruña, foi feita polo Pró-Cónsul da Hispania Ulterior Décimo Xunio Bruto, alcuñado de Gállicus. Tal vez teña sido ele quen deu o nome de Finsterrae ao chegar ás costas do Atlántico. Ou aínda, é posíble que o nome de Galiza teña algunha relación con ese alcuño. Como se ve, a terra galaica é cheia de historia lendas e beleza.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega