Phoenix Hispánica

Páxina Anterior

Centralismo dos Reis Católicos

Páxina Seguinte

v3mdizphoenixhispanica042.html
     No decorrer dos tempos do centralismo dos reis católicos, tal vez en beneficio da unión de todos os pobos da España, Galiza sofre todas as perturbacións anárquicas, e así, quedando máis pobre, inclusive pola perda de peregrinos na camiñada ao Evanxelizador do Occidente, Santiago de Compostela, que non lles era permitido ver a "Vía Láctea", indicadora do "Camiño de Santiago". Mesmo así, con todas esas mudanzas políticas e relixiosas, nesa época foi construído en Ourense o Palacio Ourensán ou Palacio de Valladares.
     No ano de 1800, na guerra da Independencia, coubo tamén a Ourense, unha cota de vidas humanas, é dicir, a entrega da maior parte de súa xuventude, toda súa alma e xenerosidade nos montes de Bande e Sobeira, armando un célebre batallón, que se encheu de glorias, loitando contra o invasor francés. Se nón chegasen tantos problemas da vida política, cultural e económica destas terras, existe outro moito maior, devastador e desintegrador de "Lares," que é o problema da emigración. A emigración, ese mal necesário en determinadas épocas da historia galega, leva en sí un pouco de fascinio, necesidade e aventura. Ese fantasma implacable da incerteza, da identidade e da "diáspora" inevitable, aumentando a traxedia e o trauma de ter que abandonar, nun adeus conmovedor, as terras sagradas dos antepasados que, durante moitos séculos, deu sustento e, por súa beleza, foron estuario espiritual para acrecentar seu amor a ese testemuño, raíz vital e fonte clara de seu traballo e esperanza.



Poema ó emigrante

O de ser un emigrante
é ser sen querer
na camiñada errante
para poder sobreviver.

Pensar a "América facer"
noite e día loitando
para a familia non esquecer
e con iso logo voltando.

Emigrar para o futuro
e alí logo encontrar
un país acolledor
isto pode moito axudar.

O tempo vai pasando
e a "América sen facer"
a soidade aumentando
o seu corazón a sofrer.

Ele vive duas vidas
antes e despois de emigrar
lembrando as despedidas
está sempre a soñar.

Xuntos, soño e realidade
o emigrante vai pensando
a volta é unha necesidade
mentres a familia vai formando.

Despois de moito tempo
o emigrante vai á súa terra
pensando coñecela aínda
pero, todo mudou, el e ela.

Non coñece a máis ninguén
nem mesmo ós parentes
os amigos, xa non ten
as persoas son diferentes.

Seu corazón sangrando
súa alma rompida
seus ollos chorando
con identidade indefinida.

Madira.

     Pero a Galiza "arcaica e maternal", non para ante tantos obstáculos encontrados en súa camiñada a través dos tempos. Súas artes se difundiran por terras ibéricas, seus artistas e xograis servían a todas as cortes. Entre nobres vasalos, está Afonso I, o de Guimaráns que, cabalgando polos claros e floridos campos do Miño, onde a videira abraza o "laurel romano", para triunfar sob o ceo de Ourique, onde diseña a Cruz de Santiago, dominadora do vento por tódolos mares navegados polos feitos da Galiza, nai de dous imperios, señora de duas falas, sigue vivindo súa era de arte. Pero, esa gloria de ver seus fillos dos fillos triunfar, estaría moito perto de seu final.
     Ata que un día, polo egoísmo do poder desenfreado, a nobreza de Castela e a burguesía de Portugal romperan, nunha batalla absurda e irracional, o elo da unidade fraternal de Santiago de Compostela. Foi un eco final, de dor e de tristeza, da poesía galaica. Sobrou, apenas, a soidade de unha época heróica, lírica e épica de un pobo, que como poucos, soubo camiñar facendo súa propia historia e a dor de unha "grande España" que se desmembrava para nunca mais ser a mesma.
     Máis unha vez, este pobo galaico é submetido por Castela durante un longo tempo, esmagando seus sonhos de liberdade, pero, seu espírito indomable que estava inerte dentro de sí, explode nunha rebelión popular contra o avanzo do poder dos señores de terras. Esta revolta popular, chamada de "Guerra dos Irmandiños", foi iniciada no ano de 1467, indo deica 1469. Esta revolta, foi un grito de dor, amargura e cidadanía contra o opresor feudalista que explorava estes campesiños. Con o lema "Deus et fratres Galleciae", pretendian destruir as fortalezas e torres dos señores.
     Nesta revolta da amargura e sofremento do pobo da Terra galega, merece algún destaque a antiga Comarca da Terra de Montes. Esa Comarca que se situa na divisa das provincias de Ourense e Pontevedra, abranxendo os concellos de Forcarei, Cerdedo, Beariz e parte dos concellos de Avión, Cotobade e Monte-Campo-Lameiro. Foi nestas terras, onde seus habitantes tiveron unha participación efectiva na defesa de seus direitos e cidadanía para súa sobrevivencia. Esa resistencia, se concentro, principalmente, na Parroquia de Presqueiras onde existía unha importante Torre construída sobre un antergo castro, dende a cal era administrada toda esa Comarca polos denominados "Xuíces Merinos" (os xuíces merinos eran nomeados polo rei) e, cuxo comando central nesa rexión estava no Mosteiro de Aciveiro. Para mellor administrar estas terras, alén da Torre do Castro, o Mosteiro de Aciveiro mantiña algúns pontos avanzados, onde, xeralmente, construía un tipo de construcción que tanto servía para vixiar os labregos como para prácticas da fe cristá ao largo do "Val do Alén". A pesar desas informacións non poderen ser totalmente comprovadas, existen algúns indicios que nos levan a acreditar, se non en todo cando menos en parte, neses relatos históricos.
     Para xustificar a hipótese, dende algúns outeiros ben cerca da Capilla de Santo Domingo de Guzmán, na Parroquia de Xirarga, podese ver a mor parte deste Val e, un outro testigo vivo, cando menos por encuanto, é o lugar aínda existente deica hoxe, o Lugar de Alén que, fai parte da Parroquia de San Salvador de Xirarga. Durante a revolta e, con a derrubada da Torre, os xuíces merinos tiveron que se mudar para Soutelo de Montes, onde se asentaran deica o ano de 1811, cando foron abolidas as xurisdicións especiais, sendo o seu último xuiz, Don Manuel de Ogando Barros.
     De certa forma, era máis un elo da corrente anárquica en que se encontrava o reino da Galiza, submetido por Castela, nos tempos de Enrique IV, O Impotente, que sobresaía máis acompañando as ilimitadas ambicións dos nobres, polas que o pobo sofría lamentables conseqüencias. A pesar de todo iso, esta terra galaica mantivose agarimada á súa propia antigüidade, un pobo con apego á súa tradición durante moitos séculos, a súa fala, súa arte e ao seu modo todo especial de vivir no pasado de glorias e de fe. Así, soidade, que no galego coloquial se traduz em "morriña", é algo máis que iso, é a ansiedade polo pasado no tempo e no espacio, vontade de desandar como se fose posíble volver no túnel do tempo. É de admirar esta sina fantástica de sentimentalismo e de carácter en relación á propia terra e a natureza da mesma.
     A forza e o feiticio interior dese pobo, en cada aldea, en cada Parroquia e Comarca, que continuan con súa traxetoria de mudanzas como se fosen a propia natureza destas terras: Rochas, vexetación, ceo, estrelas que, a cada instante e período apresentan paisaxes diferentes. Esta é a propia morriña ou soidade, esta é a tradición galega. Aquí, nestas terras, en que aínda se venera a propia historia do pasado, sen esquecer o presente do futuro, onde por moitos séculos se construíran moradías de pedra, semicirculares (os castros) e que, en moitas comarcas aínda existen destes poboados celtas. Aquí, nestas terras que aínda se cantan as doces e meigas melodías impregnadas de salmos e liturxia, ó modo gregoriano, para fecundar estes lares lexendarios.
     Entre os castros que citaremos a seguir, pude ver, tocar con miñas propias mans e sentir a emoción daquilo que resta desa cultura castrense, principalmente na rexión galega. Na província de Ourense, entre os máis importantes ou que aínda se conservan algúns vestixios naturais, están os de : Celanova, Santa Águeda, Martiña, Villamarin, Castro Caldelas, Cameixa en Aboborás e o de Magros que está situado no Concello de Beariz, onde eu nacin, sen contar outros tantos non menos importantes nesta província e principalmente, na província de Pontevedra. Existen castros por boa parte da península Ibérica, pero un dos máis conservados na Galiza, tal vez sexa o Castro de Santa Tecla, na Provincia de Pontevedra.
     Tantas riquezas culturais de un pasado heróico por toda a Península Ibérica, e particularmente na Galiza, a través do "Camiño de Santiago". Aínda hoxe poden ser vistos. Son vestixios de anacos que conservan boa parte das calzadas romanas, entre elas, está a famosa "ITINERARIUM", construída polo Emperador romano Antonio Caracalla. Era unha das catro Vías que unía "Bracara" (Braga) en Portugal, con Astúrica (Astorga) na España. Realmente, foi a influencia romana, a partir de Otavio Augusto, o emperador conciliador nas terras da "Galleciae" romana, hoxe é a Galiza e o norte de Portugal, que estabeleceu as colonias que levaron o seu nome: "Lucus Augusta", hoxe a provincia de Lugo na Galiza, "Bracara Augusta", hoxe Braga en Portugal e "Astúrica Augusta", hoxe na España é Astorga.
     Os romanos ocuparan as tres colonias con tres lexións para efectivo dominio e a súa romanización. No entanto, foi conservado o fondo étnico celtíbero, con os costumes e espírito arraigado no pobo galaico. Entre os cultos máis comuns do pobo celtíbero, estava a adoración ó Sol, á Lúa, ós montes, ríos e fontes e á propia natureza como un todo e tamén ó espírito: Tiñan oráculos, sacerdotes e sacerdotisas; facían sacrificios... Aínda se conservan algúns núcleos urbanos dos antergos habitantes da península Ibérica, con súas murallas e fortificacións; Numancia-Tarragona en Teruel con acrópoles, murallas e rúas calzadas.
     Outra importante "Vía Romana", a de Lodeiro, viña dende Braga (Portugal), pasando por Ponte de Limia, entrando na Galiza de hoxe por Pontevedra (Tuy), que continuava por Borbén, Tourón, Caldas de Reyes, Padrón, Asorey, Hervo, Marzá e Lugo, onde se unía con a Vía XX, esta chamada "Per Loca Marítima", separandose da Vía XIX en Límida, seguindo por Vigo, Pontevedra, Rianxo, Betanzos deica Lugo, esta última toda dentro da Galiza. Como se ve, os romanos, para unha mellor romanización e administración da Hispania, construíran unha serie de Vías, aquedutos e pontes, que amosavan un sólido coñecemento da enxeñería viaria.
     Pero a Galiza pós-romana continua encarnando a tradición en seus lares de forma maternal, en virtude de que as nais galegas, durante moito tempo, tiveran que se dignificar como símbolo do que perdura. O home vai e volve (a pesar de nen sempre) alterna, muda; ela permanece heróica e persistente en seu lar. De toda a epigrafía galaica, nada é máis revelador do que a dedicación das "Matres Gallaeci".
     Esta terra galaica, paridora de multitudes, criadora de liñaxens "Nai Matria", é cantada polos cancioneiros que levan a voz do canto de muller na súa organización familiar, que ela rexe e vive de forma plena e sensata. Estas nais galegas escravizadas polo neboeiro da emigración, traballando súas terras e lavando suas roupas con as bágoas das cancións da dor e cantos peregrinos de amor e fe.
     ¡Oh, nais galegas! Matrizes de guerreiros e de evanxelizadores, a que deron coraxe e senso de xusticia, lealdade e espírito aventureiro. Deron os galegos, na rota da conquista das Indias remotas (América Latina), moita fibra e moitos "Santiagos" nos andores andinos e caribeños —Santiago de Chile, Santiago de Cuba e outros—. Foron tamén os galegos aqueles que, na Batalla de Lepanto, fincaran a bandeira de Fernando de Andrade (No Golfo de Lepanto, no mar Mediterraneo, nas costas da Grecia, na batalla contra os turcos en l57l). Outros grandes homes deu a Galiza para as Españas de entón: os que facían a xusticia en Valladolid, os que administravan dioceses e abadías, os que rexían colexios, os que compilavan historias. Houbo, aínda, aqueles que, por necesidade, ou ás vezes por aventura de emigrar e servir ás Españas e as Indias: na arquitetura, nos Mosteiros e nos campos de Sárria de Galdo, todo iso sen perder a humildade santiaguesa.
     Sangue galego nos grandes da Europa que, a través de Fonseca, oían a voz do humanismo, e con Lemos a xenialidade cobizada, e con Gondomar toda a sutileza palatina. Mans galegas para as tallas de un Gregorio Fernández, Castelao de Pontevedra... Se xa non bastase todo iso, saiu da Galiza o apellido para o maxico das letras Hispánicas, Don Miguel de Cervantes (O autor de Don Quixote). Ata as paisaxes de Galiza para as "Soledades", de Góngora e unha Galicia heróica e rude na "Mari-Hernández", de Tirso de Molina. Ouro galego, de Ourense, tirado do Río Miño, para Carlos V. "Gallaecia nutrix"...Como a auga que fecunda os pastos na estiaxe, así é a terra de Santiago de Compostela, mesmo oculta, dá vida e esplendor, ás veces contrariando a malicia das correntes de Castela.
     O poema que ven a seguir, de Rosalía de Castro, retrata moito ben como a Galicia era vista naquela época polos galegos.

"As viudas dos vivos i as viudas dos
 mortos"

(Poema en galego da época polas Edicións Castrelo- Vigo)

¡PARA A HABANA!

Venderonlle os bois ,
venderonlles as vacas,
o pote do caldo
¡a manta da cama.

Venderonlle o carro
¡as leiras que tiña;
deixarono solo
ca roupa vestida.

"Maria eu so mozo,
pedir non me é dado;
eu vou pelo mundo
pra ver de ganalo.

Galicia está probe,
¡i a Habana me vou...!
¡Adiós, adiós, prendas
do meu corazón!

¡Van a deixala patria!...
Forzoso, mais supremo sacrificio.
A miseria está negra en torno deles,
¡ai! , ¡adiante está o abismo!...
Dentro de un mes, no simitério inmenso
da Habana, ou nos seus bosques,
¡ide ver o que foi deles...!
¡No eterno olvido pra sempre dormen!..
¡Probes nais que os criaron,
as que os aguardan amorosas , probes!..

Este vaise i aquel vaise,
e todos se van:
Galicia , sin homes quedas
que te poidan traballar.

Tes, en cambio, orfos i orfas
e campos de soedade;
e nais que non ten fillos
e fillos que non tén pais.

E tes corazós que sofren
longas ausencias mortás.
Viudas de vivos e mortos
que ninguén consolará.

     Pero, un día, o Sol brillante dos picos que circundavan as duras pedras do "Obradouro" e a gracia das follas caídas polo vento, foron perdendo o encanto para os galegos que, ciúmentos, deixan o lar e o pan de cada día así como as andoriñas deixan seus niños a cada temporada primaveril. Era de novo a busca de un novo niño, un novo Sol da América descuberta... Como nos tempos de Aníbal, como na conquista de Almería e Sevilla, era a cruzada a Ultramar, de un exercito compasado de galegos, fillos da Galiza espallados polo mundo, mentres o poder das Españas se esvaía na monarquía absoluta.
     De novo, esta Galiza arcaica, nobre, aguerrida e soñadora, érguese contra a frivolidade das cortes e refai súa "Historia na Emigración". Era a busca do descoñecido, do incógnito, contra a vida fácil, á servicio da sina expansiva das duas Españas, mentres a cabalgada heróica, no interior dos palacios, era decadente. Continuavan así, con seu espírito medieval de emigración, no final da reforma neoclásica. A mesma sina, áspera e cruel, tiveran na luta contra Napoleón, cando con a Santa Cruz á frente, saíran de Santiago de Compostela para percorrer os caminhos ardentes do Sol de Castela do Norte, comandados polo inglés Wellington, e heroicamente combateran os franceses nas provincias vascongadas, en Guipúzcoa, na rexión Vasca.
     Fillos de Galiza, arcaica, materna e santiaguesa, señores do perigo e da aventura, como hoxe, gardavan a dádiva do ouro antergo e do sangue novo, con mans moito hábeis para con leves plumas escribir a soidade da Santiago de onten. Galiza gardou o tesouro que é unha das máis belas linguas románicas. No seu cálice, beberan o máxico licor da poesía moitos galegos ilustres: Mendiño, Rosalía de Castro, Celso Emilio Ferreiro, Xosé Cela...

" Eterno servo "

¡Oh terras galaicas!
con teus belos campos
que celtas e romanos
veneraron teus encantos.

Tuas rías cheas de recantos
verde-amarelo teu monte,
teus ceos sempre azulados
teu Sol dourado no horizonte.

Terra de altos e vales
de cantería e pizarra
de barro e seixos con metal
para facer chozas na bisbarra.

Terra de mámoas e castros
morada de teus guerreiros
monumentos que contan historias
lendas e poemas verdadeiros.

¡Oh nobre terra galega!
De riquezas naturais
que fixeches ós teus fillos
eiquí non acougan máis.

Homes de moito valor
guerreiros destemidos
e levados por Castela
a loitar cos seus inimigos.

¡Oh laborioso servo!
fas os máis duros servicios
dende hai tempos antergos
ca humildade e sacrificios.
¡
Oh bravo e heróico galego!
que serves a outras terras
con gardas e soldados
dá o teu grito de guerra.

¡Oh coraxoso peregrino!
para de servir e viaxar
acouga na tua terra
deixando así de emigrar.

Madira.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega