Phoenix Hispánica

Páxina Anterior

Primeiros pobos da Península Ibérica

Páxina Seguinte

v3mdizphoenixhispanica006.html
     Dos pobos do Neolítico español, supóñense, principalmente, duas procedencias: unha, entrando polos Pirineus, vindos do centro da Europa, a raza dos Ofnet (Baviera); e a outra entrando polo Mediterráneo, de procedencia norte-africana.
     A cultura do povo Ofnet, caracterízase pola "industria" das cunchas, que se estende dende os Pirineus ata o río Miño. É unha cultura moi arcaica, onde aparecen amontoados de cunchas e restos de aves, peixes e outros animais.
     A cultura dos pobos procedentes do norte da África, caracterizase polas construccións chamadas de "monumentos megalíticos", posiblemente de carácter relixioso.
     Os autores clásicos máis antergos. recoñecen tres grupos diferentes: I) pré-celtas ou celtas primitivos e pré-ibéricos, que deben ser o resultado da miscixenación dos varios pobos que, dende os tempos máis remotos, foron ocupando a península Ibérica, II) os celtas; III) os íberos, que poden ser subdivididos en dous grupos, é dicir, os propios íberos e os tartesios ou turdetanos.
     No entanto, os historiadores e xeógrafos clásicos chaman, indistintamente, de íberos ós primeiros habitantes desta península na lonxíncua historia. Son moito discutibles a orixe e procedencia: algúns os consideran mediterráneo-africanos, que aquí chegaron no periodo neolítico. En novas descubertas sobre os posibles primeiros habitantes da Península Ibérica, supoñense de pouca importancia como "raza ibérica".
     Estudiosos do asunto, acreditan que, tal vez nunca teñan existido como "raza", nen como cultura ibérica e que, na verdade, serían celtas ou céltico-ligures moitos dos restos culturais encontrados na península. Outros pensan que, na realidade, os primeiros pobos que chegaran à península, foran de orixe líbio-ibérica e berbere, que con o decorrer dos tempos sofreron un proceso de iberización. Isto parece ter ocorrido en apenas parte do territorio peninsular, supoñéndose que, paralelamente, na outra parte do territorio habitavan os celtas ou celta-ligures xunto con outras tribus conforme confirman os obxectos encontrados en varios pontos da península, inclusive algúns monumentos que persisten ata hoxe.
     Nese movemento milenar, a península Ibérica foi sucesivamente habitada ou, en algúns casos, apenas colonizada e, que moitos deses pobos, non se sabe de onde viñeron nen a influencia que exerceron sobre a formación do pobo hispánico; os propios íberos, que a pesar de algúns historiadores sustentaren teren vindo do norte da África, outros admiten ser autóctones da península, cecais, nese caso, o seu nome derive da rexión do "Íberos" (río Ebro), é dicir, nome dado ás tribos que habitavan ás marxes dese río.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega