Phoenix Hispánica

Páxina Anterior

Quen eran os Celtas e sua traxectoria

Páxina Seguinte

v3mdizphoenixhispanica007.html
     As primeiras informacións que se ten destes pobos, son feitas por historiadores gregos e romanos que remontan ó século VII a.C., de que eles mantiñan un intensivo comercio con a Grecia e os pobos do norte da Italia, os etruscos. Nesa época, o principal poderío expansionista dos celtas, era na rexión da Europa Central no alto Danubio (Boemia e Baviera), de onde enxameian e irradían, difundindo súas armas de ferro e a cultura dos castros. Conquistan a Galia e parte da Península Ibérica, onde se mesturan con os íberos, dando orixe ós celtíberos; conquistan tamén, as Illas Británicas e grande parte da Europa Central. Súa maior expansión europea e a consecuente prosperidade, ocorre no século V e IV a.C., cando invaden o norte da Italia, a Galia Cisalpina e saquean Roma, (lenda de Bruno).
     Os pobos celtas ou KELTOI, como eran chamados polos gregos, eran de orixe indo-europea (o indo-europeo era un pobo da antigüidade, posiblemente orixinario das proximidades do Mar Negro dos Luvitas ou Ititas) e, deles son descendentes varios pobos modernos. No auxe de súa civilización, ocuparon a maior parte do continente europeo e parte da Asia menor durante máis de oitocentos anos, chegando a un grao de civilización invexable, ata para os pobos do norte da Italia, os etruscos e para os gregos.
     O máis importante grupo celta era constituído polo pobo gaulés. Pero tiña cerca de sesenta grupos gauleses que vivian guerreando entre sí. Esas loitas entre eles, nunca permitiran a ese pobo ter unha unidade e estabilidade política e moito menos formar un estado unitario. A unidade cultural existía en función da influencia dos sacerdotes, chamados de DRUIDAS que cuidavan da manutención e das normas sociais. Xustamente, foi a disputa entre eles que, máis tarde, permitiu a Xulio César submeter toda a Galia Cisalpina, aliándose conforme as vantaxes de conquista, a unha tribo ou a outra para facilitar o seu obxetivo.
     Algúns estudiosos dos costumes celtas, pensan que eles encaravan a morte como unha continuación da vida, seus reis e seus xefes guerreiros eran enterrados con tódolos seus pertences. Os primeiros aristocratas celtas vivian en colinas fortificadas como a de Heuneburg, no Danúbio Superior e, os membros das familias eran enterrados con un carro preparado para levar seus pertences para a tumba —prática seguida en todo o mundo celta da época—. Eles non chegaran a construir grandes cidades históricas e nen formaran grandes imperios estructurados, nen un sistema de comunicación que permanecese unificado; daí, a dificultade de reconstruír súa historia con detalles de súa existencia. O que deles sabemos, basease en análises arqueolóxicas e en relatos de historiadores gregos e romanos. Gracias á arqueoloxía, foi posible reconstruir unha granxa celta, con razonable exatidón.
     O museu de "Haly ou Haley" (Áustria), fixo esta reconstrucción nunha rexión montañosa. Parece que foi neste lugar onde os celtas terían desenrolado o seu máis alto grao cultural, chegando a formar unha de súas máis importantes colonias en terras da Europa. Moitos dos obxectos encontrados nas tumbas celtas, eran de épocas diferentes, supoñese que, en contacto con outros pobos, asimilaran súas culturas. Seu pasado cultural só pudo ser reconstruído, principalmente, debido aos obxectos encontrados en seus túmulos.
     A arte dos celtas é caracterizada por duas propiedades típicas: a primeira é a tendencia por obras figurativas, é dicir, cabezas de seres humanos, animais ou seres misteriosos, protagonistas de lendas indo-europeas, a segunda propiedade se traduz polas liñas curvas e arcos, pola sensibilidade ata mesmo en seus utensilios de guerra e de uso diario, encontrados en seus túmulos seculares que testemuñan súa habilidade manual e a forza de expresión dos artesáns.
     Outra cousa importante nos costumes celtas, era o tipo de moradía por eles construída. Ó que parece, o analizar os vestixios aínda existentes, houbo algunhas diversificacións neses costumes, tal vez por influencia do material disponible en cada rexión por eles habitada, ou por diferencias de costumes tribales. Na rexión da Áustria e diversas outras rexións da Europa, foron encontrados vestixios de moradías de formas retangulares, con tellado de feno ou xuncos. En outras rexións, como por exemplo na Península Ibérica, o tipo de moradía é feita de forma semicircular con pedras e seu tellado tamén coberto con palla de trigo ou centeo. Nas cociñas, de súas moradías, os celtas usavan un tipo de cavalete con tres pés sobre a lareira de pedra ou unha corrente atada no teito da cociña, "a gramalleira"para apoiar ou colgar o caldeirón de bronce de facer a comida. Entretanto, estes medios de cociñar, parecen non teren sido comúns entre as tribos celtas, e sí, privilexio de poucos. Entretanto, ese costume de cociñar perdurou por moito tempo e, tal vez, aínda sexan usados en algunhas rexións europeas onde a influencia celta foi máis marcante.
     Para traballar, había varios tipos de ferramentas, moitas delas aínda hoxe utilizadas. Moitos dos recipientes usados comprovan que o torno xa era utilizado para aplainar e arredondar certos utensilios domésticos. Cerca de quiñentos anos antes de Cristo, a olaría tamén non era segredo para eles: hai pouco tempo foi descuberto un disco de pedra, que probablemente era usado na fabricación de cerámica.
     Esas descubertas dos vestixios celtas proban que eles receberan influencia dos artesáns etruscos e dos gregos. Pola cantidade de cántaros e tazas de cerámica encontradas, supóñese que eses utensilios eran largamente usados para beber o viño.
     Todos eses utensilios foron descubertos en túmulos de personalidades celtas. Súas cerámicas non son simple imitacións pola súa forma e características, con figuras decorativas representando animais. Entre as pezas máis espectaculares da arte celta están algúns xarróns de bronce e colares en ouro fundido con decoracións de forma curvilínea que acompañaban as ceremonias fúnebres, dos poderosos xefes da clan (célt.clann) como en Rheinheim, Basseyutz ou Dürkheim. No século III a.C. a arte da cultura celta estendíase do Atlántico deica a Romenia e Anatolia.
     O xarro máis importante ata agora xa encontrado, ten aproximadamente cincuenta centímetros de altura e foi descuberto nunha rexión do sur da Alemania, estando gardado nun museu da Áustria. Na asa deste xarro ten unha decoración que representa un monstro tragando unha cabeza humana. Esta moderna reproducción de un porrón, apresenta en súa tapa un centauro, que era tal vez unha divindade celta. As gravuras do porrón constituen unha proba insofismable da habilidade dos artesáns celtas.
     Outro testemuño da súa capacidade artística é un relevo de unha ceifeira en miniatura. A máquina era impulsionada por un cabalo ou burro, sendo construída sobre unha caixa de madeira apoiada sobre rodas, e con dentes de ferro na parte da frente.
     Os celtas tamén exploraron algunhas minas de sal nos Alpes austríacos, sendo unha das súas principais fontes de riqueza na época. As galerías atinxían deica douscentos metros de profundidade, tendo sido cavadas con lanzas e picachós primitivos á luz de fachos de leña.
     Pasaron máis de dous mil anos, deica que esas minas fosen novamente visitadas. Estando hermeticamente pechadas coa presión exercida pola terra, as galerías conservaron moitas ferramentas, e ata restos de tecidos. Son reliquias excepcionais, xa que, con o pasar dos tempos, nas tumbas, os obxectos de roupa se desintegraron. Sobre a vestimenta dos celtas, así describía o historiador grego, Teodoro, cen anos antes de nosa era:
     "Son roupas moito vistosas, camisas coloridas e pantalós largos, usavan capas de lan no inverno e de un material liso no verán; as outras pezas de vestimenta diaria eran axadrezadas e tiñan unha fibela."
     Tamén na protección de súas propiedades, os celtas foron moito enxeñosos e precavidos, eles criaran unhas fortificacións que, máis tarde, os escritores chamarían muros gálicos. Na península Ibérica, foron chamados de castros ou citanias. Pedras e madeira eran empregadas na construcción desas cidades-fortalezas.
     Algúns historiadores gregos e romanos, describen os pobos celtas como un pobo salvaxe e de espírito guerreiro. Segundo as narracións de Xulio César sobre os Galeses. "Esas tribos eran arrogantes e moito valentes nos combates". Comentario no "De Bello Gállico". Non se pode negar, no entanto, que a súa creatividade artística é digna de admiración, debido á súa continua busca do perfeccionamento dos obxectos deixados polos seus antepasados. Asimilando as novas ideas e técnicas de outras culturas, os celtas chegaron a unha arte propia e expresiva.
     Outras descubertas arqueolóxicos amosan que, dadas as dimensións da area por eles ocupada na Eurasia, houbo unha comunión de culturas entre os celtas do norte e centro europeo e os pobos do mar Mediterráneo.
     O estudio da cultura celta permite deduzir que, alén do vinho, que viña do sur en toneis de arxila, a bebida máis consumida era a cerveza, xa que a cevada era cultivada en grande escala, polo menos, máis ao centro e norte da Europa, (na rexión do ducado de Luxemburgo). Alí, tódolos aparatos usados no viño e cerveza, foron enterrados xunto con un xefe da tribo.
     Os celtas tamén usaron un tipo de vehículo que permite presumir os progresos dos problemas relacionados coa súa locomoción. Os carros de cerimonias eran adornados en bronce, como amosa un modelo encontrado na actual Moravia (Checoslovaquia). A construcción dos vehículos era tan adiantada, que moitos dos seus termos técnicos foron adotados máis tarde polos romanos.
     Pero, a hexemonía celta, mantida na Europa Central e na Península Ibérica, aos poucos, cede lugar para os pobos de linguas xermánicas e, os romanos, paulatinamente, impóñenlles súa supremacía a través de César (na Galia Cisalpina e na Provenza, l92 a. C.); na derrota final dos Cimbros e Teutones por Mario (102-101 a.C.); e no século I a.C., Claudio conquista a Bretaña. Os gálatas, que tamén eran celtas, en 279 a.C., invaden e asolan Delfos, establecendose posteriormente en Anatolia deica o ano de 235 a. C. , cando son derrotados por Átalo de Pérgamo, na rexión que hoxe está localizada Ankara (Turquía). Na Iberia, a cidade de Numancia, baluarte dos celtíberos, tamén é dominada. Tanto estes, como os gálatas, preferiran a morte á esclavitude, sendo levados a unha especie de suicidio colectivo, defendendo seus lares-fortaleza, súa cultura e súas conviccións de liberdade.
     Como xa foi comentado, é moito arriscado apuntar os primeiros pobos que ocuparon a Península Ibérica pois, alén dos pobos xa citados, outros habitaron esta región en épocas anteriores.
     Na rexión onde hoxe é a Galicia, a data en que aparece o home, está pouco esclarecida. Sabese que Ourense (e no norte de Portugal), está poboada dende o periodo paleolítico, como amosan os utensílios (machadiñas...) pré-históricos encontrados nos arredores da cidade de Carballiño e na propia capital da provincia, Ourense.
     Do Neolítico hai moitas probas do home nestas terras, especialmente necrópoles dolménicas ou mámoas. Existen tamén restos da Idade do Bronce nesta provincia como a famosa "espada de Forcas", perto do río Sil, e outros máis. Por informacións de algúns historiadores, sabese que os pobos que habitavan as Costas da Galicia, o seu interior e o norte de Portugal, eran coñecidos como oestriminos, os cales foron derrotados e submetidos polos celtas. Os celtas invaden a rexión da Galicia no século VI a.C. A eles é debida a civilización da Idade do Ferro que apresenta aspectos moito singulares, pois, como xa foi citado, eles tamén introducen na península ibérica a Cultura dos Castros ou "Citanias".
     Outro fator importante que non pode ser despreciado, na formación cultural dos celtíberos antes da dominación romana, foi a chegada en épocas diferentes de: Fenicios, cartaxineses e gregos, integrandose relativamente ben con os pobos autóctones, principalmente nas costas do Mar Mediterráneo.
     Os celtas teñen unha importancia singular na historia peninsular ibérica, paralela á dos íberos. Destes, como xa foi dito, na opinión de algúns historiadores, existen poucos indicios que poidan xustificar unha existencia cultural e racial predominante, inclusive capaz de xustificar o propio nome que tomou a península e a cultura de seus habitantes.
     O pobo celta, que invadiu a Península Ibérica, era orixinario de unha rexión da Europa Central, próxima do Río Reno, entrando polos Pirineus, estableceronse inicialmente na rexión que hoxe é a Cataluña e despois se estenderon, principalmente, pola rexión norte, noroeste e parte central do territorio peninsular. Acreditase que eles viñan acompañados dos ilirios, xermanos e ligures; súa unidade política era a tribo, e se agrupavan en unha confederación, en caso de guerra.
     A pesar da polémica cultural e racial acerca dos primeiros pobos da península ibérica, iso non lles quita a importancia cultural como un todo, quer aceitemos a predominancia das orixes celtas, quer optemos pola dos íberos, pois, na verdade, houbo unha miscelánea de "cultura celtíbera".
     A cultura celtíbera é, na realidade, a primeira verdadeiramente hispana e figura como unha "raza" que, fixándose nos exemplos helénicos, ensaia e logra súa propia identidade cultural e racial. E, a pesar de ter sofrido durante moito tempo invasións periódicas, as modificacións raciais e culturais non impediron a permanencia do substrato orixinal, criador do pobo hispano que mantuvo a súa unidade xeográfica e cultural, unha civilización personalizada, a de maior forza expresiva dende os "cazadores de Altamira".

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega