Poemas na emigración

Páxina Anterior

Eu síntome feliz

Páxina Seguinte

v3mdiz032.html

Eu síntome feliz
en facer ó meu xeito,
mesmo que eterno aprendiz
sempre alegre e satisfeito.

Percorrín moitos camiños,
en cada deixei un pouco,
voando como andoriñas,
cada primavera como louco.

Eu me sinto feliz
en facerme comprender,
a sinceridade de raiz
axuda a nada esconder.

Andei camiños de espiños
con moita fe e confianza,
fixen algúns desatinos
pero non perdin a esperanza.

Eu síntome feliz
en poder coidar das flores,
eu coido da flor de lis
coma quen coida de amores.

Xa sufrín o bastante
sacrificios mil pasei,
non sei o que ven adiante,
con humildade o aceptarei.

Eu síntome feliz
en poder axudar alguén
coma o perfume da flor,
encanta a alma tamén.

Traballo dende meniño,
comecei por precisar,
onde nace o río Avia
e non puiden máis parar.

Preto de Santiago Apóstolo
alá nas terras da Galicia
embarquei para a America
sen ningunha malicía.

Eu síntome feliz
por ter moitas profesións,
a primeira canteiro aprendiz
a terceira mestre en construccións.

Na segunda fun comerciante,
traballo agora coma profesor,
desta fíxeme amante
e ámoa con moito ardor.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega