Poemas na emigración

Páxina Anterior

Eterno servo

Páxina Seguinte

v3mdiz035.html

¡Oh terras galaicas
con teus belos campos?
Que celtas e romanos
Veneraron teus encantos.

Túas rías cheas de recantos
e verde amarelo o teu monte,
teus ceos sempre azulados
teu Sol dourado no horizonte.

Terra de altos e vales
de cantería e de pizarra,
barro e seixos con metal
para facer chozas na bisbarra.

Terra de mámoas e castros
para morada de teus guerreiros,
monumentos que contan historias,
lendas e poemas verdadeiros.

¡Oh nobre terra galega
de riquezas minerais!
Que fixeches ós teus fillos
que eiquí non acougan máis.

Homes de moito valor,
guerreiros destemidos,
son levados por Castela
a loitar cos seus inimigos.

¡Oh laborioso servo que
fas os máis duros servicios!
Dende hai tempos antergos
coa humildade e sarificios.

¡Oh bravo e heróico galego
que serves a outras terras!
Con escritores e soldados
dá o teu grito de guerra.

¡Oh coraxoso peregrino
pára de servir e viaxar!
Acouga na túa terra
deixando así de emigrar.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega