Poemas na emigración

Páxina Anterior

Xa non oio mais os pasos

Páxina Seguinte

v3mdiz046.html

Volto a andar por estes fondos e vellos camiños,
ando polo monte, por vereas e corredoiras
onde alegres cantaban e rían os viciños.

Agora xa non escoito a tantos andando
nen risadas nen o chorar dos meniños,
nen os paxaros que sorrían cantando.

Non escoito máis os pasos nen as alegrías
daqueles meus tempos de rapaciño,
apenas, un tic-tac na eira algúns días.

A maioría está para sempre a dormir,
está dormindo o sono da eternidade
onde a escuridade non os deixa sorrir.

Na aurora, o Sol brilla no horizonte,
el parece querer sorrir ó lonxe, alá,
no Outeiro do Boi, atrás do monte.

Ó despertar só oía cantar os paxaros
e algunhas pisadas moi silenciosas
dos pasos suaves dos sexaxenarios.

Agora, ando sobre pedras alfombradas,
camiño con catro pernas redondas,
por camiños vecinais e estradas.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega