Poemas na emigración

Páxina Anterior

A vella solaina

Páxina Seguinte

v3mdiz050.html

Na vella solaina de pizarra tapizada de musgos
verde, sentado, calado mirando o Sol se poñer.
Pouco a pouco, no aire, recordos interminables
das persoas con que convivi, non podo esquecer.

Pouco a pouco, no aire
recordos interminables
algúns de corpo inteiro
e outros a media luz.

Mirando algúns entardecer
e outros pasan amañecendo,
pasan sen velos camiñar,
camiñando para anoitecer.

Algúns eran algo familiares,
a maioría parentes coñecidos,
outros cecais de infancia amigos,
algúns era chegados viciños.

O horizonte opaco encarnado
xa se acerca da vella solaina,
o mesmo que en tempos pasados
que parece collelo coa man.

Mirando entre as montañas,
polos baixos e verdes vales,
onde os campos están floridos
entre os regueiros e zarzales.

Durante o día, ó morrer a tarde,
ollanse as fragas tristes, sombrías,
frías, en silencio, adormecidas,
un xordo sonido xea meus oídos.

Fragas cheas de recordos,
onde o aire zoa misterioso,
zoa con tristezas e plegarías,
ó pasado me levan silencioso.

Prados, fragas e silveiras,
camiños campos e regueiros,
onde pasei a infancia, andando,
en Xirarga, por vereas e carreiros.

Eu vou recuando no tempo,
vou recuando triste e lentamente,
achanco nos cómaros e subo muros
vou andando, andando, eternamente.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega