Poemas na emigración

Páxina Anterior

O río e o home

Páxina Seguinte

v3mdiz056.html

O río é coma o home,
nace límpido e protexido
coidado por moitas árbores
para poder seguir o seu camiño.

O río xa non é máis o mesmo,
ó pasar en curvas e remansos.
É coma o home camiñando no
final da vida sen ter descanso.

O río fertiliza a terra ó pasar
deixando a vida que carrega.
É como o home que dá todo,
todo de dentro de si ó "fluctuar".

O río non carrega riquezas,
leva todo para dentro do mar,
pois sabe que o seu destino é
correr, correr para descansar.

Así coma o río, o home envellece
el non sufre apenas por vello ficar
el sufre coma o río polos descoidos e
a falta de atención ó ser levado pro mar.

A opción do home e o río envellecer
non é on ato isolado e sí de opresores
que tanto pode modificar o camiño
coma tranformar pedras en flores.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega