Poemas na emigración

Páxina Anterior

Campos solitarios

Páxina Seguinte

v3mdiz064.html

Entre as corredoiras
as veigas solitarias
con nomes ben antergos
entre muros e ribadas.

A chaira e as carrizas
súa casa e peneirados
a veigadalén e pomar
todas ben agarimadas.

Mais adiante as porteliñas
e as varelas altaneiras
a besada e devesas
do outro lado as urceiras.

Bem preto, o prado do médio
campos da ínsua e os feás
logo ven o prado dos sieiros
onde canta o paspalláz.

O porto e costa do cortiñal
subindo cara as lamelas
o cabadón e súa cerca, polo
camiño fondo, con barrelas.

A costa dos ánxeles
e a trás das xesteiras
bem preto da barronca
ten carballos e silveiras.

O val do forno e casteliño
subindo ó outeiro da cruz
ás fonteliñas e regueiras
onde a auga das fontes reluz.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega