Poemas na emigración

Páxina Anterior

O espacio ben modelado

Páxina Seguinte

v3mdiz066.html

Todo o teu espacio, si, o espacio árido,
Haveremos de remover, ti e eu.

¿Cantos sen fin diante de nós?

Ese espacio modelado e aberto para a vida
e tamén pra morte...sobre el,
vivos e desnudos, sempre nos amamos.

Xuntos, sin repouso, dous brutos que
que se esforzan a sulcala a terra, para que a
semente poida brotar como un desabrochar
das flores que romperon en frutos

Todo e toda a terra habemos de labrar,
para que caiban as tumbas dos mortos-
vivos que nunca morreron, entre árbores
deformadas e edificios opresores.

A terra xa está sementada, brotan as sementes,
murcharanse as flores e os frutos poboaron
de xuventude os ramos.

¿O que importa querer continuar se a curva
da camiñada é imnacecsible?

Aquí puxen contigo a miña alma.
Aquí estou e estarei velando os teus pedestales.

"Vexo" como medran a relva e as árbores que
eu non puden plantar, pero, puden regar
coas miñas bágoas, mesmo sin poder chorar.

Agora é todo noso. Eles somos nós — ti e eu:

Árbores, xardín e a aurora de fermosa claridade
que prolonga o noso soño.

Teus brazos continuan firmes, túa mente e túa
alma axitada. Meu corazón dentro do meu peito
e miñas mans vibran coa saudade.

¡Canto laboramos! Ti e eu.

Continuarás coa tua camiñada ben medida,
atravesando o deserto, que, mesmo
escaldante e arido, con
teus pasos frutificará.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega