Presenzas de Castelao en Barcelona. Dous momentos artístico-literarios

Páxina Anterior

Primeiro momento: 1973

Páxina Seguinte

Presenzas de Castelao en Barcelona

     A comezos de anos, o que interesaba, no mundo político democrático, era a experiencia da denominada "Vía chilena ao socialismo", que meses despois acabaría —coa experta colaboración de Henry Kissinger, secretario de estado norteamericano—, o que o sempre lúcido e intelixente Manuel Vázquez Montalbán denominaría, nun libro secuestrado pola censura, como "vía chilena ao golpe de estado". En Europa, os coroneis gregos, a raíz das manobras do rei Constatino para dirixir o goberno, despois de bendicir un golpe de estado que afastaba á esquerda do poder, decidían converter o país en república: poucos anos despois, xa instaurada a democracia en Grecia, o pobo grego, en referendo, deulle, por unha maioría máis que absoluta, as costas á monarquía. O sudeste asiático, como desde había case dez anos, continuaba acaparar a atención do mundo: Viet-nam, Laos e Camboia enfrontábanse ao xigante americano. O contencioso sino-soviético continuaba a dividir a unha esquerda que, afeita a xustificar o inxustificábel, o mes de marzo respalda a instauración de relacións diplomáticas entre a China de Mao e a España franquista. Hollywood concedíalle o Óscar á mellor película estranxeira a Le charme discret de la bourgeoise, de Luis Buñuel, filme que o aragonés, mercé á censura, non puidera rodar en España. Os lectores galegos desfrutaban con Xente ao lonxe, publicada, cortada pola censura, o ano anterior, ao tempo que algúns botaban gargalladas a eito ao caer nas súas mans Os novísimos da poesía galega, de María Victoria Moreno Márquez, un libro que máis que palimpséstico era totalmente mimético e imitativo do exitoso Nueve novísimos, de José María Castellet. Meses antes da publicación de tal antoloxía, moitos lectores galegos descobriran ou redescobriran a Manuel Antonio, merce á edición das súas Poesías a cargo de Domingo García-Sabell. O nove de abril morría Pablo Picasso. O "Día das letras galegas" esta dedicado ao Arcebispo Manuel Lago González, cuxa importancia literaria, por dicilo suavemente, é escasísima (17). Este mesmo mes era nomeado —xuraría o cargo o mes de xuño— Luis Carrero Blanco como presidente do goberno español. E en Barcelona, despois de destrozar a cidade ao seu gosto, deixaba a alcaldía José María Porcioles —notario de profesión— dando paso a un industrial, Enrique Massó, na liña tecnocrática, dirixida polo Opus Dei, que adoptara, sen grandes cambios, o réxime franquista.
     Mais agora, a pesar de que ao longo do ano continuarían a producirse acontecimentos importantes, é necesario deterse no mes de maio, xa que nel ten lugar o primeiro "momento" de Alfonso Rodríguez Castelao "estudiado" nestas páxinas: como o segundo, xorde a raíz dunha exposición inaugurada o 17, día das nosas letras, da obra plástica do rianxeiro, presentada na Galaría Sargadelos de Barcelona.
     ¿Por que unha exposición de Castelao en Barcelona?
     As exposicións dos artistas desaparecidos adoitar ter dúas finalidades: dar a coñecer a obra e ampliar a súa difusión —ou intentar a súa revalorización artística e comercial— do artista desaparecido. Ora ben, como as obras expostas non estaban á venda, era difícil que a mostra procurase un maior aprezo da obra do rianxeiro nos circuítos comerciais. ¿Tratábase de dar a coñecer a obra do autor de Nós a un público máis amplo, a un público que a descoñecida, de espallala?: tendo en conta que a organizadora da mostra era unha institución privada, sen apoio público, non era doado que a súa obra poidese chegar alén das persoas interesadas nas exposicións da mencionada galaría. Había, pois, que abandonar estas consideracións. Por outra banda, aínda que a mostra se inauguraase o "Día das letras...", nada tiña que ver, como se verá, con tal sinalada data. Finalmente, tampouco se celebraba o 50 aniversario da exposición dos deseños de Nós —xaneiro de 1921— no Ateneu de Barcelona. A causa é moito máis simple e sinxela: inaugurada o 17 de maio de 1972, a Galaría Sargadelos cumpría un ano da súa instalación en Barcelona. A apertura, lembramos, amais das de Basilio Losada, Xavier Costa Clavell ou Bernardino Graña, residentes en Cataluña, contara coa presenza evidente de Isaac Díaz Pardo e, entre outras, coas de María Xosé Queizán, Xosé Luís Méndez Ferrín, Ramón Piñeiro e Francisco Fernández del Riego, vidos expresamente desde Galiza.
     Cunha elección tan hábil, pensamos, como decididamente política, para conmemorar o primeiro ano da súa instalación en Barcelona, os responsábeis de Sargadelos acordaron organizar unha exposición de Castelao: da súa obra plástica, por suposto, dadas as dificultades da época. Titulouse, simplemente" "Castelao. Obras", e nela expúñanse unha serie de obras propiedade de Álvaro Gil, do Museo de Pontevedra e do Museo Carlos Maside. Editouse con tal motivo un pequeno catálogo de 10 páxinas (13,3x20), tampas aparte, que constaba dunha introdución de Eduardo Blanco-Amor (sic), en español e catalán, dunha cronoloxía nestes dous idiomas, e da reprodución de nove das trinta obras expostas: entre elas había óleos "Paisaxe na montaña", aguadas "A paisaxe non se come, meu vello", gouaches "Rolda de nenos", lápiz simple "Cegos (como na parábola de Peter Brueghel), ou acuarelas como "Bailada de Nadal".
     A inauguración contou coa presenza de Luís Seoane e a súa dona Maruxa, por aquelas datas en Barcelona. Inicialmente a asistencia foi máis ben escasa, se ben, a pesar da insuficiente axuda da prensa, pasados os días, a acollida foi mellorando: con todo, a única constancia, por escrito, que queda da exposición, é o catálogo e mais as reseñas que apareceron nalgúns dos xornais que daquela se publicaban na capital de Cataluña.
     Naquel mes de maio de 1973 o panorama das exposicións en Barcelona non era, precisamente, "esplendoroso". Agás a exposición "Dadá", mostra dedicada a este movemento, organizado polo Museo de Arte Moderno en colaboración coa Comisaría Xeral de Esposicións da Dirección Xeral de Belas Artes do Ministerio de Educación e Ciencia e mais do Instituto Alemán (motivo polo que a maioría dos artistas representados en tal mostra eran desta nacionalidade), dando un breve repaso á prensa de maio de 1973, encóntranse nomes como Marcello Tommasi, Lola Huete e Carmen Gallego, Horacio Sánchez, Fibla, María Serra Lezcano, Soledad Martínez, Josep Verdaguer, Costa Sobrepera, Laurence Saker, Mariángeles de la Torre, Helga Kraes, Espinoza Dueñas, ou Grau Santos, en conxunto de escasa ou nula pegada. Así, ante este panorama tan pouco estimulante, sorprende o limitado eco da exposición de Castelao.
     Cómpre, antes de reseñar a recepción da mostra na prensa barcelonesa, explicar un pouco o funcionamento das páxinas de "Arte" dos xornais nos anos 70. Sen excepción, os xornais editados daquela en Barcelona: Diario de Barcelona, El Correo Catalán, La Vanguardia Española, El Noticiero Universal, Solidaridad Nacional, La Prensa (estes dous últimos pertencentes á chamada prensa do Movimiento), Tele/eXpres e D. F. (siglas de Diario Femenino) tiñan páxinas dedicadas á arte e exposicións cun só responsábel, un só crítico, que adoitaban saír un determinado día da semana, coincidindo ás veces, como en El Noticiero Universal, coas páxinas de "Letras". Ademais destas páxinas, case todos os xornais tiñan outra, normalmente o día anterior, dedicada á publicidade das "exposicións": por exemplo, en La Vanguardia Española, o sábado nunha tempada, os venres outras, había unha páxina inzada de anuncios, evidentemente de pago. O mesmo acontecía en Diario de Barcelona: os venres anuncios, os sábados reseñas. Se se fixese unha simple comparación desas dúas páxinas, veríamos como as reseñas das exposicións coinciden cos anuncios dos días anteriores. Nunha palabra, se non había anuncio, non había reseña "crítica". O "estatus" era, polo visto, aceptado por todos: artistas, críticos, galaristas, compradores e, quen sabe, talvez tamén por curiosos ou afeccionados. O mesmo acontecía nos tres semanarios, deixando fóra La Hoja del Lunes, daquela editados en Barcelona: Destino, Mundo e Canigó. Non tanto acontecía nos dous mensuarios que se editaban en na Cidade Condal —curiosamente, os dous en catalán—: Serra d'Or e Oriflama, este último dedicado máis ben á "cultura xuvenil" (cando non publicaba as prédicas, baixo pseudónimo, do seu propietario, Jordi Pujol; prédicas en que se exorcisaba todo o que soase a progresismo social ou cambio de costumes). Mais como non se trata —aquí— de analizar a arte na súa vertente mercantil, aínda que cabería preguntarse se existe outra, limitámonos a recomendar a lectura da obra de Raymond Moulin L'artiste, l'institution et le marché (18), que, se ben fala preferentemente do mercado francés, se pode extrapolar a calquera das sociedades occidentais.
     Considerada a situación e o carácter privado da institución organizadora da mostra, asoma abertamente o aspecto político-cultural da escolla de Castelao para a celebración do aniversario, confirmado pola elección, para presentar o catálogo, de Eduardo Blanco Amor, e polas palabras do escritor ourensán:


     La personalidad de Castelao ofrece varias vertientes: es una vida que se expresa como dibujante, pintor, ensayista, investigador y activista político de un momento auroral de Galicia en que la política era casi poesía de la más confiada ingenuidad. Estos factores que se integran, con la más indiscriminable interacción y con la más coherente dinámica, en la vida-obra de Castelao no son fáciles, sin riesgo de artificiosos descuartizamientos, para ser tratados aparte, siendo como son, partes de un todo y no sólo mental sino moral. Las obras que aquí se ofrecen al ojo del espectador transeúnte o a la siempre fraterna comprensión barcelonesa, no puede ni deben ser consideradas al margen del impulso unitario que les dio ser: o sea, presencia y esencia.
     En esencial y a lo largo
cincuenta años de todo su trabajo público, Castelao es un artista regido por la solidaridad, el señalamiento, la prédica y, en suma, el compromiso. Por ello muchas veces su escalofriante, su buída ternura en el trato plásico o glosador con mujeres, viejos, emigrantes, pobres niños ciegos y "eivados" desplazan de sí el duro clamor reprimido y la secular desazón de un pueblo herido de siglos que hizo de la espera, la lágrima y la ironía "armas secretas" de una profunda seguridad, de un "destino" entre la razón y la magia. Su obra escrita y mucha de la dibujada, se van abriendo paso, a través de las generaciones perdidas, al encuentro con la actual juventud para ser de nuevo admirada, venerada, estudiada como ejemplo de talento artístico, de personal decoro y dignidad ciudadana puestos al servicio de Galicia, su pueblo. "Guieiro guía, conductor, maestro es el nombre que le acompaña en su trasvida, acuñado por los jóvenes emigrantes en la Argentina, que gozaron de su proximidad y de su influencia los diez años finales de su vida: los de su exilio.
     La obra plástica, literaria o doctrinal de Castelao aparecen, pues, trazadas, como expresión de un origen común y, a fin de cuentas, encaminadas al mismo fin: en enriquecimiento y la dinamización de la conciencia de los gallegos respecto a las necesidades culturales, sociales y políticas, y, en suma, humanas, de su país. Es un recuento, una denuncia y un programa.
     Conviene, empero, y para lo que aquí estamos
una exposición precisar que este destino pragmáico, programático, no ahorra, no significa su ejecución con cualquier tipo de soborno emocional. Aún tratándose de temas no sólo específicamente populares sino destinados al "pueblo", su oficio plástico, interferido además, y a través de muchos años, por una ceguera progresiva; su oficio, digo, aun el de un destino más efímero los dibujos de prensa suele alcanzar niveles de verdadero refinamiento sin otra limitación que la de no apartarse nunca de lo transmisible, de lo directamente comunicable a su verdadero destinatario. Quizá sin esa fuerza de base, las tendencias de su tiempo joven, especialmente banales en España, le hubieran llevado a desfigurarse o desvanecerse en lo estetizante y amanerado.
     Con su tarea plástica, Castelao no dejó una "escuela" sino una incitación, un desafío, una ética. Nuestros jóvenes artistas la adoptan ahora y en ella se unifican moral y operativamente como testimonio de fidelidad al país. A través de sus privativos oficios, estilos o ideologías Castelao vive en ellos como un mandato implícito, como una seguridad, como una fidelidad no sólo al país, [sino] a la propia dignidad de sus oficios mismos como tales artistas gallegos. Fuera de esa tendencia. Poco o nada tendenciosa, no hay en Galicia otra cosa que no sea truhanesco pintoresquismo, folklore indeseable o arbitrarismo "vanguardista" con figuración o sin ella, da igual.

EDUARDO BLANCO AMOR

(Catálogo "Castelao. Obras", Barcelona, Galaría Sargadelos, 1973, sen numeración de páxinas.)


     A exposición inaugurouse, repetimos, o 17 de maio, un xoves. O crítico máis mañanceiro foi, curiosamente, o dun xornal vespertino, Rafael Santos Torroella, de El Noticiero Universal, que saca a súa reseña cinco días despois, é dicir, o 22 de maio. Nacido en Port Bou en 1914, Santos Torroella estudou dereito en Valladolid e Salamanca, tornando a Barcelona en 1936, onde colabora na revista Juliol. Comisario político do Exército Republicano, en 1938 gañou o premio de poesía El Combatiente del Este (Valencia, 1938). Crítico, moitas veces polémico, nunha liña independente, poeta, debuxante, tradutor (entre outos de F. Pessoa, Carles Riba, Aldous Huxley ou Piet Mondrian), publicou poemarios como Sombra infiel (1949), Hombre antiguo (1956, premio Cidade de Barcelona), Cerrada noche (1959, premio Boscán), Poesía 1935-1962, D'una ciutat (1976). Autor de libros como Genio y figura del surrealismo, Del romántico al pop-art (1965), Jorge Castillo. Seis constantes sobre su pintura (1976), así como unha serie de volumes dedicados a diversos aspectos da vida e a obra de Salvador Dali: La miel es más dulce que la sangre (1984 —talvez un dos mellores estudos sobre a época surrealista e freudiana de Dali), Dali corresponsal de J. V. Foix:1932-1936 (1986), La vida trágica de Salvador Dali y otras indagaciones dalinianas (1995), Los putrefactos de Dali y Lorca: historia y antología de un libro que no pudo ser (1996), etc. Fundou as revistas Lazarillo, Cobalto, Joc Net. Colaborador de revistas como Dau al Set, Goya, Revista de Occidente, Canigó e moitas outras, exerceu, até a desaparición do xornal, a crítica de arte no devandito El Noticiero Universal.
     Este xornal, decano da prensa vespertina barcelonesa, había pouco pasara de mans da familia do fundador, Peris-Mencheta, á de Jose María Porcioles, que ese mesmo ano, como dixemos, deixaba de ser alcalde da cidade, por intermedio do Banco Condal. Segundo rumores, o alcalde de Barcelona, canso das críticas que sobre a súa política municipal —lembremos, unha das poucas críticas de política, por non dicir que a única, que o franquismo permitía nos medios de comunicación- se vertían no xornal, sobretodo a través da pluma de Antonio Figueruelo, decidiu facerse con el. Despois de diversas vicisitudes, de cambios de directores e de deseño, o vespertino, case convertido en matutino, remataría por desaparecer definitivamente en 1985.
     Dentro da sección "Artes e Letras, as "Páginas de Arte", completamente ao cargo de Santos Torroella, adoitaban ser dúas páxinas onde, ademáis de reseñar as exposicións, soía falar da actualidade artística ou recordar algunha data esencial, sempre nun ton polémico e didáctico-informativo,que mantén na reseña sobre a mostra de Castelao. Eila:


CASTELAO

     Aunque exposición modesta, con ese aire de querenciosa intimidad galaica que tienen todas las que viene celebrando la Galería Sargadelos, la que actualmente se presenta en ella de Castelao constituye un verdadero acontecimiento. Porque Alfonso Rodríguez Castelao, escasamente conocido entre nosotros, es una de las figuras más queridas, admiradas y admirables de la Galicia de hoy y de siempre. Nacido en 1886, en la pequeña villa marinera de Riancho (sic), la de la canción de "ondiñas veñen, ondiñas van", el gustó siempre de sentirse y llamarse aldeano. Murió en su exilio de Buenos Aires, en 1950. Lo fue todo: pintor, dibujante, caricaturista, erudito, ensayista y narrador, con un polifacetismo paralelo al de nuestro Feliu Elias, "Apa", con el cual no deja de tener muchos puntos de contacto; pero fue, además, político destacado participó, como diputado, en las Costituyentes de la República, en 1931, y su actividad en este aspecto se ciñó, más que al profesionalismo de actividad semejante, a la representatividad moral y colectiva de su país y de sus gentes sufridas y humildes. La obra de Castelao como escritor y como artista es muy copiosa. Ahora, en la Galería Sargadelos, podemos asomarnos tan sólo a algunas breves facetas de su labor como dibujante. Son éstas, sin embargo, muy significativas y de gran interés, desde las que nos lo presentan como muy personal caricaturista, uno de los mejores de su época, a veces coincidente, por sus sinopsis caligráficas, con Bagaria, aunque sea muy otro su humorismo, siempre teñido de cierta melancolíca céltica hasta los que nos permiten conocer su poderosa garra realista, como la impresionante cabeza de Valle-Inclán en su lecho de muerte, o en las dos intensas estampas neoyorquinas, a tinta china. Entre una y otra de estas facetas figuran otras, representadas por finísimos y apretados dibujos a lápiz, la gran composición titulada "Cegos (como la parábola de Brueghel)", algunas acuarelas y escenas costumbristas, que nos revelan la entrañable humanidad de este, en verdad, ejemplar y selecto espíritu. Ojalá que esta exposición sirva de estímulo para que en Cataluña se conozca mejor al gran Castelao: el dilecto artista, el hondo escritor de obras tan admirables y de varia minerva como el ensayo "Cubismo", los dos tomos de relatos titulados "Cousas", la novela "Os dous de sempre", el monumental tratado monográfico "As cruces de pedra na Galiza" o por no alargar más la lista, la pieza teatral "Os vellos non deben [de] namorarse" (19).

(El Noticiero Universal, 22 de maio de 1973, p. 42.)


     A reseña ía acompañada da reprodución dunha tinta de Castelao, "Sen tíduo", Nova Iork, comentando asemade, ese día, exposicións de Espinoza Dueñas, Soledad Martínez, Josep Verdaguer e Mariángeles de la Torre.

     A seguinte reseña apareceu noutro dos vespertinos barceloneses, o xornal da "modernidade", Tele/eXpres. Fundado en 1964, poucos anos despois foi comprado in extremis polo Grupo Godó, quen puxo fronte súa a Manuel Ibáñez Escofet, procedente de El Correo Catalán, que experimentara en mans deste e outros xornalistas como Wifredo Espina, un substancial cambio despois de ser comprado o vello órgano da Comunión Carlista por Jordi Pujol e o seu grupo. Ibáñez Escofet rodeado de novos xornalistas con remozadas intencións deu, nel, un ar novo ao fosilizado xornalismo catalán da época. A redacción nutríase de nomes como Josep Mª Huertas Claveria, Jaume Cabré, Manuel Vázquez Montalbán, —cos seus lúcidos comentarios sobre política internacional na sección titulada "Del alfiler al elefante"—, Pere Oriol Costa, Josep Mª Soria, vellas glorias do xornalismo como Sempronio (Andreu Avel.lí Artís) ou Josep Mª Lladó, retornado do exilio, humoristas como Perich e Tisner. Os colaboradores máis sobresaíntes do xornal saíron das novas capas de escritores, ensaístas, economistas, filósofos, etc. cataláns que comezaban a salientar: Terenci Moix, Robert Saladrigas, Baltasar Porcel, José Antonio González Casanova, Joan de Sagarra, Josep Maria Carandell, sen esquecer a Joan Fuster ou Ricard Salvat, na primeira época a cargo das páxinas de teatro, ou Felix Fanés, Joan Enric Lahosa e outros, responsábeis das páxinas de "Cine/eXpres". Comprado ao Grupo Godó en 1977 por Sebastián Auger, antigo membro do Opus e delegado de Facenda do Concello de Barcelona con José María Porcioles, desapareceu en 1981, con el deixaba de existir unha das experiencias máis interesantes da prensa catalá da segunda metade do século XX.
     Redactada e dirixida por Josep Vallés Rovira, do que sabemos que naceu en Figueres (Girona) e publicou monografías sobre diversos artistas, como Daniel Argimón (1976), Tàpies (Tàpies empremta, 1983) ou Maties Palau Ferré (L'esguard guaita l'infinit: persona i obra de Maties Palau Ferré, 1997), a páxina titulábase "Hoy, ARTE-Hoy, A", adoitaba saír os martes, na segunda páxina (en ocogravado) e nela apareceu o 29 de maio a reseña da exposición de Castelao: como comproborá o lector o estilo de Vallés Rovira era moi peculiar. Eis o que escribiu:


CASTELAO (Galería Sargadelos). Conocimos la obra de Castelao durante la visita del Museo de Pontevedra que juntamente, con el Museo Carlos Maside y D. Alvaro Gil, ha prestado precisamente las obras para la presente muestra. La figura pródiga, vital de Castelao, artista, escritor, político, fallecido en el exilio, no puede precisarse en corto comentario, pero la exposición presente perfilada idea de su vigorosa personalidad, ingeniosidad, pericia y profundo sentido crítico que caracteriza su producción; destaca pequeño óleo, paisaje gallego; tintas, estampas de negros; figuras de los ciegos (parábola de Brueghel), lápiz; irónico, mítico, popular, mordaz, dominio perfiles, coloreada suavidad, chistoso, sensible, plásticos, crítico social ("o home que perde o seu tempo querendo atrapar unha viuda rica no camposanto home rico en pesetas que regala céntimos pordiosero para ir o Ceo"). Cala entraña popular, evoca verde neblinosa Galicia, Pontevedra, casa Valle-Inclán, cuya yacente testa, exhibe esta pequeña, empero, importante exposición.

(Tele/eXpres, 29 de maio de 1973, p. 2.)


    
Sen reproducir obra ningunha de Castelao, ese día aparecían, por outra banda, comentarios, no estilo telegráfico de Vallés Rovira, sobre Lola Huete e Carmen Gallego, Helga Krebs, Marcello Tommasi, Horacio Sánchez, Costa Sobrepera, Fibla, J. López Fornas, Grau Santos, Luisa Granero, Laurence Baker, J. Segura, M. Serra Lescano.

     A terceira reseña da exposición apareceu en La Vanguardia Española, xornal, da man de Horacio Saenz Guerrero, primeiro director non nomeado directamente polo Consello de Ministros, en plena remodelación —lenta mais sen pausas— desde había uns catro anos. Saenz Guerrero, se ben mantiña xornalistas do réxime, ou impostos por este, como Jaime Capmany, Ortí Bordas, Manuel Aznar, Augusto Assía ou o crítico de cinema e teatro Andrés Martínez Tomás, dun franquismo feroz, bo discípulo de Luis de Galisonga, dera entrada a novos xornalistas como Lluís Permanyer, Ángeles Masó, Lluís Bonet Mojica e outros, e a toda unha serie de colaboradores de amplo arco político, que se di agora, non naquel tempo: José María de Areilza, José Luis L. Aranguren, Joan Fuster, Albert Manent, Miguel Ángel Asturias, Ángel Carmona e moitos máis, sen esquecer a Eduardo Blanco Amor, José María Castroviejo, na súa segunda xeira como colaborador do xornal barcelonés, ou Carlos García Bayón.
     Naquel entón a sección de arte adoitaba saír os martes. Titulábase "Arte y Artistas", soía saír na primeira páxina do segundo caderniños (durante moitos anos este xornal barcelonés compúñase de dous caderniños, a non ser os domingos, en que un terceiro estaba dedicado totalmente a anuncios. As primeiras páxinas dos caderniños eran en ocogravado) e estaba redactada por Fernando Gutiérrez, quen revelara a Juan Gich cando este pasara a ser Secretario de Estado para o Deporte. Militante de Falange Española, designado en 1939 para un alto cargo do departamento de censura, Fernando Gutiérrez (Barcelona, 1911-1984), poeta simbolista e clasicizante, escribiu diversos poemarios: Los ángeles diarios, Anteo e Isolda, Primera tristeza, etc. Tradutor ao español de poetas catalás (autor dunha antoloxía de poesía catalá en 1947), verteu tamén infinidade de poetas franceses e italianos, ademais de traducir, entre outras, por primeira vez ao español, a partir da versión italiana, Doutor Zhivago, de Boris Pasternak. Afastado do falanxismo nos anos 60, era de aspecto sobrio, educado e correcto, documentábase moito e, ás veces así e todo profano, sen enganar nunca ao lector, optaba por unha matizada elegancia, quizá propia dun home que non se atreve a cuspir sobre a propia mocidade, aínda que renegue dela interiormente. A reseña da exposición apareceu o 12 de xuño, case un mes despois da inauguración. Velaí o que escribiu:


CASTELAO, en Galería Sargadelos

     De todo lo que dice Eduardo Blanco Amor sobre Castelao (1886-1950), a quien presenta en esta exposición de dibujos, guachas, acuarelas y tintas, me quedo con esta frase que, a mi entender, lo resume todo, vida y obra de este gallego tan grande en tantas cosas: "Con su tarea plástica Castelao no dejo una "escuela", sino una incitación, un desafío, una ética". No es que las otras cosas que dice sobre el artista no sean ciertas ni respondan a la extraordinaria personalidad de Castelao, sino que esta frase las resume y las compendia todas en todo lo que el hombre tiene y tuvo de humano y divino. Aquí está este escaso conjunto de obras que pertencen a don Álvaro Gil y a los museos de Pontevedra y de Carlos Maside. Aquí está para decirlo en la modestia de su número, pero en la grandeza de su realidad. No hace muchos días leí en ya he olvidado qué diccionario la nota que dedicaba a Castelao y recuerdo bien lo que decía: "Escritor, político y 'dibujante español en lengua gallega' (estas comillas son mías). Nacido en...". No sé si esta frase responde a un error de redacción, pero lo cierto es que hay que conocer un poco la obra de Castelao para saber lo que hay de verdad en esa frase: "dibujante español en lengua gallega". Porque Castelao fue, efectivamente, un artista español que dibujo en lengua gallega. Ahí, en estas obras vemos de qué modo Galicia, "su" Galicia, pese a la disparidad de las obras, está vibrando en ellas en tierra y alma, en un contenido que va más lejos de su oficio plástico y de su observación de las personas. Quizá su ceguera progresiva provocase la memoria interior de lo que en otro tiempo fue visión directa y clara, lo cierto es que ahí está Galicia y está Castelao con todo y ser una exposición escasa para lo que él fue con toda su tremenda y casi vertiginosa humanidad, con toda la fuerza de su arte, de su vida, de su dramatismo. Incluso en aquellas obras en las que no lo parezca. Acaso quien esto escribe no ha podido separar la vida de este gran gallego de lo que fue su dramática circunstancia. Pero esta no es fácil tratándose de Castelao.

(La Vanguardia Española, 12 de xuño de 1973, p. 50.)


    
Acompañando á reseña de Castelao a mesma tinta que reproducira El Noticiero Universal, comentaba a sección asemade a obra de Luisa Granero, Segura, Grau Santos e a exposición dedicada a "Dadá".

    
Como dixemos, había daquela en Barcelona, deixando fóra La Hoja del Lunes, tres semanarios: Destino, Mundo e Canigó. Nin o primeiro, que sempre prestou atención ás cousa de Galiza, nin Mundo, que se reconvertiría meses despois da man de Sebastián Auger, con dirección de Manuel Fernández Areal e subdirección de Eduardo Álvarez Puga, dous xornalistas galegos, dedicaron unha liña á exposición. Tampouco o fixo Canigó que, meses despois, dedicará case unha páxina enteira (20) á representación en español de Os vellos non deben de namorarse. A explicación débese procurar, pensamos, na xa comentada mecánica publicitaria dos xornais barceloneses.
     Dos mensuarios, só Serra d'or chegaba a todos os quiosques e gozaba de prestixio entre a intelectualidade. Na revista montserratina falábase, e moito, de arte. Alexandre Cirici Pellicer era quen enchía maiormente a sección, mais tamén reseñaban as exposición, libremente, xa que ao ser un mensuario difícil era que os galaristas se anunciasen: cando aparecera a reseña —e talvez o anuncio— a exposición xa estaría clausurada. É curioso, pero a publicación máis libre de Cataluña era publicada polos monxes de Montserrat. Acaso debido a esa liberdade —intelectual, evidentemente, xa que o franquismo sempre vixiou atentamente— a exposición de Castelao foi reseñada un pouco serodiamente nesta revista, no número correspondente ao mes de... agosto, cando xa ningún lector podía visitar a exposición. A sección de reseñas de exposicións ía a cargo de dúas mulleres, que ben asinaban coas súas iniciais, ben cos seus nomes: A.S. (Alícia Suárez) e M.V. (Mercé Vidal). "En "Art-Noticiario", tal era o título, A.S/M.V. dicían:

CASTELAO (1886-1950)

     Gràcies a la collaboració de Alvaro Gil, del Museu de Pontevedra i del Museo Carlos Maside, la Galeria Sargadelos ha posat a l'abast del públic barceloní una petita mostra de l'obra de Castelao. Aquest artista gallec, ja des de bon principi va prendre consciència de la problemàtica del seu país —la misèria, l'alienació dels camperols, l'emigració, l'anorreament de la llengua— i va saber manifestar-ho a través de diverses activitats: el periodisme, la pintura, el gravat, el dibuix i el teatre. Tota la seva activitat es pot dir que pren dues vessants fonamentals: cercar de desvetllar a la realitat les classes inferiors i atacar de forma sarcàstica les classes dominants.
     L'exposició de la Galeria Sargadelos ha presentat un nombre molt reduit d'obres realitzades en gouache, tinta, llapis. Aquestes obres es poden aplegar en tres grups: dibuixos alegres de colors vistosos i d'una temàtica pueril,com por exemple,
La Bailada de Nadal o Rolda de nenos; caricatures de línies molt esquemàtiques; i en contraposició una sèrie de dibuixos de tipus mes realista-expressionista; però en tots els casos el contingut és el mateix, és el que ha fet de Castelao una personalitat fonamental dins la cultura gallega.

(Serra d'Or, ano XIV, núm. 167, 15 de agosto de 1973, p. 54 [542].)


    
Acompañaba ao texto o auto-retrato, reproducido no catálogo, de Castelao, ao linóleum, que servira como cartel para a exposición Nós en 1919. Desta vez non ten sentido sinalar as outras exposicións comentadas por A.S./M.V., xa que eran moi posteriores á de Castelao.

     Despois de ler as únicas catro reseñas que sobre a mostra de Castelao apareceron na prensa barcelonesa, o lector pode tirar unha conclusión clara: para todos era unha mostra pequena, mais importante, polo que non se acaba de entender que os outros medios escritos nin desen a noticia da súa inauguración. A forza de resultar reiterativos, pensamos que o escaso eco da exposición "Castelao. Obra" debeuse ás secuelas dos métodos excesivamente comerciais, habitualmente aceptados, no mundo artístico, sobretodo á escasamente estimulante relación entre anuncios e reseñas.
Non apareceron máis comentarios sobre esta exposición de Castelao nin artigos dedicados a el con este motivo. Non acontecería o mesmo seis meses despois, cando a representación, no Teatre Capsa, de Os vellos non deben de namorarse, en versión de Manuel María e interpretación de Bululú coa dirección de Antonio Malonda, ou en xaneiro de 1975, como veremos máis tarde.










                    NOTAS

17 No tranquilo panorama do día, só uns cantos mozos, radicados enBarcelona, e cunha media de 22/23 anos, protestaron pola dedicación do dia a Manuel Lago González. Consideraban, os mozos, que a figura de Lago González nada tiña a ver co proceso de renovación —hoxe falido, como tantos outros— que, naqueles anos, estaba a sofrir a Igrexa Católica, e, xa que logo, que monseñor Lago non merecía tal homenaxe. Como que ningún dos asinantes era católico practicante, quizais a protesta non viña a conto. A protesta só saíu, por certo, publicada na revista madrileña Triunfo, aínda que fora enviada a diversos xornais galegos, e ía asinada, entre outros, por Xosé Lois García —de quen saíu a idea—, Xosé Valcárcel, Xosé María Costa, Xesús González...
18 París, Flammarion, 1992.
19 Seis meses despois, o 29 de novembro de 1973, estrearíase, en versión española, nun teatro comercial, a peza de Castelao. Sobre a recepción da obra por parte da crítica barcelonesa, cfr. Xesús González Gómez, Unha montaxe..., op. cit.
20 Ibid., p. 29-32.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega