Rancores do pasado

Páxina Anterior

Parte II

Páxina Seguinte

v9dizramosrancoresdopasado004
     A pesar de ser dous vellos amigos e excombatentes da guerra civil española, en dúas cousas eles nunca chegaban a un acordo: na súa ideoloxía política e relixiosa. Cando houbo o levante militar en 1936, Froilán estaba servindo como soldado no servizo militar en Tetuán/Melilla e, Bernabé traballaba como obreiro especializado en ebanistería, nos arredores de Madrid.
     Tódalas veces que ían ao café, alá nun poboado de Andalucía, ata polo camiño discutían as súas diferencias ideolóxicas. Entre outras cousas, falaban sobre relixión, contra ou a favor dos métodos adotados polos curas das parroquias ou as políticas exercidas polos Alcaldes e Secretarios de seu município. Pero, o que máis lle daba placer e ás veces rabia, era discutir sobre a loita inxusta que eles e milleiros de españois tiveron que enfrentar na guerra civil.
     Algúns amigos e compañeiros da partida de Dominó, no café, que sabían das súas diferencias, tiñan que  combinar para non discutir política durante o xogo. Soamente ao xoven estudiante Solobreña lle gustaba ouvir as súas odiseas do frente de batalla. Cada un quería lle contar máis victorias do que o outro, mesmo que tivesen que aumentarlle un punto.
     —Ti sabes, Froilán, eu, un ebanista de mans delicadas de alisar, con moito cariño, aquelas madeiras de ébano e de marfil, ser obrigado a coller un fusil! Montar e desmontar parapetos nas trincheiras ou casetas, onde fose necesario no medio dos combates! Porén, o peor, meu amigo, era ser mandado por aqueles brutamontes anarco-comunistas das milicias obreiras que non respectaban a ninguén. Ou se obedecia ou era fusilado como un can coa rabia. Cantos non perderon a vida dese xeito.
     —Claro, Bernabé, en tódolos lados dos bandos políticos ou na frente de batalla, xeralmente, quen mandaba tiña que ser ou paracer un brutamontes. Había que coidarse con uñas e dentes para non caer no primeiro descoido ou durante a unha ofensiva militar. Para min, o peor foi cando tivemos que atravesar o “Estreito de Gibraltar” en vellos barcos de pesca para desembarcar en Andalucía no lugar en que puidéramos.
     A aviación republicana matou a moitos compañeiros no medio do camiño e, as milicias do Frente Popular, que xa estaban infiltradas por tódolos lados das forzas armadas, tamén asesinaron a maioria dos comandantes e auxiliares de navios da armada española que non lle merecían confianza.  
     —Sí, Froilán, os republicanos e seus aliados non eran santos e cometeron moitos asasinatos desnecesarios; uns por medo de represalias dos seus xefes e, outros, porque non había un comando unificado; en moitas cidades era un total desorden —tiña comandantes de tódalas ideoloxías por tódolos lados; era orden e contra-orden—.
     Pero, iso non pode esconder a barbarie cometida polas tropas dos nacionalistas, principalmente as comandadas polo xeneral Juan Yagüe ou seus subordinados en parte de Andalucía e Extremadura. Os máis brutais foron os mouros por súa disciplina castrense e seu carácter de reguralares-lexionarios, entrenados para loitas de vida ou morte no norte da África—Ceuta/Melilla...—. Eles practicaron un verdadeiro xenocidio por onde pasaron.
     —Bernabé, eu sei mellor do que ninguén o que facían os regulares e as lexións africanas cando entraban na frente de unha batalla, eu servin xunto con eles durante unha boa tempada do meu servizo militar obrigatorio, que me destinou a África e, como ti dis, era vivir ou morrer. É ben verdade que nos primeiros instantes do levantamento dos nacionalistas, contra os do Frente Popular, ninguén sabía o que podería acontecer, tanto de un bando canto do outro cantaban a victoria antes do tempo. Por iso, a orden era liquidar a todos cantos foran encontrados por diante como obstáculo para consolidar o poder nos territorios de domínio.  
     Pero non penses ti que nos outros frentes non se facían cousas igual ou peores. En Cataluña existían algunhas agrupacións antifascistas ou anarco-comunistas, na súa maioría compostas por UGT, CNT e o POUM que tamén integraban o Consello da Generalitat. Estas agrupacións dedicábanse a actos de pillaxe, de saqueo e roubos, principalmente no campo. Máis tarde, mellor organizados con “Patrullas de Control”  con xefes que realizaban accións de terror nos campos de Cataluña contra os que non aderían ás súas ideas e  aos  que chamaban de payeses. Como podes ver, Bernabé, o xenocidio non foi soamente cometido por moros, pero, o peor, polos propios veciños e irmáns separatistas e anarco-comunistas.
     Sí, Froilán, iso ata que pode ser verdade, pero, a mor parte desas milicias eran indivíduos que fuxían, por covardía, coas armas do frente de batalla e con elas, en nome dos caciques políticos da localidade, é que facían tantas prisións e cometían  asasinatos que ata tiñan un cárcere e un cemiterio clandestino.   
 FAI>(Federación Anarquista Ibérica)
      Esas Patrullas de Control, nen sempre obedecían ó  Comando do Goberno republicano.
     —Señor Bernabé, eu penso que moitas guerras son “burras”. Non estaremos cheos de todo iso? Guerras...! Conflictos! Moitas guerras! Que torpeza! A cantas guerras asistimos constantemente no mundo por intolerancia e antagonismos de ideas políticas e relixiosas...? Se non podemos desfacer o pasado, cando menos podemos e debemos repensar un futuro máis humano e solidario...
     —Sí home sí. Ti tes toda a razón. Pero, unha cousa é pensar niso agora e outra era raciocinar naquel intre de mandos e desmandos con asasinatos cometidos por uns e polos outros. Cando fun reclutado, autoritariamente polas milicias, fiquei con moito odio do Frente Popular. Eu estaba no meu traballo sen nenhun problema cos meus patróns gañando a miña vida honestamente, cando, de repente, me ollei na rúa da amargura cun fusil nas miñas mans. Para os anarco-comunistas, calquera un que vestise unha roupa mellor ou as persoas que usasen corbata e un sombreiro, elas eran fusiladas como verdadeiras inimigas.
     —Unha cousa esta ben clara en tódolos medios de comunicación, meu xoven Solobreña; os problemas de unha sociedade dividida e com moitos excluídos, ven provocando constantes Golpes de Estado, guerra do Iraque, Líbano, Herzbollah, Palestina, Europa oriental, África... e outras guerras relixiosas mostrando que, os homes son capaces de invocar a seus deuses para xustificar asasinatos e conflictos, para ter máis poder sobre os seus intereses persoais e económicos.
     —O que me di de todo iso que acabamos de ouvir, señor Froilán?
     —Ben, ata que enfin, eu e Bernabé, parece que concordamos en algunhas cousas. A situación de intolerancia e degradación moral de grande número de determinadas autoridades, móstranos a tendencia do home a ser: perverso, rancoroso, corrupto e ter moito odio, iso quizais non estexa apenas no outro, no distante, no pasado, pero, alí preto que pode ser despertado cun mórbido pensamento. Calquera comentario histórico ou relixioso nos medios de comunicación, xa é motivo para un desencadeamento de moitos conflictos inxustificabeis.
     —O meu punto de vista pode non ser igual ao de vostedes, pero, eu, a pesar de ser un xoven estudante e aínda un aprendiz da política como calquera cidadán, dentro dos valores e modo de pensar da miña época eu acredito que sexa moito importante para todos nós, cando podemos ou queremos ver —no Planeta Terra un só Ser Supremo— non importando o nome que se lle quira dar.
      Ollar para unha terra sin fronteiras, sin razas e sin interpretacións hilarantes de separatismos rexionais, pois, hoxe en sentido contrario pero correcto, estamos asistindo e podemos ver no mundo democrático europeo: a unión de todos nunha Comunidade con intereses afins. Ser máis tolerantes e comprensivos con nosos veciños, nosos amigos, coas crencias relixiosas ou políticas das outras persoas sin facer diso motivo para enpezar conflictos ou guerras. Isto xa sería un bo comezo para poder vivir en paz.  
     Asi mesmo, “meus heroes”, debemos estar sempre aprendendo coas leccións da historia, eu ó menos estou ouvindo e aprendendo algunhas cousas que non sabía,  e, nesa historia, tamén están as vosas andanzas como protagonistas de algo moi triste para a miña época, a pesar de que aínda non teño moita certeza se o que fixeron podía ser evitado ou non. Por iso, cábenos aos máis xovens a tarea de construirmos, a partir da nosa propia e actual comunidade, os camiños de unha nova sociedade máis igualitária, fraterna, sen rancores e sin xenobofismos.  
     En algunhas pasaxens relixiosas tamén podemos encontrar mensaxens que nos din como debemos nos comportar para ser solidarios con nosos semellantes e non hipócritas. Segundo Lucas, o evanxelista: “por que atentas un cisco no ollo dos outros e non ves unha trave no teu”. Esa pode ser a diferenza entre un hipócrita e un tolerante sincero.
     —Solobreña, non fales moito de conceitos relixiosos co amigo Bernabé, pois, el ten alerxia aos pastores evanxélicos e curas, pero, así mesmo, cando está na igrexa, creo que aínda bate no peito ben máis do que eu.
     —Non lle fagas caso a ese tonto falanxista, meu xoven, unha cousa é ter fé en algo que acreditamos ou consideramos misterioso e que está un pouco acima de nosa comprensión; outra cousa diferente é aceptar as tonterías que nos fan acreditar algúns curas ou calquera pastor evanxélico, facéndonos engolir moscas e cuspir  avésporas.
     —Meus grandes heroes de batallas apocalípticas e indescriptives, eu creo que vos entendo, a pesar de non ter vivido a vosa época de xuventude, Pero, a miña xeración non viveu totalmente a vosa época nin a de nosos pais ou de nosos avós. Non colleu as armas ou foi polo campo xusticiar e doutrinar as masas camponesas ou polas cidades invadindo as fábricas para defender os obreiros  oprimidos e masacrados polas inxusticias dos patróns ou dos gobernantes irresponsables.
     Tamén non ovacionamos a victoria dos Nacionalistas sobre o Frente Popular, cantamos o himno dos falanxistas ou dos anarco-comunistas dando vivas á Rusia, pois —nós somos españois e non rusos—. A nosa Pátria é a España e non a Rusia! E, do inicio e fin da  segunda República, tivemos unha triste e vaga lembranza. Pero, iso non quere dicir que descoñezamos a historia e o que aconteceu naqueles idos de funestos anos de trebas: antes, durante e despois da guerra civil española ou como vostedes lle queiran chamar.
     Viviuse, soñouse, loitouse e chorouse. Todo deica as últimas consecuencias, incluso algunhas patéticas e hilarantes. Ata nos bandos máis radicais das esquerdas ou das dereitas; algúns deles, se non tiñan armas suficientes, polo menos, quizais tivesen boas intencións. Claro, que moitos deles tamén se transformaron en inimigos internos uns dos outros, ou, ás veces, ata salteadores e terroristas.  
     Hai, tamén, aqueles que nos queren catequizar sobre a intención da insurreición de 1936, como se fósemos idiotas ou us mentecatos, dicíndonos, que:
     —“A Cruzada Nacional ou a denominada guerra civil española de 1936, nunca foi guerra civil como moitos  pensan—, uns de boa fé e outros non o pensan así. Foi un feito fundamental para manter a nosa pátria alonxada das ideas nefastas do comunismo —non só na España como en toda a Europa occidental”—.
     —E, por aí van as cousas... Dos máis petulantes e acérrimos cidadáns de tódalas ideoloxías e tendencias, pódese ler ou escoitar o mesmo linguaxar que a propaganda dos vencidos ou dos vencedores conseguiron internacionalizar. Tanto uns canto os outros, impregnaron a mente de nosos pais ou avós e agora queren nos tapar o sol cunha peneira.  
     Algúns dicían que o comunismo iría acabar cos valores cristáns, coa família e a propiedade privada conseguida a duras penas e honestidade por moitos labregos. Outros, fanáticos, dicían que as esquerdas capitaneadas polos comunistas, ían nos mandar directos para un paraíso onde ninguén precisaría máis traballar:
     —Sería só comer e beber. Os patróns ían traballar para nós—.
     Dígase de pasaxe, que, o comunismo era tratado de forma moi personalizada como se fose unha doutrina e non un sistema socioeconómico, suxeito a erros e acertos como as demais ideoloxías, moitas veces, arbitrarias e xusticeiras.
     —Meu xoven Solobreña, claro que todo iso que estás a falar é algunha cousa moi complexa para o entendemento da maioría das persoas, mesmo para aquelas que a defenden sen ter un coñecemento do que poida ser e das causas que pode traer para unha sociedade que, a pesar de politizada, é moito sensibel ó convencemento. Algúns filósofos e coñecedores do asunto, afirman que Marx pretendía impor a súa cartilla doutrinaria a través de un goberno en nome dos traballadores —non un goberno directamente mandado por eles—.
     Como podes ver, parece que hai bastante diferenza entre unha doutrina ou un sistema de goberno idelizado por Marxs e defendido por seus seguidores: quizais con hipocrisía ou aparente inxenuidade.
     —Eu non podo concordar con todo iso que o amigo Froilán está a intentar explicar para vostede, meu xoven. A República, de feito, a pesar de que non foi a República dos soños do proletariado, xunto e por influencia da esquerda máis moderada, quería crear condicións para unha revolución socialista acabando así coa forza imperialista do clero e dos militares de calquera ideoloxía propensos a dar golpes de estado. Por outro lado, a esquerda radical facía das súas invecís trapalladas, ás veces ata acobertada pola propia esquerda moderada do Goberno, que, para ter seu apoio, xogaba a pedra e escondía a man.
     Contodo, nós non podemos deixar de ollar para un pasado tan recente, pois —os sesenta ou setenta anos do que aconteceu naquela época— non son demais na vida das persoas  canto máis da  historia de un pobo, de unha nazón.
     —Señor Bernabé, un meu tio que loitou no frente de Teruel —primeiro mandado por uns e despois polos outros— tamén dicía que as accións e o tempo non poden ser apagados nen modificados, pero poden e deben ser lembrados por persoas ou por unha nazón, cando no decorrer dese tempo houbo cousas que realmente non é tan fácil quitalas da nosa memoria. Asi mesmo, eu creo que é necesario buscar un punto de entendemento no cal poidamos amenizar as diferenzas, ou quen sabe? Ata perdoar que é un acto sublime da convivencia pacífica dos seres humanos.  
     El tamén dicía que:
    —“Non importa o tempo que pase, encanto houber aventureiros políticos ou dictadores, sempre haberá conflitos. Eu nunca poderei esquecer o comezo da guerra civil española en Málaga e os combates encarnizados en moitos frentes de batalla. Unha das máis violentas de nosa historia. A Cruzada ou guerra de liberación, como se denominou por algúns e insurreición por outros, ó levante de 18 de xullo de 1936”.  
     —Solobreña, eu non sei o que ti e o meu amigo Bernabé pensades sobre o que o teu tío falou dos dictadores, pero,  sábese que todos eles son desumanos. Eles podem ser feitos polas armas ou sin elas, ás veces ata por unha serie de circunstancias políticas imaxinadas como democráticas pero nin sempre moito honestas.  
     Eles acreditan nunha superioridade que lles parece imbatibel ata que ela se comprobe efémera. Pero, así mesmo, o poder, de un xeito ou de outro, lévaos acreditar na onipotencia. Ti sabes que ata o grande intelectual e político Manuel Azaña foi preso cando intentou dar un golpe de Estado en 06/10/34? A oportunidade xunto coa intención tamén fai o ladrón.
     Será que el quería ser candidato a dictador? Ou será que el era candidato á canonización pola Santa Sé por ter permitido que moitos xefes políticos mandasen queimar a opositores: frades e freiras durante a segunda República? Principalmente en Jarama (Paracuellos). Polo que lemos en algúns medios de comunicación, algúns asasinatos eran de moita creldade: en algúns casos, antes de asasinar ós curas, cortábanlle os testículos e puñánllos na boca ata que fosen morrendo ós poucos.
     —No século XX, a sociedade internacional tamén tivo que conviver coa mor parte de dictadores paranóicos de toda a historia da humanidade; principalmente os dous maquiavélicos carniceiros: Hitler e Stalin. A paranoia de Hitler era contra os xudeus que via en cada un deles un inimigo a ser eliminado baseándose nun monte de idiotices. Unha desas idiotices era de que o pobo xudeu xamáis tivo relixión... 
     Alén diso, na mente de Hitler existía unha revolta que xa había moito tempo viña cultivando contra algúns países, polo coñecemento, en detalles, do armisticio e a humillación imposta polos aliados na primeira guerra mundial aos alemáns; principalmente os franceses e ingleses.
     —A loucura de Stalin, era seguir os mandamentos filosóficos de un pensador con ideas altruístas, dominadoras, utópicas e un pouco ilusionistas: Karl Marx. Marx, entre outras cousas, defendía que o traballador debería ser considerado a persoa máis importante dentro do maquinismo dominante en todo o mundo. A el deberíase entregar o comando de una nazón sin discutir as condicións. Porén, na realidade, a idea de Marx era crear unha nova relixión, pois, cosideraba as que existían apenas como ópio do pobo; substituíndoas por unha outra, na cal o ídolo a ser adorado sería o titular do poder —que gobernaría en nome do traballador, non para o traballador—.
     —O fin de Hitler, todo mundo sabe, e, o da União Soviética o resultado foi que entrou para historia como o país que se auto-implodiu, é dicir, se autodestruiu por insistir en adotar unha ideoloxía comunista autoritaria e ultrapasada. Quizais, que algunha cousa parecida poida ter acontecido cos gobernantes da segunda República española, mesmo que ninguén queira levar a culpa.
     Na verdade, no meu punto de vista e de outros protagonistas dos conflictos da época: non foron os nacionalistas que comezaron e gañaron a guerra; foron os do Frente Popular que, ambiciosos demais e intolerantes, guerreaban uns contra os outros e, por iso, non puderon ou non a souberon gañar—. Quizais por non descubrir a tempo que a súa superioridade, algunhas de súas ideoloxías políticas e relixiosas tamén eran efémeras -...
     —Claro, Froilán, nalgunhas cousas, ata que podes ter razón. A auto-confianza da victoria, no abuso de si propia, cos infindos límites do suceso, dilatan as ambicións como balóns inchados ata estoupar. Moitos políticos, os dictadores e os conquistadores, mesmo disfrazados  de cordeiros, normalmente tamén non se contentan co feito de haberen cativado e iludido a moitas creaturas, de ter inducido a outras ludibriando multidóns que os tratan como ídolos. Súa vanidade cede á tentación de transformar a maioría en totalidade —soño fantástico e irrealizabel, con desrespecto aos homes e ao seu Deus.
     —Meus caros amigos contestadores, comezo a percibir que, agora, vostedes xa estades a pensar con máis racionalidade, eqüidistancia e comprensión das cousas máis importantes que aconteceron na España e, que poden acontecer en calquera país onde houber candidatos a dictador. Eles non aparecen do nada, as circunstancias e os propios gobernantes é que lle abren o camiño para os seus proxectos abominabeis.
     De un modo xeral, cando mudan os gobernos instabeis ou termina unha guerra, porque houbo un vencedor ou porque se fixo un acordo de paz, tanto nun caso como no outro, sempre fican secuelas. Os vencedores pola cega vinganza de impoñer o seu dominio e castigar os vencidos, cometen moitas atrocidades. Nun acordo de paz, nen sempre é un acordo, pero, unha imposición ou ata unha humillación que vai alén do necesario, imposta polos máis poderosos áqueles que, polas circunstancias daquel intre, ten menos posibilidades de reaxir, é dicir, son máis flacos.
     Citaremos como exemplos a guerra civil española e a primeira guerra mundial: na contenda entre españois todo mundo sabe o que aconteceu nos lugares onde estaban os dominadores; durante e despois de terminada a loita. Na primeira guerra mundial, os aliados vencedores: Franza, Inglaterra, Estados Unidos da América do Norte... vencedores da Alemaña e seus aliados..., principalmente a Franza e Inglaterra, non se contentaron en considerarse vencedores, pero, procuraron aniquilar e humillar o que restara do esgotado exército como tamén o que tiña de máis sagrado o pobo alemán: súa dignidade e súa honra como seres humanos.
     “O pobo nen sempre debería merecer o castigo que poden ou poderían merecer os seus gobernantes”.  
     —Como consecuencia da arrogancia e prepotencia dos vencedores da primeira guerra mundial, ó firmar a paz ou mellor dito o armistício, implicitamente estaban asinando o comezo da segunda guerra mundial. Os alemáns perderan as batallas pero non perderan a esperanza de se reerguer como un pobo traballador e con dereito á súa autodefensa e liberdade que tódolos cidadáns do mundo queren anhelar.
     O pobo español, a pesar de toda a humillación, principalmente nos campos de batalla e de concentración para refuxiados —tanto na España como na Franza...— conseguiu amalgamar unha boa parte de súa dor e de seu sufrimento para encontrar un novo camiño en dirección da paz. Desa dor e do sufrimento surxiu unha boa parte de novos cidadáns con novas ideas e dispostos a perdoar —claro, sin esquecer os ensinamentos da historia con seus erros e acertos—.
     —Solobreña, despois desa magnífica aula de coñecementos xerais que nos deches e,   sin presumirme de filósofo, historiador “nin experto en historia” alén de non querendo entrar na esencia política, filosófica ou relixiosa: sábese que a mor parte das guerras non son feitas por ideais políticos ou relixiosos, pero, por intereses persoais, comerciais ou industriais, de gobernos de países con tendencias imperialistas para poder dominar ao outro. Claro, que para un efectivo control en tódolos sentidos, o dominio debe se extender tamén, e principalmente, na area relixiosa que é a área máis sensibel do ser humano.
     Con relación á ideoloxía politica, na formación dos partidos ou pequenos bandos independentes de asociacións obreiras, é moito difícil e bastante complexa unha definición satisfactoria entre os obxectivos de unhas e de outras. A pesar das aparencias externas, para os leigos; o anarquismo, comunismo e socialismo, segundo algúns pensadores e estudiosos do asunto, nin sempre beben pola mesma cunca ou no mesmo regueiro. Todo iso vai depender dos obxectivos do bando ou dos intereses  persoais dalgúns líderes.
     O mesmo acontece con algúns dogmas partidários ou de determinadas ideoloxías políticas, eles defenden unha liberdade total do individuo en seus movementos e dentro do seu modelo de unha sociedade sin hierarquía. Pero, esa liberdade debe esixir unha determinada renuncia, convivir coa falta, buscar a libertación non soamente no conflicto e si tamén no amor e no respeito ó seu semellante. Porén, obcecado polo poder e gozo, o home dito ou considerado moderno, tórnase incapaz de dialogar e de negociar límites de súas ambicións.
     Por iso, dacordo con as ideas dalgúns estudiosos do asunto, pregunto eu :
     —Cal a relación que imaxinan existir os partidarios deses dogmas entre a liberdade, gozo e felicidade?
     —Cal o verdadeiro obxectivo deses grupos que defenden a plena liberdade sin hierarquía en tódolos sentidos posibles?
     —Cando soñamos, apenas coa liberdade, cando a nosa mente voa, transcendendo muros e convencións, o que verdadeiramente estamos deixando para tras?
     —Traballo, obligacións, contratos...?
     Por iso, quizais poidamos considerar que, a liberdade e felicidade son un movemento irreverente, elas transceden ordes contratuais e imposicións do mercado, pois:
     “Os desexos naturais do individuo, non son contratuais”.
     Tal vez, por iso, a liberdade sexa o conflicto que máis atormenta o ser humano; para eses sentimentos ou desexos, pouco importa a evolucion e desenrolo de unha sociedade; para eses desexos ou impulsos naturais, todo permanece no seu estado primitivo.
     —Froilán, cando analizamos algunhas ideoloxías políticas, ata que pode parecer que foron idealizadas para disociar, é dicir, dá unha idea de que a súa directriz é no sentido de unha dislocación social, un permanente estado de guerra ou unha regresividade ao estado primitivo non aceptando nada que as contraríen. Claro, que nin por iso, a mor parte das veces as diferentes maneiras de pensar deben ser xulgadas sin discutilas e entrar no seu mérito esencial; para un radical-comunista ou un socialista —un monarquista representaría un reo xusticiabel—.
     —Claro, Bernabé, iso é unha verdade relativa, pois, a mesma cousa que é para os demócratas ou outra forma de pensar de dereita; un anarquista ou anarco-comunista tamén representaría o que se podería chamar de un permanente movemento en estado de rebelión acéfala das masas. Segundo eles, non se ten coñecemento de que os anarquistas teñan formado algún goberno, con mando propio, en nenhún lugar. Cada grupo ten unha organización diferente, inclusive os que están agrupados en federacións. De calquera meneira, eu penso que cada cabeza é unha sentenza.
     —Aleluia! Meus amigos filósofos. Eu penso que, as varias tendencias de esquerda e principalmente as varias formas de socialismo; a pesar dalgúns acreditar que el estexa desvinculado de tódalas relixións, nace con unha máxima cristián: “todos somos irmáns”. Así, esa máxima de que todos somos irmáns, é, na verdade, grabada no máis íntimo do noso corazón. Entón, sí por ela debemos seguir tódalas nosas accións, temos o dereito de protestar cando nos obligan á violencia para converternos en matadores de nosos “irmáns”.
     A Social Internacional ou os nacionalistas internacionais, dentro da lóxica de súa doutrina socialista e da interpretación de cada grupo, aconsellan á deserción no caso de unha guerra entre irmáns.
     Con relación ao anarquismo, para os anarquistas: a liberdade ilimitada, a abulición do estado e da propiedade individual, é o maior ben dos indivíduos. Por outro lado, con ideoloxía semellante ao socialismo e dentro do punto de vista cristián,  olla en cada ser humano un seu irmán, pero non un irmán inferior e sí un irmán igual en tódolos sentidos.
     —Sí, Solobreña, pero pregúntoche eu:
     Será, que na realidade, pode existir unha civilización sin un contrato social, sin un ethos regulador? * (ethos> do grego> costume, hábitos...)
     —Vivir nunha sociedade sin lei e sin límites para os desexos non sería unha vida infernal?  Parécenos imposibel conxugar liberdade gozo e felicidade sin responsabilidade social ou individual.
     —Será que iso non nos poderá  levar a poder acreditar no paraíso sin antes chegar ao límite do inferno?
     —Como asumir  existencia propia, renunciar a rotas xa delineadas?                
     —A liberdade e felicidade do cidadán pasan pola autonomía, polo nomear por si mesmo, polo non se submeter, non se alinear.
     —Como conciliar liberdade con sociedade e vida en comunidade?
     —Ben, quizais como toda a liberdade é parcial, ela deberá ser, tamén, negociación de límites.
     —O que dis ti de todo iso, Bernabé?
    —Ben, eu entendo que, ao pensar na liberdade de unha persoa ou da sociedade actual, estamos usando o modelo clásico de dominación. Moi poucos renunciarían ás ordes do capital. “É a dialectica hegeliana, señor/esclavo”.
     Sempre houbo medo de perder o emprego. É un facto inconstentabel. No entanto, ese temor viña valizado por outros valores partillados socialmente como a contestación. Ser do contra xa foi unha distinción. Criticar o autoritarismo, non aceitar un horizonte de opresión, pelexar por participación nas decisións e buscar colectivamente mellores condicións de traballo; eses qüestionamentos  eran, ou quizais aínda sexan, actitudes tan importantes como manter o posto de traballo. Moitos perdían a súa función, mas caían de pé e levaban o senso de moral cumprido para outro lugar para o cal arrastaba seu senso peculiar de revolta. Eles non eran vistos como derrotados.
     —Meus mestres e heroes contestadores, Esa actitude humanística e comunitaria, ao contrario do que se convencionou chamar de utopía, podía gañar o nome de heterotopía. En vez de querer para este intre o melhor dos mundos posibles, moitas veces, pode tratarse de tornar o mundo o mellor posibel; a partir de seus espazos de contradición interna. O traballo, ás veces, ten todo para deshumanizar. Porén, tamén pode ser forte axente organizador da vida. Pode ser o mellor ou o peor da existencia dos individuos.
     -Se nós, os xovens de hoxe, herdamos un mundo que se permite ser terreo de eterna disputa en nome do tirano, con a confirmación gozosa do pracer en ser esclavo  (o esclavo se humaniza ao ollar o señor. Por iso é preciso que o señor exista para que súa vida teña sentido). Así sendo, algunha cousa fallou na traxectoria do noso mundo. Os soños de liberdade non poden dar con os  burros n´auga da opresión. É preciso localizar onde faliu o anelo da política utópica para xerar esa distopía (a utopía ás avesas) que todos habitamos e que dese xeito foi  deixada para nós: fillos e netos...
     Quizais, o maior erro non estexa na concepción das utopías —algunhas delas xustas, democráticas e igualitárias.  Porén, no abandono das heterotopías; perdeuse xunto cos soños revolucionarios a determinación en mellorar o mundo no cotián, aquilo que foi chamado de “revolucións moleculares”. Se a bandeira de uns tempos atrás era exclusivamente o socialismo ou barbarie, hoxe, sabemos ben quen anda vencendo ese xogo: —a tiranía, a barbarie afluente, deshumana, preconceituosa e excludente—.
     As utopías non morreron, elas son o alicerce da boa política, porén non se bastan como horizonte de posibilidades, por máis ben estructuradas e belas que sexan. Mellorar o mundo non prescinde apenas das grandes accións, dende que poida deixar a hipocresía da revolta de fóra. Nesta hora de ser do contra é operar no campo do posibel. O imposibel pode ser viabel, pero, demora un pouco máis para chegar.      
     —Meu xoven Solobreña, algúns filósofos din que a política para o ser humano non é unha opción, é un destino. Ela decorre da nosa sociabilidade. A política e o dereito estruturan e organizan o Estado, que expresa na súa concepción democrática os sentimentos e desexos da sociedade, moitas veces ambíguos, confusos e difusos.
     No convivio con as persoas, manifestamos as nosas dimensións máis posibilitadoras e altruístas: a escoita, o ollar  amoroso, o diálogo, a cooperación, a solidariedade, os traballos de construcción da paz, o perdón, o amor o coidado coa natureza e coas persoas máis vulnerabeis. Pero, é nese convívio que tamén revelamos os nosos sentimentos e accións máis obscuras, pois, historicamente, emerxen nas máis variadas e perversas formas de violencia, iniqüidade, impostura, opresión e tiranía.
     Quizais e por iso, Aristóteles dixo que o home é un animal político e, sendo político tamén poderá ser inxusto. Os exercícios do dereito e deberes da cidadanía, diríamos hoxe da nacionalidade: é parte constitutiva intrínseca da súa humanidade. “Un home que por súa natureza, e non por mero accidente non fixese parte de unha cidade (sociedade) sería desprecibel ou estaría acima da humanidade (...) pois, unha cidade pertence aos cidadáns en comun”.
     Santo Tomas de Aquino, nunha linguaxe máis amplia, máis fiel ao universalismo cristán, afirmaba que a persoa humana é un Ser social. A tradición aristotélico-tomista* conceitua a política como sendo a arte e a virtude de promover a xusticia e o ben comun. Outros mestres da ciencia e da filosofía políticas son menos esperanzosos e poñen nos espazos máis nebulosos os conflictos e o poder disputado polos politicos; moitas veces, fóra dos parámetros morais, éticos  e do interés público.    *(Tomista, Relativo a Tomás de Aquino)
     De Maquiavel a Carl Schmitt, pasando mesmo polo “desencantamento” da política, do dereito de Max Webber e pola loita de clases marxistas, como eixo e motor da historia. O pensamento e a acción política tamén disociaran na modernidade, polo menos en boa medida, dos grandes temas da ética e da xusticia presentes nos clásicos antigos. Non obstante, a defasaxe entre teoría e practica ven dende a Antigüidade.   
     Péricles, autor da “Oración aos mortos”, consideraba esa antoloxía a maior e máis sublime de todas. El non era nenhun líder espiritual e vivía con determinación os máis duros embates das disputas políticas e da guerra. Alexandre, o Grande, non seguía á risca as grandes leccións de seu mestre Aristóteles. Xa case contemporáneo da era cristán, Julio César non titubeaba en colocar os seus extraordinarios talentos militares, políticos e intelectuais a servizo de seus proxectos persoais e de expansión, pola forza do Império Romano.
     Séculos despois, entre 700 e 800 d.C e axindo en nome do príncipe da paz, o lexendario Carlos Magno facía o seu biógrafo escribir:
     “A historia política con seus conflictos sucesorios e súas loitas polo poder, dá a impresión de un tempo en que se ouve continuamente o ruído das armas”.
     A política, en fin, reflete a vida e a sociedade, daquel momento, con seus dramas e conquistas. Os estadistas refleten a síntese de seus pobos, épocas e culturas. Do poder monárquico autocrático ás democracias  contemporáneas, os procedimentos políticos ten  moito ampliado os espazos da liberdade, dos dereitos humanos e  da participación efectiva popular.
     Por iso, meu xoven Solobreña, lembrando os ensinamentos de todos eses pensadores e filósofos; fagamos primeiro en nós o cambio que cobramos nos outros. A reconciliación, política, cidadanía e a democracia se materializan en nosos xestos e nosas accións diante das persoas e da sociedade en que vivimos. Así mesmo, lémbrese sempre: Nunca poderá haber reconciliación e democracia duradoura sin a participación efectiva do pobo.  
     —Froilán, xa que estás a falar de pensadores, filósofos e da reconciliación política, lembreime da ironía dos personaxes da traxedia de Séneca: Atreo e Tiestes.
     —Sí, Bernabé. Pero, o que ten a ver a reconciliación con esa tal de traxedia?
     —Claro, ten todo a ver co perdón de uns españois para con os outros, como irmáns que somos e fillos de unha mesma Patria. Eu vou intentar che citar apenas  unha parte desa reconciliación; da traxedia de Séneca no reencontro de irmáns:
     ... Respóndelle Tiestes
     Atreo. —Conténtome en ver o meu irmán. Devólveme esas apertas desexadas. Todo canto houbo de enfado, creo que xa teña pasado. Dende este día, reverenciemos as leis da sange e da piedade, que fiquen apagados os condenaveis odios de nosas almas.
     Tiestes. —Eu podería xustificar todos os meus actos si non te mostrases tal. Pero, confeso-o, Atreo, o confeso: fixen todo aquilo que creiches de min. A piedade fraterna que me demostras hoxe, fixo pésima a miña causa: é perfectamente culpabel. Abogarei con miñas bágoas. És o primeiro en me ver suplicante. Implóranche estas máns que non tocaron a ninguén os xoenllos. Renuncia a todo odio e elimina da alma o tímido despeito. Acepta en reféns da miña fé, oh! Irmán meu! a eses inocentes.
     Atreo. —Neste reino caben dous e poden caber máis.
     Tiestes. —Eu creo que tamén sexa meu, todo o que sexa teu, irmán.
     Atreo. —Non consentes ó teu irmán que adquira unha gloria insigne?
     Tiestes. —Xa a gozas colmada; queda a miña: teño o firme propósito de rexeitar o reino.
     Atreo. —E eu deixarei a miña si non admites a túa parte. Celebremos, irmán, en fraternal concordia ese día de festa. Esa alegría é quen consolidará o meu cetro e me dará unha fé inquebrantabel na certeza da nosa paz.
     Tiestes. —Que alborozo é ese que conmove miñas entrañas? O que tremeu aí dentro? Sinto un peso insuportabel, e o meu peito xeme con un xemido que non é  meu. Vinde irmáns e fillos! Eu e vosa Patria, infelices, chamámosvos! Veñan, ó que vos vexamos desaparecerá a nosa dor... !
     Atreo. —... Recibe a eses moi desexados, fillos e irmáns. Que eles non che sexan estorbo; gózate con eles; bícaos e divide as tuas apertas...

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega