Rancores do pasado

Páxina Anterior

Parte V

Páxina Seguinte

v4dizramoscontoselendas004.html


     Antonio Aranda era un garda da república ou, como eran chamados, gardas de asalto que foron instituídos pola República. A pesar de servir como garda en Madrid, el estaba en Barcelona cando ocorreu o levante dos militares xunto cos militantes da falanxe e da monarquía en 1936. E, por circunstancias daquel intre, foi incorparado ó Exército da Generalitat en Barcelona. El chegou a ocupar un posto importante de comando no consello de defensa da mesma, sob as ordens do tenente coronel Diaz Sandino. nas filieiras do exército republicano loitando contra os nacionalistas. Era un home moi determinado, confiable e humanitario, tanto na súa ideoloxía socialista ou como persoa.
     David, que era médico militar e de tendencias monarquistas, de certa maneira foi obrigado a incorporarse ás milicias da Generalitat e, máis tarde, sería un dos compañeiros de Antonio na retaguarda do frente de batalla republicano, é claro, como médico.  Con eles aconteceu algo parecido como lle tiña pasado a milleiros de famílias ou persoas que mesmo non sendo políticas ou ter ideoloxías políticas e estando na zona republicana, foron obrigados a loitar en favor dela. O mesmo caso aconteceu con quen era socialista ou republicano na zona nacionalista, que tivo que loitar en favor dos nacionalistas ou ir para o cárcere.
    Máis tarde, dicía Antonio para algúns compañeiros ou comandados, que a adscripción dun bando ou outro era unha cuestión de mero azar xeográfico e cada cal debería complir con o que ese azar lle tiña determinado naquele intre. Mesmo contra a vontade, se quixese continuar vivo. No principio, para min, era o meu modo de pensar que me diferenciaba dos que estaban loitando no bando dos nacionalistas, pero, co tempo, fun descubrindo que non era ben así como eu imaxinaba e que había outras circunstancias a considerar sobre quén era quén.
     —David, que se fixera un de seus mellores amigos e compañeiro, díxolle el:
     —Concordo contigo, Antonio. Eu mellor do que ninguén podo afirmar iso que acabas de dicir. Quen se recusaba a obedecer, tanto nun bando canto do outro, era ir para  o cárcere , para o campo de concentración ou, ás veces, o peor, era fusilado sumariamente.
     Antonio sabía moi ben diso, pois, ó seu lado, nas liñas de frente do combate, durante toda a época en que durou a guerra civil, tivo como amigo e compañeiro, ó capitán médico do Exército español, o agora amigo David, que, naquel intre do levante militar, estaba baixo o comando de Goded, en Barcelona e, a pesar de non ter unha ideoloxía política, era simpatizante da monarquía.
     Ó fracasar a insurreción de Goded para apoderarse de Barcelona cos militares sob o seu comando, foi impedido pola resistencia ferreña das milicias armadas polos comunistas e anarquistas cataláns. A mor parte dos soldados de Goded —que eran cataláns— pasaron para o bando republicano comandado por Companiys, Durruti y Abad. Quen intentou resistir ós milicianos comunistas foron fusilados sumariamente e, os últimos, “pasados a cuchillo”.
     O médico David, foi poupado pola súa profesión e por tamén ser catalán. El poderíalle ser máis útil vivo do que morto ás tropas republicanas, como de feito foi ata terminar a guerra civil, mesmo contra a súa vontade.
     Pero, as cousas cambiaron cando Barcelona foi invadida e tivo que renderse aos nacionalistas. Se antes Antonio procuraba ignorar a ideoloxía do compañeiro de loita na frente de batalla, agora, as cousas tiñan se invertido, pois, nun campo de prisioneiros de guerra comandado polos nacionalistas, neste intre, tanto un canto o outro tiñan esquecido as diferenzas políticas e, eran apenas dous bos amigos e prisioneiros de guerra que deberían axudarse mutuamente, no que fora posibel, para sairen dalí inteiros e canto antes mellor.
     —Olla, David, durante o tempo en que estiven no campo de prisioneiros, despois de terminada a guerra, por non ter outra actividade racional, puiden refletir e concluir sobre unha serie de problemas que poderían ter sido evitados polos políticos e militares que estiveron no comando da nación española, antes e durante os Gobernos das duas incompetentes Repúblicas. Repetidamente, preguntábame se iso valera o sacrifício de milleiros de vidas ó loitar nunha batalla infrutífera e desalmada entre os dous bandos —o Frente Popular e os Nacionalistas—.
     Parece que estaban todos cheos de rancor e cegos pola ánsia de uns querer impor as súas ideas e exterminio a unha xuventude aínda sen rumbo moi ben definido. Despois de cumprir ordes, moitas veces obtusas, irracionais ou tamén coa súa mente contaminada pola influente insanidade dos políticos inescrupulosos e cegos polo poder, eu cuntinuaba a pensar se, na verdade, tiña feito algunha cousa pola España que tanto amaba e defendia. —Que era a mesma España que os do outro  bando tamén amaban e defendían.
     Continua a falar Antonio:
     —Esta ináudita peripecia que me mantivo en suspense, sempre que me mandaban a Cataluña para manter a orden  facendo parte de un grupo selectivo de gardas de asalto dende as primeiras xuntanzas dos sindicatos cataláns, tanto na capital, Barcelona, como nos pequenos poboados onde o dominio sobre os Payeses era controlado polos caciques comunistas e anarquistas. A autoridade constituída nen sempre era respeitada polas milicias desas clases obreiras.
    —Antonio, eu entendo o que ti estás a falar. Nunca che falei nada a respecto de todo iso que estás contando, porque sempre respectei a túa ideoloxía como ti respectabas a miña ausencia de definición política, pero, de parte a parte dos dous bandos, houbo moitas mortes desnecesarias. Un día, con máis calma, aínda vamos a discutir sobre todas esas cousas de irracionalidade persoal e colectiva que aconteceu  nos case tres anos de guerra civil.
     —Claro, meu amigo David. Ti lembraste de cando tiven que me facer de parvo cos médicos e psiquiatras do campo de prisioneiros, para que non me mandasen para a canteira arrancar na pedra, cando menos por uns días?    
    —Ben que me recordo da túa loucura moi ben urdida, Antonio, pero, caseque me leva a min para o calabozo se non fose o axudante e orientador do siquiatra, que me coñecera antes da guerra nun seminario de medicina psiquiatrica e sanitaria, en Madrid. Foi el quen me salvou do castigo por quererche protexer.

    —Así mesmo, a min non me gustaba a cara daquel orientador: barrigudo, embrutecido e cunha voz estridente, a pesar de vestirse impecabelmente con un traxe castaño-escuro; a súa fisionomía era asustadora.
     —Iso é verdade, Antonio, pero, para a maioría dos prisioneiros, el era unha referencia e lembranza da elegancia con que eles mesmos se vestían antes da guerra,  ó mesmo tempo en que vían nel a cara de un verdugo.
     —Na realidade, David, se eu me saín ben da escena que representei xunto ó siquiatra, foi máis obra da infame consulta colectiva daqueles médicos clínicos e psiquiatras. Ti sabes mellor do que eu, pois, era deprimente ver o diagnóstico médico, caseque igual para todos, é dicir, era como se todo mundo estivese con gripe ou catarro crónico. As medicinas eran as mesmas para todos e cando tiñan a visita do comandante, aí a espectativa era de completo terror, ninguén quería ficar doente mesmo que estivese morrendo.
     —Daquela ti salváchete de unha boa refrega na pedreira onde o traballo era abasalador, as temperaturas tambén facían o seu estrago nos prisioneiros. Algúns días a pesar do sol estar no poente, ao anoitecer o vento sopraba frío dos vales para as montañas en redor do campo de cocentración.
     —David, eu, na túa sombra, procuraba ter o tratamento que ti tiñas como antigo capitán médico do exército español. Un dereito que ti estabas intentando comprobar para recobrar a túa patente e a túa inocencia por ser obrigado a loitar a favor dos republicanos. Apesar diso, sin reclamar, continuabas a prestar servizos como auxiliar médico prisioneiro; cando eles precisaban de tua experencia cirúrxica na ausencia dos outros médicos.
     Tempos despois, o antigo garda de asalto foi avisado de que alguén quería velo. Foi acompañado por un soldado ata a oficina improvisada do comandante e, no encontro, foi logo preguntándolle ó visitante:
     —Quen é o señor, eu o coñezo dalgún lugar?
     —Na verdade, non. Vostede non me coñece.
     Antonio, pensando o peor, endereitou a carcaza do esqueleto xa medio enferruxada polo sacrificio ou tal vez  pola idade e, nunha das pernas sentiu unha puntada, un espasmo polo ferimento de un tiro de fusil durante a guerra e, é claro, pola canstante loita de arrancar e carrexar pedras na canteira. O comandante Martínez acendeu un cigarro e ficou mirando o prisioneiro con unha ollada maquiavélica, como un inquisidor visual.
     Xa había bastante tempo que o Martínez fora nomeado para comandar aquel campo de prisioneiros —el viñera de outro campo das Baleares, Palma de Mallorca—. Era um veterano capitán da guerra civil e da lexión estranxeira. El tiña prazer polos castigos crueis que, raramente alguén quería enfrentalo. Vestíase con moita elegancia, súas roupas estaban sempre limpas e aliñadas impecabelmente. Súas botas parecían un espello de tan cepilladas, por iso, raramente aparecía no campo de concentración onde existía moita lameira e pó.
     O pesquizador e investigador de moitos problemas decorrentes da guerra civil, volveu a conversar co Antonio e díxolle:
     —Quizais eu sexa un descoñecido para o señor —díxolle o visitante— pero, vostede non é totalmente para min, cando menos a través dos datos que constan nun cuestionario en meu poder. Pode sentarse! Lembrase do mosteiro de San Pedro, próximo a Burgos, que era usado, principalmente, para os prisioneiros feitos na batalla de “Jarama”?
     O prisioneiro sentouse ca forza da gravedade de unha pedra, de unha só vez, el estaba completamente exausto do traballo pesado ó cal non estaba acostumado. Continuou a facerlle preguntas o investigador de desaparecidos durante a guerra:
     Antonio, hai máis de un ano, eu axudado polo asistente de psiqueatría, fixemos un cuestionario con varios prisioneiros e, o seu nome está entre eles, por iso, eu estou aquí procurándote a mando dun teu amigo.
     —Por que os señores fan esas entrevistas, se iso non trai ningún beneficio para os prisioneiros?    
     —Non, non é ben así como vostede pensa. Eses estudios feitos con os prisioneiros: comunistas, socialistas ou anarquistas, é para saber que factores vos influenciaron a abrazar esas ideas marxistas e, conforme o caso pode influenciar na súa condena ou absolvición militar.
     —Señor, eu creo que un dos factores que deben ter influído nesa filosofía política, sexa a pobreza e a falta de liberdade e oportunidades para poder vivir dignamente como calquera ser humano dentro da nosa Patria.
     —Antonio, eu, en parte, ata podo concordar contigo, que poida ser a pobreza, isto é, a ilusión que esas ideas filosóficas de Carlos Marx poidan dar ás persoas o necesario para poder vivir decentemente, porén, canto a liberdade prometida, na mor parte dos países que domina o comunismo marxista, en poucos deles existe plena liberdade e,  a liña de pobreza é a peor posibel.
     De volta ao acampamento de prisioneiros para durmir, nos toscos dormitorios, os máis de corenta prisioneiros foi cada cal deitandose no seu colchón de palla e cubríndose con un fino cobertor todo ensebado polo suor e a poeira carregada no corpo. Un deles, tiña ouvido falar que podería haber algunhas mudanzas no tratamento dos prisioneiros.
     —Eu non acredito en nada diso, comentou o outro compañeiro. Sóamente se os monarquistas acabaren cos falanxistas tirándoos dos principais postos de comando.

     —Ata que pode sér, dixo Antonio, porén, Franco, mesmo non morrendo de amores por eles, non pode dispensalos da noite para o día —por encanto aínda precisa deles pra manter a orden política e social, tanto aquí dentro como dos perigos que ven alá de fóra.  

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega