Versos primos

Páxina Anterior

Páxina 11

Páxina Seguinte

Epílogo

VERSOS PRIMOS

MAMACIÑA


Miña nai quéreme tanto...
Dinmo os seus biquiños doces,

dinmo as meigas xoaniñas
que me adurmiñan de noite,

dinmo os tenros aloumiños

dos paxariños do día,
dimo o resplandor do aire

que a miña nai acompaña,

e os seus olliños de fada
que os olliños me acariñan.

Os dela din: "Miña alma..."
E din os meus : "Mamaciña..."


Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega