Versos primos

Páxina Anterior

Páxina 12

Páxina Seguinte

Epílogo

VERSOS PRIMOS

FLOR DE AMOR


Cando o amor florece

é flor de xirasol
disposta ao nimbo de misterio e aura,

de misterio e maxia.
De misterio.


Cando o amor florece
é flor de rosicler.
Alborexa o ceo unha aurora clara,

unha aurora branca
e nova.


Cando o amor florece
é flor filosofal.
Transmuta o aire en marabilla e soño,

en marabilla e luz.
En marabilla.


Cando o amor florece

florece a vida.


Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega