A fraga prateada

Páxina Anterior

14.

Páxina Seguinte

v2vitorvaqueirofragaprateada003.html

14

C.

Hoxe segues alí:
pasaron dous mil anos,
houbemos de morrer (poño por caso)
cincocentas vegadas nese tempo.

En Sirmione ecoan novos ritmos:
pandeiradas, mazurkas, saltarelli,
e os temperados froitos
devecen en algures
por engulir as frías enxurradas.

De cando en vez algunha adolescente
me lembra as túas lembranzas
ao carón dese lago de ollada polimorfa.
Onte crin albiscar, Valerio amigo,
entre dúas ringleiras de pestanas,
como un cismante lostregazo efémero
foxedizo de pálpebras e vento
semellando unha maina emergullanza
de mosaico, de túnica e de Clodia.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega