A fraga prateada

Páxina Anterior

18.

Páxina Seguinte

v2vitorvaqueirofragaprateada004.html

18

(G. C.)2

Ultrasóns afiados
resoaron imperceptibelmente.
Houbo ritmos acuáticos e máxicos
nas asas craniais dalgunhas freiras;
nas coxas axexantes tras das saias
de púberes hieráticas
naceron remexidas
e gabearon estremorecementos;
na magnética canle entre os dous seos
dalgunha dona, macia
na súa fermosura a piques da descida,
abrollou unha breca
que ergueu o voo
e atravesou pairando espectralmente
a bacía boente
como unha maina mediatriz do Lido.

A túa presenza etérea inda latexa
no encaixe avelaíño de Burano,
nos reflexos quecidos no bacino
ou nas ardentes portas de Torcello.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega