A fraga prateada

Páxina Anterior

21.

Páxina Seguinte

v2vitorvaqueirofragaprateada005.html

21

I

Sauron V fixera unha promesa:
limpar a Terra Media de medianos,
de elfos as Terras Élficas
e nas Terras dos Homes dos Algarves
espenar os Ananos decontado.
E que, ao cabo dos días,
somentes unha raza de orcos louros,
desprovida de todas as súas eivas,
ciscara maxestade
dende a bisbarra a Mordor
(ou Murder, tanto tiña,
porque Sauron tivera dende neno
atrancos na pronuncia).

Un milleiro de anos
era o cumprido xorne da proposta.
Un milleiro de anos
para collelos e atalos entre as tebras.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega