A fraga prateada

Páxina Anterior

33. Aqueronte.

Páxina Seguinte

v2vitorvaqueirofragaprateada006.html

33

AQUERONTE

As augas docemente escorregaron,
docemente esborrexaron ideas,
esvararon lideiras docemente
e docemente as lamas, docemente
no alén das vidas docemente cansas.
Do seu proprio ronsel fuxía o barco
corsariamente silandeiro e mesto.
Nas derradeiras beiras agromaron
unha foz e distintos abanqueiros
de cores montesías ou noitébregas.
Na derradeira beira xermolaron
por un igual areas e alancadas
aloumiñando sensacións recíprocas.
Detivo a angueira algunha testemuña
e pendurou os ollos no velame,
e despois, outramentes, o camiño
eterno, incuestionábel, indurado,
nos concéntricos circos infinitos.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega