A Odisea de Pere Xil

Páxina Anterior

9. Un infeliz labrego deixa de selo

Páxina Seguinte

Pagina nueva 1
     E quen levara aquel fouzo rubio? Pois fora un pobre campesín chamado Xullán, que vivía de facer labores de vila en vila, aló onde lle quixesen dar algo de traballo. Era case un vagamundo que gañaba o xusto para vivir. Des que tía remembranzas andara de vila en vila a se ofrecer para traballar nas eiras do agro, gañando dese xeito un miserable xornal.
     Cuando aquel día, en camiñando á beira da cova de Pere Xil, descubrira na escombreira aquel fouzo rubio tan nidio, non foi a evitar recollelo do chao. Aparentemente daquén o deixara alí abandonado, polo tanto non tía amo. O sou aspecto era bárbaro e a súa cuitela semellaba cortar muito ben. Seríalle unha boa ferramenta que o axudaría a facer os labores que vía desenvolvendo de vila en vila. Lonxe estaba Xullán de imaxinar que aquel obxecto salira dun furado que había a poucos metros máis aló del, un furado que tía toda a facha de ser unha coelleira, maguer non o estaba tanto de averiguar que o fouzo... ¡era máxico!
     Así pois, agarroulo, engabitoulo no faixín e tirou o sou fouzo vello —que daquela máis ben semellaba unha ferradura con estil— á escombreira. Despois seguiu o sou camín tan ledo por se ter aforrado unha chea de cartos na merca dun fouzo novo.
     Cabo de delas horas chegou á primeira aldea que atopou polo camín. Como decote, pediu algún traballo para que lle desen comida e un recanto nalgún palleiro ou nalgunha corte das vacas para durmir dúas ou tres noites.
     Mais aquel día a faena encomendada non lle foi como outras veces. O probe Xullán, que adoitaba contar con ruías ferramentas, non daba creto aos sous ollos cuando aquel fouzo vermello que recollera horas enantes botara a traballar como se tivese vontade propia sen que o houbese mover a mao. Así, en poucos minutos tevo segado a eira nada máis obrigando ao atordado Xullán a se mover dun lado para o outro, mais sen facer o máis mínimo esforzo de segar o mesmo. Aquel pequeno fouzo era a realizar o mesmo labor que doce gadañas e, en menos tempo aínda!
     Por se lle quedaba algunha dúbida inda ao campesín de que aquel aparello era máxico, nos dous seguintes traballos en senllas vilías quedou seguro de todo. Cuando houbo de facer aquelas xeiras, abondou con que o labrego vagamundo pensase o que había realizar para que o fouzo se movese solo na mao.
     Xullán aledouse muitísimo de ter atopado aquel obxecto máxico que o axudaría a salir da miseria. Mercé á súa maneira de traballar, era quen de facer nunha hora o traballo de cuatro días. Cunha pouca de sorte, despois do verao, podería ter gañado abondo para arranxar a modo a súa casía, ampliar os sous terreos e algo de gado para así poder vivir acougadamente o resto dos sous días nunhas propiedades de sou naquela propriedade de sou na aldea de Bustarel.
     Mui satisfeito e chen de esperanza, seguiu camín adiante confiando que tía un par de meses de dura faena por diante antes de os sous soños se tornaren realidade, porque habedes saber que Xullán fora un home con sorte ruía. Sendo un mozaco, herdara unha casa e unha propiedade chea de ovellas, mais un mal incendio arrasou todo aquelo e quedou na ruína. Todo o que tía desaparecera coas lapas e desde aquel fatal momento houbo dedicarse a percorrer as aldeas á procura de traballo, ofrecéndose como xornaleiro por cuatro rais.
     Pensou que talvez a sorte cambiara o sou destino, ou que un ánxele lle sorrira, ou sabe Deus que cousa, mais o importante era que tía un obxecto fantástico que o axudaría a salir de pobre, que talvez podería reconstruír aquela súa casa queimada e volver a ter o sou propio rabaño de ovellas, e mesmo algunhas cabras... Non, non se ía fer ilusiois, había que traballar se é que quería gañar en dieiro.
     E, decidido, camiñou cara a primeira vila que tía de frente, ao outro lado do río.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega