A Odisea de Pere Xil

Páxina Anterior

8. Unha visita inesperada

Páxina Seguinte

Pagina nueva 1
    Foi unha visista inesperada. Tratábase do gran mestre diabo de capa vermella, o Caio Mol. Pere Xil alegrouse de ter ordenado a casa, porque así causaría mellor impresión ao supertrasno. Caio Mol había comprobar que Pere Xil se comportaba como un verdadeiro trasno e non outramente, provocando as iras dos habitantes da comarca cada pouco tempo coas súas bruxerías e falcatruadas.
     Caio Mole atopara o noso duende acougadamente deitado nunha tombona diante da súa cova, a descansar despois da enorme laboura de limpar e ordenar o sou lar. Non se remebraba de ter feito un traballo de tales dimensiois na súa vida, era como unha fazaña para el, mais pagara a pena.
     A chegada do gran trasno foi inesperada. Primeiro houbo unha estoupada como as dos foguetes das festas. Lougo veron estoupadías máis pequenas que formaron unha grosa cortina de fumo.
     Cuando o fumo desapareceu, Pere Xil pudo ver que diante del se achaba aquel maxestoso ser de capa rubia e peiteado con dúas raias na cabeza ao cual coñecía de máis.
     —Abraiado pola vosa visita, señor
—foi o único que Pere pudo dicir.
    
—Veño de inspección —anunciou Caio.
     E inspeccionou.
     Despois de ver o que tía que ver, tirou mainamente das orellas a Pere porque había cousías que non dera feito de todo. Os labregos da comarca xa non se asustaban porque as vacas desen o leite con café; habería inventar algo novo.
    
—E agora a última cousa...
     Pere Xil enguliu cuspe. Non aguardaba que houbese inda máis sorpresas. De que se trataría?
    
—Vós diredes...
     —Sabemos
—principiou a contar Caio— que na túa cova foi deixado hai muito tempo un extraordinario fouzo vermello, que estaba aquí muito antes de tu chegares... E segundo penso, aquí debería seguir.
    
—Que cousas... —dixo Pere tremendo.
    
—Por que dices eso?
     Pero non fexo falta que Pere contestase porque xa o gran trasno lera o pensamento do trasnín.
    
—¡Vai mirar na escombreira! —berrou Caio Mole.
     Pere Xil foi, mirou, remirou, requetemirou e volveu onde o mestre trasno cabisbaxo.
    
—Non está...
     —Que?
     Caio Mole gruñiu de tal maneira que pareceu un furacán. Despois, cos ollos cheos de lume, mandou:
    
—Recupera ese fouzo, que é máxico, antes dunha semana, ou tornareite nunha ra...
     Pere Xil sabía perfectamente que Caio Mol era dos que cumprían as súas ameazas. Recordaba perfectamente como anos atrás un trasno que fora o sou compañeiro de xogos foi convertido en cococeando. O pobre houbo tirarse todo un verao correndo dos mozos que querían collelo para metelo entre follas e usalo como farol cuando ían cortexar as mozas de noite. Ou aquela ocasión na que Caio Mol castigou a outro trasno que se namorara dunha gnoma transformándolo en galo, mais non lle deixou ningunha pluma, de maneira que era o riso de todas as pitas... Ou el mesmo, varios séculos atrás, tamén tevo a desgracia de pasarse unha tempada sendo unha ra, mais uns humanos, crendo que era o que de verdade non era, desencantáranno.
     Non, as ameazas daquel ser eran tremendas e había que as tomar en serio. Non lle serviría de nada fuxir porque o encontraría tarde ou cedo.
    
—Irei polo fouzo, como quer... —dixo humildosamente.
     Pouco podía imaxinar que Pere Xil que aquel fouzo ía poelo en contacto coas vellas pantasmas do pasado, con aquelos que noutros tempos foran os sous pesadelos, a súa mancha moura como trasno.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega