A Odisea de Pere Xil

Páxina Anterior

3. A última proba

Páxina Seguinte

Pagina nueva 1
     Durante aquela semana, Xurxo estevo mui tranquilo. A súa dona estaba muito máis inqueda que el e non paraba de lle preguntar:
     —Como estás?
     —Muito ben, nía —e dáballe un chucho cariñoso na testa.
     A noite antes de se cumprir o prazo dunha semana dado polo trasno, o labrego dixo á súa dona:
     —Escuita o que che hei dicir porque é mui importante. Para eu vencer o trasno, preciso a túa axuda.
     —Que queres que eu faga?
     —Cuando escuites dicir "xa", tu abre a porta do comedor, mais para eso fai falta que esteñan todos os candeleiros prendidos e que haxa muita claridade. Durante unhas decimías de segundo poderase ver un feixe de luz salir daquel cuarto que entrará aquí na cocía, que estará case ás escuras. Ese "xa" ouviralo dúas veces.
     —Non entendo o que pretendes...
     —Tu confía en min.
     Ao outro día, ou mellor, á outra noite, chegou o trasno fiel á súa cita. Antes da chegada do trasno, Xurxo colocara un grande espello tras dunhas cortinaxes que había nunha parede do fondo e que escondían unha despensa. Despois pechou as contras para que toda a estancia quedase en penumbra coa única iluminación do lume da lareira.
     Cuando á medianoite apareceu o trasno polo sou furado, comezou un inmenso zurreburre causado pola excitación do pequeno ser, quen, amais, quería que a súa presencia quedase ben patente.
     —Esta vez estás perdido —dixo Pere Xil a modo de saúdo—, porque estiven toda a semana a praticar nos movementos máis rápidos que nunca viu un ollo humano. É imposible que tu fagas o mesmo que eu.
     Xurxo, chen de apromo, díxolle:
     —Estás errado. Fareilo tan idéntico a ti que mentres esteñas a fer os movementos eu tomarei a túa forma de trasno para ser, ate neso, igual a ti.
     —Que dices?
     —O que oes. Serei un trasno mentres faes esa proba.
     —Eso hei velo eu.
     Xurxo foise cara a parede do fondo, xunto á cortina.
     —Empezaremos cuando eu diga "xa", se non che importa —dixo Xurxo.
     —Está ben, mais a proba durará tres minutos, xusto até o momento no que eu diga "xa". E lémbrate, se non faes exactamente o mesmo que eu, movemento a movemento, tu perdes.
     —Ben cho sei... Xa!
     En ouvindo a palabra clave, a muller de Xurxo abriu a porta do comedor e entrou un gran resplandor na cocía que cegou, durante unhas décimas de segundo, ao trasno. Axina pechou e volveron as trebas. Entrementres, Xurxo correra a cortina sen o trasno decatarse da xogada. Pere Xil principiou unha danza de vértixe, con voltas, reviravoltas, contorsiois e outros movementos imposibles de describir, que de veras serían imposible de imitar até polo humano máis áxil do mundo.
     O trasno non perdía de vista a imaxe que tía frente a el e que cría ser Xurxo, mais o que de verdade vía era a súa propia imaxe espellada que, loxicamente, repetía á perfección todos os sous movementos.
     Cabo de tres minutos, Pere Xil caeu ao chao exhausto, mais aínda tevo forzas para berrar:
     —Xa!
     Outra vez se abrira a porta. Xurxo aproveitou aquelas décimas de segundo para correr a cortina e situarse onde estivera o espello. Para disimular o da porta, que se abrira dúas veces, dixo:
     —Debín deixar algunha ventá aberta e hai muita corrente de aire nesta casa esta noite...
     A súa dona ouvira aquel comentario e para dar máis credibilidade ás palabras do sou home abriu e pechou a porta unha vez máis. Lougo o labrego ameceu:
     —Xa ves que fun quen de repetir os tous movementos ao cen por cen e que até me transformei en trasno para realizalos.
     O trasno, allén á trapalla, namais bufou, porque non tía enerxía para máis nada.
     —Daquela, a casa e mais as terras son mías —dixo Xurxo.
     —Son, son... —houbo recoñecer de mui mal humor o trasno.
     Antes que o labrego pudese acrecentar máis explicaciois, o trasno liscou de alí a toda a velocidade para se perder da vista de Xurxo para sempre.
     —Eu íalle confesar que o gañei con trapallas —comentou á súa dona, mais non me deu tempo. Endebén, cuido que non lle faría muita gracia saber que un humano venceu a un trasno coas súas propias armas...
     Pere Xil marchou para outros lugares daquel gran vale do Navia, tentando esqueicer aquela humillación que sufrira. Fabricouse un novo cubil e viviu nel vintecinco anos, até que, un bon día, decidiu volver ao souto de Bustarel, para ver a súa antiga casa.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega