A Odisea de Pere Xil

Páxina Anterior

5. Entre as ovellas

Páxina Seguinte

Pagina nueva 1
     Al riscar o día, Olalla saliu da casa e foi para a corte. Abriu a porta e botou a andar. Automaticamente, as ovellas saliron todas e foron tras dela sen que fixese falta lles dar un berro. Parecía que sabían perfectamente cual era a súa obriga sen que ninguén houbese recordárllelo.
     Endebén, aquel detalle pasou inadvertido para o trasno. Estaba cego por realizar a súa vinganza, eso era no único que pensaba. A palabra vinganza pode causar horror entre os humanos, mais para os trasnos non é algo tan serio, aínda que elos son mui rancorosos e organizan vinganzas por cualquera cousa, mesmo cuando un diz a outro: "Teis as orellas redondas como un humano", o cual ten muito de ofensivo para elos, porque xa sabedes que elos as tein picudas.
     Os trasnos usan as vinganzas para se divertiren. Cuando un trasno se vinga doutro, quen recibe a vinganza volve, á súa vez, vingarse do vingador, de maneira que se forma unha cadea de vinganzas e contravinganzas que dura séculos, ata que, cabo do tempo, xa ninguén se acorda de por que empezou todo aquelo e dedícanse a outra cousa. É mui raro, así e todo, que un trasno se vingue dun humano, mais cuando o fai, pode ser aborrecido, como foi o caso de Pere Xil, quen tratou de se vingar de tres xeraciois, mais que non lle foi tan doado como o pensara.
     Mais volvamos con Olalla e o sou rabaño. Daquela foron para a serra, a un sito alto con muito pasto. A moza sentou embaxo dunha árbore, abriu o sou fardel e comezou a meter herbas e herbas que había arredor dela cunha mao experta entre panos de distintas colores.
     Pere Xil non entendía o que ela faía, mais tanto lle tía, porque aquela estraña muller estaba distraída de modo que a el lle sería mui sinxelo levarlle as ovellas. Mais aínda non actuou naquel día. Comprobou que a muller sempre levaba o gado ao mesmo sito e que ela se pasaba o día a recompilar herbas de acó e de acoló. Entrementres as ovellas quedaban solas, mais curiosamente ningunha non lle escapaba. Como era elo posible?
     O trasno non rompeu a cabeza con aquelas cuestiois e en troque dedicouse a construír unha galería subterránea pola que levar as ovellas. Aquela pasaxe condicía a unha campa do outro lado da montaña, nun sito de difícil acceso onde o trasno preparara un cerramento para as ovellas cun chamizo e unha fonte.
     Finalmente comezou a levar ao cabo o sou plano. O primeiro día levou cinco ovellas e ao outro outras cinco. Mais axina Olalla se decatou de que tía dez ovellas menos.
     —Como será posible? —preguntouse o trasno—. Ningún pastor se decataría tan cedo que lle faltan dez ovellas, sobretodo se non as conta nunca, e ela non o faía.
     Efectivamente, Olalla sabía que lle faltaban dez ovellas. Chamoulas por cadansou nome, mais loxicamente elas non responderon porque estaban mui lonxe de alí.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega