As cidades mergulladas (Poesía reunida 1973-2002)

Páxina Anterior

Escondida senda. Escolma

Páxina Seguinte

Pagina nueva 1





NADA SEI


Devorado o meu peito polas larvas,
polas incertidumes os meus risos,
unha desilusión de moitos pisos
escarva en min, como na terra escarvas.
Ínzanme o rostro as dúbidas e as barbas,

énchese o mar de ríos indecisos;
avísome do inútil dos avisos,
pletórico de cábalas tan parvas.

Non sei que son, que teño, que procuro,
imaxino que soño e, cando esperto,
todo arredor é, sobre incerto, escuro.
Non hai pregunta, en fin, que non me alarme,
e, pois todo é inseguro sobre incerto,
nada sei que non sexa interrogarme.


Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega