Breviario da autonomía

Páxina Anterior

Capítulo nº 3

Páxina Seguinte

m1rvilarpontebreviario003.html

Ventaxas do réximen autonómico


     No capíduo denanterior tratamos de probare como o adoitado, como o normal en todo Estado que se constituía nos máis recuados tempos pretéritos era o respeto escrupuloso âs diversidades, aos feitos difrenzaes que terían de integralo. N-outros termos, como a autonomía das diversas unidades que se axuntaban pra formaren unha unidade superior -a do Estado- que fose a eispresión dos seus intreses comúns, foi mantida decote como algo imprescindíbel á todo bon ordeamento político dos Estados, sendo somentes violada cando un egoísmo calquera -de un home, de unha casta ou de un pobo- tratou de sobrepôrse á todo pra se amostrare como poder único, ceibe de todo contamento e de todo freno. Ben ou mal conseguido o noso pirmeiro tencionamento, imos agora á ensaminare lixeiramente as ventaxas que o réximen de autonomía, canto máis ample millor, dos pobos, proporciona ao todo que resulta do seu axuntamento e convivenza, ou sexa ao Estado.
     Cando varios pobos con características propias, peculiares e poI-o mesmo diversas, viven agrupados baixo un réximen de descentralización, no que cada un d-eles é soberán dentro dos seus lindeiros, ou sexa n-aquelo que fai referenza eiscrusivamente â sua vida interna, as faculdades propias, as características e modalidades peculiares de cada un atopan ancho marxen pra se desenvoltaren prenamente, sen entorpecimentos retardadores nen oustáculos que se opoñan á que cada un chegue á sere o que pol-a sua especial natureza poida e deba sere. Cando n-un Estado, a causa da sua centralización, do seu unitarismo imposto, as variedades se achan engriloadas e o querere e o podere de cada unha se non pode manifestare e actuare por impedilo o patrón único, as normas unitarias, estonces xurde fatalmente o enxoitamento de todal-as fontes de iniciativas, de riquezas e de millora qu'en cada unidade hai. E o que podía sere caudal valiosísimo de vitalidade multiforme ocasionado pol-o confluire das aportacións que as variedades vivindo o seu vivir natural ocasionarían, se troca en minguada corrente na que, cando máis, soio se atopa a aportación do pobo que impón as directrices do réximen centralizado.
     É decire, que n-un Estado no que a descentralización sexa compreta e no que, pol-o mesmo, cada pobo dos que o forman goce de compreta autonomía, a situación xeral da sua economía, da sua cultura, da sua prosperidade e do seu progreso e adianto terá de sere moito millor e máis perfecta, como obra da conxunción d'esforzos e aportacións aunados compretándose uns aos outros, do que poida sere n-un Estado unitario onde, â imposición de un modelo único, se sagrifica todo o valioso concurso de forzas i-elementos varios dotados, poI-o mesmo, cada un das suas propiedades inalienábeis cuia utilización esterilmente e sen proveito algún se mete dentro do Estado centralista e aposta ao ceibe desenvolvimento dos feitos difrenzaes que n-él viven engriloados.
     Orgaizado un Estado en países autónomos, taes países, entregados ao libre desenrolo das suas peculiaridades, da sua vida característica, se achan en condicións de abrangueren aquel outo grado de prosperidade e adianto que soio se pode realizare cando os pobos, o mesmo que sucede côs individuos, poñen n-actividade os factores de traballo que lles son propios, excitándose no seu labourare âs propias condicións naturaes e seguindo en toda a sua actuación, pôndo en práctica en todo o seu traballo, aquelas disposicións especiaes, consecoenza da sua personalidade difrenzada, que os fai aptos pra unhas actividades e inaxeitados pra outras. Contrariamentes, no Estado centralizado os pobos que baixo d'él viven, privados como se achan de dare libre curso â sua particular iniciativa, âs suas modalidades caracterizadoras i-eiscrusivas, teñen que arribaren â realización de un vivire artificioso, fallo d'espontaneidade, privado de todo matiz natural, que xa en sí mesmo leva a eispricación da sua ineficacia, da sua condición serodia e da sua probeza.
     Nos Estados compostos de pobos diversos, orgaizados unitariamente e obrigados á viviren baixo unha centralización estúpida na que toda arela difrenzadora e contraria â uniformidade é combatida enrabexadamente, latexa decote e antre os membros compoñentes un malestar que ben se comprende e que malogra todol-os tencionamentos que o Estado faiga pra se superare. Tal malestar non é outro que o que se deita do feito de que os pobos integradores do Estado en custión teñen que participaren forzados na laboura de milloramento da orgaización -o Estado unitario -que os encadea e priva de liberdade e cuio adianto se acha en razón inversa da puxanza e adianto das partes que o constituen. Contrariamente á ísto, ocurre nos Estados formados pol-a feliz coincidenza de pobos autónomos que ao traballare cada un no seu terreo e dentro do seu campo de acción pol-o propio adianto, cousa doada e natural, ten de producire lóxicamente a millora xêral do Estado xa que decote e de un xeito invariábel a milloría das partes produce a do todo. E o todo n-iste caso é o Estado, sendo as partes os pobos diversos que d'él teñen feito a eispresión xurídica das suas coincidenzas e dos seus intreses comúns.
     Un Estado composto de pobos autónomos, canto máis autónomos mellor, non é algo forzado, algo que se impón e que necesita de medios coercitivos pra sere, sinón todo o contrario. É algo natural, algo que xurde inevitabelmentes poI-o mesmo feito d'eisistire intreses comúns, coincidenzas espontáneas antre pobos que, fora de taes coincidenzas e intreses, teñen ben asiñaladas unhas características que lles dan persoalidade e os fan, como consecoenza, inconfundíbeis. Resulta, pois, que n-Estados formados de tal xeito é compretamentes innecesario o esforzo e o gasto que nos outros Estados, nos formados pol-a imposición e o asoballamento, son necesarios pra termare de que se cumpran as normas que o Estado, máis que soberano tirán, ten á ben trazare pra que a sua falsa trabazón e conformación unitaria se non crebe nen rache.
     Cando varios pobos, gozando de vida plenamente autónoma, se achan constituindo un Estado, tal Estado goza das ventaxas de unha grande solidez, posto que a sua constituzón é froito directo da libre vountade dos pobos que o forman e da converxenza das necesidades comúns que antre eles eisisten, sen que nada haxa n-él que poida sere asiñalado como consecoenza de unha imposición ou de un acto de forza. E sabido é que non hai nada que poida equipararse â firmeza que persentan aquelas solucións que proceden directamente do mútuo asenso e da xêral comenenza e nas que nen de un xeito remoto mediou ningunha cras de coacción nen tivo participación a forza ou o dereito do máis forte. Por outra parte, n-unha agrupación ou xuntanza constituída por partes que non veñen sometidas á renunciamentos que atañen ao propio sere, â propia eisistenza, non pode endexamais aniñare o descontento e menos aínda a mágoa do trato desigual que tanto fire. Entregada cada parte ao seu esforzo, ela será o que as propias forzas lle permitan única i-eiscrusivamente, cousa que non sucede no Estado unitario toda vegada qu'el é a imposición de un precepto único e de unha norma común, acaian ben ou non nas partes integradoras, que por seren diversas e ainda opostas recraman lóxicamente un trato axeitado â natureza especial de cada unha.
     Outra ventaxa que se da nos Estados artellados en países autónomos é a de que se achando satisfeitos os degoiros naturaes, as lexítimas arelas reivindicadoras de ises países, que soio na autonomía prena atopan total satisfacción, todol-os esforzos de aqueles pobos confluirán n-acción única de se milloraren e adiantaren cada vegada máis, libres da necesidade imperiosa, e derivada do sentimento da propia dignidade, de loitar contra o Estado pra que íste se aveña á recoñecere os lexítimos e imprescriptíbeis dereitos que os pobos por él sometidos recraman.
     Moi de outro xeito sucede nos Estados unitarios. N-eles os diversos pobos sometidos â asimilación e â uniformidade soio forzadamente e con escasa eficacia participarán no milloramento común, xa que a sua atención e os seus esforzos principaes por forza terán de se consagraren â tarefa da autoliberación, inda que pra elo teñan a necesidade de pôrse en franca pugna e oposición có Estado. E íste, en taes condicións, privado do concurso unánime dos seus factores compoñentes, andará á levare unha eisistenza probe, fallo da liberdade percisa pra se remontare á outas e proveitosas empresas, e atento somentes á acalar, esterilmente, â xorda guerra que no seu seio por forza ten de latexare.
     PoI-o réximen de países autónomos formando Estados se conservan vivas e latexantes aquelas modalidades e características especiaes dos pobos que tanto contribuien, en nobre exercizo d'emulación e competenza, â boa marcha do Estado â sua meirande valoración.
     E non cabe coidare que de tal eisistenza se deite perxuizo algún pr'â sua solidez e permanenza, posto que os Estados sempre serán máis sólidos tendo como elementos básicos realidades ateigadas de forza vital -os pobos ou rexións ceibes- que non realidades desvirtuadas e privadas de toda enerxía propia e por ende de toda vitalidade, cal son os pobos ou as rexións obrigadas á seguire unha ourentación e á obedecere unhas normas de goberno que contrarían ao seu verdadeiro sere e se opoñen ao normal desenrolo das suas predisposicións naturaes.
     Ten o Estado formado por pobos autónomos a ventaxa de sere aquela orgaización política na que se achan prenamente garantizadas, e á salvo de arbitrariedades, a verdadeira democracia e a liberdade. Isto é porque tendo ise Estado como resultado inmediato da sua imprantación a manumisión política e adiministrativa das entidades que n-escada gradual van dende o individuo e o municipio, pasando pol-a rexión ou nazonalidade, ate o Estado, no que se axuntan varias de ístas, tal feito determiña que o individuo se ache á cuberto dos abusos e asoballamentos do poder político, toda vez que, pra impedilos, s'erguen os orgaísmos todos do sistema no que o individuo libre é a célula indispensábel e insustituibel.
     No Estado unitario composto de pobos varios calquer lei ou disposición que do seu orgaísmo lexislativo salla, difícil é que si resulta ben na sua apricación pr'algúns d'eles non perxudique á outros xa que, sendo todos difrentes, as suas necesidades tamén o serán, e polo mesmo o que pra uns poida sere benfizo pra outros, percisamente por aquela difrenza, terá de sere perxuizo, sendo as únicas inocuas aquelas que faigan referenza esicrusiva aos intreses comúns ou âs comenezas xêraes. E ísto condúcenos como da man á nos amostrare que toda lexislación, todal-as disposicións que teñan de produciren consecoenzas inmediatas e que faigan referenza soio á probremas ou custións cuio aspecto varia asegún as peculiaridades de cada pobo, deben, pra que produzcan axeitado efecto e non ocasionen dificuldades nen perxuizos, seren resoltas por cada pobo de por sí, asegún as suas comenenzas particulares. Antramentras que todo aquelo que por igual e do mesmo xeito afecte aos varios pobos agrupados dentro do Estado -xa sexa dende o punto de vista económico, político, social, etc.- debe ficare eiscrusivamente ao arbitrio e decisión do orgaísmo común que repersenta o punto ou puntos de contacto dos aludidos pobos.
     Cando as rexións ou pobos varios que poden eisistiren dentro de un Estado se achan privados de aquelas liberdades percisas pra vivire, orgaizare e dirixire a vida propia de acordo coás suas necesidades respectivas i-eiscrusivas, qu'é cabalmentes o que ocurre nos Estados unitarios formados por elementos heteroxéneos, é inevitabel que antre taes rexións ou pobos xermolen receios, envexas e até xenreiras máis ou menos acusadas, cuios receios, envexas e xenreiras, en fin de contas, contrariarán grandemente a boa marcha do Estado. Elo se deberá á que constituído o poder central en fonte única de benfizos, milloras e privilexios, e contribuindo todos por igual ao seu sostimento, fállalle equidade pra dare á todol-os pobos que d'él dependen o mesmo trato. E ísto ocasiona, como consecoenza, a mágoa e o encabuxamento das rexións que se ollen preteridas ou esquecidas, seguíndose d'eiquí a tirantez e aínda a enemistade antre pobos que de outro xeito se levarían como irmáns. Pro tal dificuldade se atopa achaída nos Estados descentralizados, ou sexa n-aqueles en que cada parte integrante, cada pobo vive unha vida autónoma, sen mediatizacións nen inxerenzas eistranas. Estonces, as milloras, os adiantos, os benfizos todos qu'en cada rexión autónoma se produzan serían obra eiscrusiva sua; e si eles se non producen, a rexión non terá á quen culpare máis que á si mesma, xa que o Estado se achara ceibe de todo iso, sendo da sua incumbenza somentes aquelo que por igual se relaciona con todol-os pobos que dentro d'él viven.
     Unha orgaización estatal, afincada na convivenza de diversas rexións gozando de perfecta autonomía ten a condición louvábel de sere unha orgaización axeitada âs demandas da constituzón natural da sociedade, na que decote se olla confirmada a realización prena da unidade sen atacare no máis mínimo âs variedades naturaes que, axustándose e compretándose, a forman. Pro si a mesma orgaización estatal ten como principio fundamental do seu afincamento i-eisistenza o descoñecimento das variedades n-ela choídas, trocando o acoplamento lóxico da variedade dentro da unidade pol-o ausurdo i-estéril sometimento ao uniformismo máis compreto e â centralización máis pechada, repersentará, contrariamentes, o esquecimento da realidade, a sustitución do natural i-espontáneo pol-o artificioso e forzado, i-en suma a prena alteiración de aquela constituzón natural da sociedade que sempre finda impôndose da sociedade por moito que o esforzo humán peite por desbotala. E como tal orgaización é antinatural e contraria poI-o tanto ao que os mesmos feitos recraman ou n-outros termos, como tal orgaización é anormal e debida somentes á circunstanzas especiaes -o emprego da forza en pirmeiro termo- terá indefectíbelmentes que pesare pra que a normalidade -qu'é o contrario á ela- se restabreza íntegra e prenamente cal sucedeu e sucederá decote.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega