Breviario da autonomía

Páxina Anterior

Capítulo nº 5

Páxina Seguinte

m1rvilarpontebreviario005.html

Denantecedentes autonomistas da Hespaña


     Si paises hai no mundo que pol-a sua estructura xeográfica, poI-as suas características especiaes e poI-os seus denantecedentes históricos esteñan pedindo á berros unha orgaización estatal que non teña ren de centralizada nen de unitaria, un de ises paises, cicáis o que se atope en pirmeiro térmo, sexa a Hespaña. O Estado que vimos padecendo os moradores da Penínsua dende que os Reis Católicos encetaron a laboura centralizadora e unitarista, laboura que realmentes culmina cando Felipe V, o pirmeiro rei da malfadada dinastía borbónica, priva das suas liberdades â groriosa nazonalidade catalana, é un Estado que nen de perto nen de lonxe responde no máis mínimo âs eisixenzas e aos imperativos da realidade. Feito de costas â verdade, pechando os ollos ao que os feitos recramaban e siguen aínda recramando, o Estado hespañol construieuse caprichosamente, seguindo normas e modelos eistranxeiros. Foi realizado como algo artificial, froito de persoaes egoismos maiestáticos e con propósito delibeirado de que non fose outra cousa que o ample e dilatado asento, a eistensa base, o afincamento axeitado de un choído ausolutismo monárquico -reises, privados, camarillas- situado á cuberto, pol-as consecoenzas da orgaización artificiosa dada ao vasto orgaismo estatal, de todo soerguimento de arelas democráticas e libeiradoras nos diversos pobos que as comenenzas reaes someteron a un uniformismo ausurdo e contrario á toda razón e á toda lei.
     O Estado hespañol, póis, contra o que recramaban e recraman ainda, aunadamente, a Historia, a tradición, os feitos todos, se pode asiñalare como un caso único de construcción que s'ergue choutando por riba de toda consideiración â realidade, e como faguendo un innecesario alarde de desprezo e d'esquecimento ao que os feitos e as leis naturaes mandan. É un caso típico de superposición do real, do que verdadeiramente é, pol-o convenzonal, pol-o falso, pol-o qu'e compretamente artificial. O Estado hespañol, atal e como ven sendo dende que como tal Estado aparceu constituido, é un caso exemprar de laboura tenaz e persistente pra chegare â suprantación do que a natureza manda pol-o que o home quer.
     Dimpóis de cinco séculos da laboura aludida os resultados están â vista. O que a Natureza mandaba e sigue mandando se non cumprira, mais non puido tampouco bulrarse. Os homes quixeron, traballaron, labouraron arreo por vencere o mandato natural. E o resultado ben se olla. Hoxe, cando xa tanto tempo leva pasado dende que s'encetóu a tarefa de faguere das diversidades hispánicas, vivas decote, unha unidade perfectamente ríxida cuia fórmula ou eispresión xurídica fose un Estado unitario, centralizado, de tendenzas ferozmente ausorventes e asimilistas; hoxe, cando non é unha sinón que xa son varias as centurias transcurridas dende que se levou á cabo o pirmeiro ensaio unitario, vimos á atopamos conque as diversidades se non esmoreceron, que o qu'era vario, vario sigue sendo, e que os feitos difrenzaes, pese á canto por derrubalos se fixo, permanescen ergueitos, vivos, latexantes, como faguendo unha tácita afirmación de que soio téndoos en conta, pro moi en conta, será posíbel estructurare na Hespaña un Estado que sexa eficente, que rinda os froitos que deba rendire e que, principalmente, abranga aquela permanenza e duración que tan necesarias se fan en todo bon ordeamento de pobos.
     Ista aberración de faguere unha orgaización estatal como a hespañola, sen contacto algún co-á realidade e sen que, poI-o mesmo, puidera nunca refrexare fidelmente, nen aínda torpemente sinón con engano, as necesidades, o xeito de sere, as realidades do conglomerado peninsuar pra qu'está feita, é a causa indiscutíbel de que a Hespaña, dimpóis de anos e de séculos de réximen unitario, rexamente unitario, se atope aínda en xeira constituinte. I-é, asemade, a causa de que tal xeira leve semellas de se non choere en definitiva até que a constituzón da Hespaña sexa o que deba sere, e á cuio ouxeto os esforzos todos parce que agora ¡ao fin! escomezan á s'encamiñaren, como ben craro o dí isa apetenza de vida autonómica que nos pobos hispánicos anda a se desenrolare, e que a Constituzón repubricana actual -ben lonxe de sere aínda a que degoiran todol-os que saben fitaren sen veos â realidade- concede sempre e cando a petición se formule con afincamentos sólidos.
     É abraiante por demáis ouvire que a orgaización do Estado hespañol é a única axeitada ao que o pasado histórico demanda e ao que a tradición hispánica co-á sua forza ingrávida determiñan. Os qu'eisí se manifestan de xeito tan incomprensíbel, o fan, ou ben porque lles compre faguelo eisí inda á sabendas de que minten, a fin de xustificare un statu quo no que tan ben medran as suas comenenzas persoaes e os seus egoismos; ou ben por iñoranza e descoñecimento ausoluto do que a Hespaña foi sempre e cando se manifestóu atal e como naturalmente é, sen aquelas deformacións á que veu logo á obrigala a tiranía cesarista de Austrias e Borbóns con toda a sua secoeIa de oligarquías parasitarias i-espoliadoras.
     Pasando a olIada, inda que non sexa máis que de prêsa, âs carreiras, pol-a Historia de iste conxunto de pobos perfectamente difrentes e donos de acusada persoalidade que se chama a Hespaña, con toda craridade se olla como tal conxunto, en momento algún da sua eisistenza, veu á constituire unha unidade rixida, na que soio prevalescese decote un soio poder e unha soia orgaización afincada n-un centro único e indiscutíbel. Contrariamentes, óllase como os pobos todos da Penínsua gozaron de unha vida autónoma, de unha vida ceibe até o momento en que os ausurdos dereitos de parentesco e a consaguinidade, que tanto privan e tanto repersentan no réximen monárquico, motivaron que o goberno da Hespaña caese en máns d'eistranxeiros cuia única preocupación era a de que o Poder real se manifestase en toda a sua plenitude, sen soma de oustáculo ou oposición, e tendo o territorio peninsuar como campo axeitado onde atopare, todo o necesario pra o sostimento de aquel Poder insaciabel.
     Non é certamentes nos tempos antigos cando a Hespaña forma un todo idéntico e sometido ao mesmo poder. Con respecto á ísto e falando das provincias, dí Pí Margall: "Roma non soio lles non impuxo a sua relixión, nen o seu dereito; aínda no político distou de suxetare á unhas mesmas condicións âs cibdades da Penínsua. Unhas eran estipendiarias, outras latinas, outras itálicas, outras colonias, outras confederadas, outras municipios; e gozaban cada cal de maior ou menor liberdade asegún a sua categoría".
     Somentes nos tempos derradeiros da dominación romana chegou a Penínsua á abranguere relativa unidade. E pra iso necesario é faguer constare que isa relativa unidade soio se fixo, como o mesmo Pí Margall fai notare, pol-a acción da forza, única i-eiscrusivamente, ou sexa pol-a intervenzón de un poder eistrano.
     Chegan os tempos medios. Coa invasión dos bárbaros a unidade relativa á que a Hespaña chegara cós románs, se creba. I-estonces xurde de novo a variedade espontánea da Hespaña con todaI-as suas múltipres manifestacións. Sendo nos tempos de Recaredo cando volta á se mostrare algo que xa semella unidade, e cuia realización outra vegada corresponde eiscrusivamente â forza, n-iste momento repersentada poI-os monarcas godos.
     Coá chegada dos árabes a unidade pouco consistente se forma nos derradeiros tempos da monarquía goda, torna de novo á se crebare. E arredados, sen contacto apenas antre sí, os pobos do norte peninsuar escomezan a campaña contra do mouro invasor, dando lugar á que, ao paso que o reconquerimento avanta, vaian xurdindo novos Estados cristiáns no chan hispánico, cuia duranza en tantos casos é efímera por demáis. A división, sempre latexante, dos diversos pobos da Penínsua -como dí tamén Pí Margall- contribuían, antre outros factores, os mesmos reises, que cos seus testamentos, estabrescedores da división dos dominios antre os fillos, ocasionaban tantas vegadas o xurdimento de Estados novos.
     O insigne mestre do federalismo, D. Francisco Pí Margall, apunta o feito de que pol-o infruxo do xenio ibérico, predisposto decote â división e ao máis acentuado individualismo, se manifestase antre os africáns invasores da Hespaña, cuio dogma era amplemente unitario en todol-os aspectos, aquela tendenza e propensión á se desgregaren, formando orgaísmos ou colectividades autónomas ou libres. Tal tendenza se manifestou perante a sua estada na Penínsua e culmina con aqueles reinos de taifas, verdadeira atomización singular do mahometismo ibérico, e cuia atomización, tan contraria ao xeito árabe decote unificador, xustifica de abondo a sospeita do autor de "Las luchas de nuestros días" que nós compartimos.
     A división da Hespaña en diversos e numerosos Estados perante os tempos do Medioevo, Estados cuia cantidade por virtude dos pactos, dos legados ou por outras circunstanzas unhas vegadas aumentaba e outras disminuía, feito ben coñecido é de todos. Por parte algunha se abesulla, na xeira referida, a tendenza â unidade, pois ainda cando por consecoenza de unha defunción, ou por outra calquer circunstanza, dous ou máis Estados de aqueles se axuntaban, o faguían de un xeito que non supoñía amalgama, fusión plena, unificación de todal-as suas modalidades. Moi lonxe de iso, en cada un d'eles se mantiñan vivas as suas características e prerrogativas, tendo a xuntanza, poI-o xêral, todal-as semellas de unha verdadeira federación.
     Un ilustre autor arxentino, o Sr. Ramos Mejía, estudando a orgaización histórica hespañola, dí acertadamente o que sigue, que corrobora as manifestacións nosas: "A unidade hespañola se non operou por movimentos de opinión, por un procedimento de compenetración individual, sinón por yuxtaposición d'entidades colectivas que se axuntaban por medio de pactos ou de outro xeito, coá sua lexislación e goberno propio, côs seus intreses, sentimentos e preocupacións particulares; non foi un acto íntimo, sinón eisterno; non un movimento molecular de materia, diremos eisí, sinón unha incorporación fraccionada de nazonalidades até estonces independentes, e cuios pobos permanescían eistranos á ela. Foi unha verdadeira confederación de monarquías, e por ísto ningunha nazón da Europa está máis arranxada qu'ela pra o goberno federal en todal-as suas formas. É o seu herdo".
     Eisactamente. A Hespaña, digan o que queiran os que tratan de probaren que n-ela eisisten de cote a tendenza e predisposición naturaes á formare unidade plena, cô que terman de afincare a sua oposición á todo o que sexa descentralización, autonomía, liberdade, en suma, dos pobos compoñentes do Estado hespañol, é un caso típico de país ao que se lle adxudicou, contra toda razón e choutando por riba de todol-os imperativos naturaes, un réximen unitario, de centralismo rigoroso, que nen de lonxe nen de perto lle poido nunca ire ben sinón todo o contrario. E â forza ten que sere eisí xa que por todo, ausolutamente por todo o Estado hespañol é un Estado pra o que a única forma de orgaización axeitada é aquela que permite a convivenza de diversos feitos difrenzaes sen afectalos no máis mínimo, ou sexa a orgaización federal no senso máis ample posibel.
     Por non querere aceptalo eisí, por pechal-os ollos ao que os feitos recramaban e ao que as leccións elocuentes da Historia de Hespaña se non puido atopare, dende que pol-a forza se lle obrigou á encaixarse n-unha ausurda orgaización uniformista e unitaria, con aquel equilibrio e aquela estabilidade que tan percisos son pra que os pobos aporten â causa común do progreso universal o meirande rendimento i-eficacia. E foi por iso poI-o que se puido decire por alguén, e por certo que con moita xustiza, que as características do Estado hespañol dende que se constituira como tal Estado, sen tere pra ren en conta os dictados da razón nen os mandados da natureza, foron o descougo e o degoiro, decote latexante, de atopare unha postura decisiva, motivos pol-os que a Hespaña non puidera realizare, sinón moi deficentemente, e soio en pequena parte, aquela laboura que pol-a sua potencialidade natural cabía agardara d'ela; engadindo que isa realización se non ollaría até que a Constituzón hespañola deixara de sere unha causa artificiosa, unha cousa falsa pra se axustare â varia e rica realidade hispánica por ela coutada e privada de todo dinamismo e de todo natural desenrolo.
     Referíndose â Hespaña e corroborando, asemade, as nosas afirmacións denanteriores, dí o francés Montalembert: "A Hespaña enteira até o século XVI, non foi máis que unha confederación de repúbricas, máis ben municipaes que federaes, das que os reises non eran máis que presidentes, tendo cada unha as suas leises, usos e dereitos, o seu esprito e a sua vida persoal e difrente. A vida estaba en todal-as partes, e a independenza tamén; porque eran infinitos os centros de actividade que â pirmeira siñal se convertían en centros de resistenza..." "O verdadeiro poder o exercían as asambreias; é decire, as Cortes o mesmo en Castela qu'en Aragón, i-en todal-as partes istas Asambreias eran soberanas en materia de impostos e de lexislación".
     Como ouserva acertadamente Pí Margall, ainda dimpois de formado un soio corpo de nazón -él chama eisí ao que nós chamaríamos Estado- baixo o cetro de Felipe II, por estaren todol-os pobos peninsuares gobernados pol-os mesmos reises, emporiso seguía cada un de ises pobos gobernándose por instituzóns e leises propias. De ísto, asegún manifesta o ilustre ouservador, se deitaba á consecoenza de que o Rei, pr'as suas empresas, se achaba obrigado á mendigare os axeitados socorros de Cortes en Cortes, padecendo eisí a sua fachenda i-estando disposto á sufrire as mágoas do desare. "Isto levou aos Reis -dí Pi Margall- á iren raposeiramente socavando a liberdade das rexións. De Castela, testa do reino, lles mandaban xente que no seu nome os gobernasen, i-en canto puidesen lles cercenasen os fueros de que máis ciumosas estaban. As rexións, non podende sobrelevalo, recurriron axiña â queixa, dimpois âs armas...". "Moi outro curso terían seguido as cousas -prosigue o político escrarecido- si xa os Reis Católicos tivesen creado unhas Cortes ou un Consello no que, repersentadal-as rexións todas da Penínsua, tivesen delibeirado e resolto encol dos negocios comúns, sen menoscabo das diversas instituzóns e leises qu'en cada rexión houbera. Cicais non fora mester recurrire â violenza pr'â anexión de Portugal e Navarra; e xa que se lle tivese empregado, non tería Portugal loitado tan tenazmente por recobrare a sua independenza".
     De intrés é faguer constare que cando se leva á cabo a unión de Castela coá confederación catalano-aragonesa, de cuia unión se pode decire que arrinca o vieiro da chamada unidade nazonal que tanto louban os unitaristas, os Estados que constituiron tal unión, pra formala, non foron obrigados á renunciare ao seu gobemo propio, âs suas instituzóns peculiares, â sua autonomía en suma. A unidade superior, qu'estonces se realiza deixa á salvo as variedades todas: qu'entran a formala. I-é andado o tempo, e poI-as causas que apunta Pí Margall nas liñas transcriptas denanteriormente, ou sexa pol-a cobiza de poder sen frenos pol-a cobiza e o degoiro de mando ausoluto que caracteriza aos Austrias e dimpois aos Borbóns, poI-o que paseniño se van mermando as liberdades e as prerrogativas dos pobos sometidos â monarquía. De ise xeito, centralizadas todal-as fontes do poder, n-unha soia man todol-os resortes creadores, n-un soio puño todol-os resortes das iniciativas, o monarca coá sua camarilla tiña o camiño libre pra poder realizare doadamente os seus caprichos e levare á cabo, sen oposición algunha, a execución compreta da sua vountade, execución tantas vegadas desastrosa pra os súbditos que a soportaban.
     Istes, pois, son os denantecentes históricos do Estado hespañol. E istes, poI-o tanto, son os denantecedentes que obrigaban á que a sua orgaización fose respetando as variedades, xa previo o recoñecimento da autonomía das mesmas -cal agora anda á se faguere-, xa por medio de unha verdadeira orgaización federal. Como se olla, iso do unitarismo, da centralización do réximen unitario e asimilista que logo xurde, é algo aIleo por compreto ao que os denantecedentes, as realidades naturaes e a historia dos pobos hespañoes recraman. É algo que se impuxo por comenezas, desviando bruscamente o proceso histórico das Hespañas do seu curso natural e tratando d'enmendare, por segundar caprichosas cobizas, a obra inxente que de consuno realizaron os elementos mesolóxicos do chan peninsuar e tantas xeneracións como nos denantecederon na posesión de iste chan.
     Resumindo, a tendenza â unificación política que na Hespaña non eisistira francamente en ningún momento da sua historia, pois decote se mantivo o respeto máis compreto âs diversas variedades que a integran, se inicia tempo dispois de levada á cabo a xuntanza dos difrentes Estados peninsuares baixo unha soia coroa. E si ben é certo que pol-o que fai â Galiza hai o feito siñificativo da prohibición do emprego da fala, ordeado pol-os Reis Católicos, dimpois do vencimento traizoeiro de Pardo de Cela, cuio feito síntoma ben craro é de un propósito asimilista, emporiso se non pode decire con toda propiedade que a unificación política e a centralización se inicien estonces plenamente. Van, con todo, tomando cada vegada máis corpo, si ben de un xeito paseniño, solerminamente. Acentuándose côs monarcas da Casa de Austria e aumentando decote en intensidade côs Borbóns. Vindo á constituiren os fitos tristeiros de aquel ausurdo e vergoñoso proceso unificador e de asimilación, as xornadas de Villalar, a execución do Xustiza aragonés, o erguemento das Xermanías en Valencia e tantos outros feitos que compoñen o ronsel, prêto e tinguido en sangue, que a Monarquía vai deixando á pos de sí no seu avante decidido deica o ausolutismo e a centralización máis choídas.
     Termare, pois, agora, de que a liberdade sexa côs pobos da Hespaña, pra que ístes tornen á viviren a sua vida, afirmando rexamente a propia persoalidade, non é máis que labourare pra que o natural desenvolvimento de taes pobos, con brutalidade desviado do seu vieiro por obra de unhas monarquías eistranxeiras, volte de novo a se iniciare. Pois soio eisí a vida da Hespaña poderá voltare â normalidade e á ser o que debe sere e non o que ven sendo perante istes cinco séculos de predominio alleo e de vergoñas continuadas.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega