Breviario da autonomía

Páxina Anterior

Capítulo nº 6

Páxina Seguinte

m1rvilarpontebreviario006.html

Comenenzas concretas que se deitarán da concesión da autonomía âs rexións da Hespaña


     Coa concesión da autonomía âs rexións hespañolas que a soliciten, cumprindo previamente o que pra abranguela estabresce a Constituzón da Repúbrica, terán de se produciren benfizosos resultados de orden práctico cuia enumeración sería longa en demasía. Por ista razón, i-en agasallo â brevedade, imos somente á tratare de algúns dos resultados benfizosos que a autonomía terá de producire indefectibelmentes. Como o lector poderá dacatarse, taes resultados son dos que non percisan se afincaren en demostracións previas, pra que a evidenza do seu soerguimento, como froito directo da autonomía, chegue á todos.
     Dende o momento en que á unha rexión se lle otorga a faculdade de rexire os seus destinos, de levare por sí soia e sen introminsións de ninguén o propio goberno, de resolvere por sí mesma os probremas propios, ven á pôrse a tal rexión, por eisí decilo, diante de sí mesma; se lle impulsa á olIarse de fronte, a fitarse de arriba abaixo; obrigándoa eisí a que por pirmeira vegada cicáis se recoñeza e que a atención propia, que puidera estare distraída ou embargada por custións alleas, se reconcentre, adiquirindo de ise xeito a pirmeira noción da propia responsabilidade.
     Ao atoparse a rexión adoitada á agardare do Estado a solución de todal-as custións; a non faguere ren por sí mesma, a se non movere por conta propia sinón seguindo decote o vieiro que se lle trazaba, pode dárese o caso de que, momentáneamentes, non acerte á marchare, de que a iniciación da marcha lle sexa non doada e de que os seus pirmeiros movimentos, ao xurdiren, sexan torpes e aínda cicáis trabucados. Todo elo posíbel, e tanto como posíbel seguro na maoría dos casos, nen dí ren en contra da comenenza do réximen autonómico, nen pode ocasionare a menos dúbida encol dos indubidábeis resultados eficaces que a autonomía terá de producire dimpóis de un prazo máis ou menos longo de arranxamento, ou aínda xa á contare dende o mesmo instante da sua iniciación.
     Posta a rexión de fronte á sí mesma, olIando sen veaduras todal-as suas posibilidades, todol-os seus recursos en non tendo xa colo en que alongare o seu sono e dare satisfacción â preguiza e aínda cicáis ao entorpecimento de movimentos propios que un réximen de mediatización e de tutoría escandalosos -o réximen centralista- por forza tivo que causar, a necesidade lle donará os azos necesarios pra marchare xa soia sen agardare as axudas de ninguén. E abandoada de tal sorte á sí mesma, a rexión instintivamente camiñará, do propio xeito que un indivíduo ceibado súpetamente ao mare i-entregado âs suas forzas eiscrusivas, ensaia os pirmeiros movimentos indispensábeis pra se mantere á frote, movimentos que ninguén sinón a propia necesidade lle adeprenden. I-eisí a rexión escomezará á se capacitare pra sere por sí mesma, e á adiquirire aquela naturidade sen a qu'endexamáis deixaría de sere un eterno suxeto de tutoría, inaxeitado pra producire aqueles froitos orixinaes que de todo agrupamento con persoalidade propia cabe agardare.
     Traspasado â rexión o goberno, adiministración e arranxamento de todo o qu'é eiscrusivamente seu, de un xeito espontáneo se desperta en todol-os cibdadáns un maior intrés pol-as cousas e custións que á todos afectan. O acaroamento dos órgaos i-entidades cuia minsión é atendere â solución e arranxe de taes cousas e custións fai que os cibdadáns vaian, paseniño, intresándose, cada vegada con máis forza, por aqueles asuntos que denantes de se imprantare o réximen autonómico á tan poucos chegaban á intresaren xa que, pol-a distanza á qu'eran tratados, por moi poucos se percibían. Sendo, póis, a rexión, a chamada á resolvere dentro de sí mesma todal-as custións que xurdan dentro d'ela e que á ela faigan referenza eiscrusivamente, se non fai mester aducire argumento algún pra probare como os cibdadáns termarán de participaren, sexa co-á sua curiosidade, sexa co seu consello ou sexa co-á sua acción na millor solución e arranxamento do asunto pranteado, co que íste, ourentado co-á maior suma de asesoramentos directos, abranguerá as meirandes probabilidades d'éisito.
     No réximen actual, cando un probrema ou un choio calquera de intrés pra unha rexión toma estado oficial, é obrigado levalo âs Cortes onde, fica pranteado pra logo alí darlle a solución que compre, ou pra lle non dare ningunha, como tantas vegadas ten ocurrido, deixando logo que o esquecimento fixera a sua laboura. Sendo os persoeiros ou diputados do país intresados pol-o probrema en custión unha insiñificante minoría en relación co total dos que compoñen a Cámara, e sendo por outra parte o aludido probrema un máis, nen millor nin pior antre tantos como a Cámara ten de resolvere, natural é que ista, obrigada á tratare á todal-as rexións por igual inda que na realidade non resulte eisí, se non preocupe d'el en pirmeiro termo sinón que cando boamente lle corresponda. E qu'estonces, ao faguelo, lle non conceda todo o tempo e a atenzón que pol-a sua índole lle correspondería xa que á iso teñen por forza que opôrse a consideirabel cantidade de trabaIlo que decote pesa en todal-as Cámaras dos Estados centralizados e unitarios integrados por países diversos, e cuias Cámaras entenden o mesmo nos outros probremas de carácter xêral que n-aqueles outros cuio carácter é eiscrusivamente local.
   Concedida a autonomía a rexión orgaizará o seu Palramento propio, Palramento ao que hai que supôre por forza que se acha composto por fillos da rexión e poI-o mesmo por coñecedores máis ou menos perfectos, dos asuntos que á ela afectan. Tal Palramento é o chamado, eiscrusivamente, a lexislare e á dispôre en todo aquelo qu'é privativo da rexión. A obriga de levare os asuntos á fora da casa pra que alí, lonxe d'ela e con xentes de todal-as terras, se lles donara unha solución, ficóu cancelada dende o momento en que, pol-a concesión da autonomía política, a rexión é facultada pra orgaizare o seu orgaismo lexislativo. O Palramento rexional, póis, sen tere qu'espallare a sua atenzón requerida pol-as chamadas de numerosos asuntos, se adicará eiscrusivamente, sen prêsas, con todo vagar, ao estudo do probrema que sexa. I-eisí o Palramento rexional, incruso recurrindo aos asesoramentos que sexan percisos, tal por exempro a púbrica información, irá solucionando, co-ás meirandes garantías de acerto, o probrema sometido ao seu arranxe e coñecimento.
     Trasladadas dende a capidal do Estado âs rexións autónomas todal-as funcións que á ístas legalmente corresponden, os cibdadáns todos, sen necesidade de sortire da rexión, doadamente poderán pôrse en contacto cos órgaos encarregados do exercizo das aludidas funcións. De ise xeito conseguirán que as suas recramacións, que as suas adevertenzas e consellos e que as suas peticións, se non perdan en valuto, cal agora sucede a maoría das vegadas, esquecidas no algueireio i-enguedellamento de orgaísmos tan comprexos e atafegados de traballo como son os orgaísmos todos de un Estado unitario, rexamente centralizado no que aínda aquelo que semelle máis cativeiro ten que pasare pol-a peneira das dependenzas burocráticas centraes.
     Co-á adxudicación ao poder rexional dos asuntos e custións que sexan da sua eiscrusiva competenza se millora de un xeito innegabel, e que á calquera se abrangue, non soio a condizón dos cibdadáns, como se dixo denantes, sinón que, asemade, se consigue unha maior eficacia nos servizos á prestare. E non poderá menos de suceder eisí xa que istes serán somentes os que faigan referenza â rexión, ficando ceibes dos entorpecimentos i-estorbos que ô estaren mesturados con outros cal ocurre nos Estados centralizados, determiñan por forza e sen que haxa posibilidade d'evitalos.
     Os encarregados de desempeñaren os postos de responsabilidade e de acción na rexión autónoma se achan, por eisí decilo, obrigados á actuaren dentro da masa mesma dos seus mandatarios ou poderdantes, en directo contacto con eles. Tal circunstanza, cal doadamente se pode un decatare, é de gran eficacia pra que o procedere dos que actúan na vida púbrica rexional, dos que desempeñan cárregos ou postos de repersentación popular, teña que axustarse o máis posíbel ao esacto cumprimento do deber. De non faguelo eisí o pobo, a masa á quen repersentan os aludidos e que tan perto d'eles se acha, poderá decatarse, sen esforzo algún, de como se lle engaña e deixa insatisfeita. E ísto traguerá como consecoenza a impopularidade poI-o menos; e co-á impopularidade o descreto e a inmediata retirada de poderes aos que non souperon ou non quixeron cumpriren co seu deber.
     No réximen unitario, con todoI-os orgaismos e funcións centralizados, ocurre todo o contrario de ísto. Os que actúan na vida púbrica, os qu'exercen unha función política viven lonxe dos que son repersentados ou dos que teñen de seren afectados pol-a laboura que no centro se faiga. E por iso, sen sentiren a fiscalización e a ollada esculcadora e axexante do pobo, s'eisprica un que a obra, que a conducta, que o procedere dos que desempeñan cárregos ou postos púbricos sexan tantas vegadas acreedores â xusta censura por denotaren esquecimentos ou bulra da minsión que o pobo, tan alonxado d'eles, lles confiou.
     Situado o Palramento rexional no país para quen ten de lexislare eiscrusivamente, os membros d'el, sabedores de que a sua laboura se sigue paso á paso poI-os que os arrodeian, e de que toda custión pranteada no seo da Cámara por forza terá de repercutire inmediatamente no pobo a quen ela sirve e do que debe sere a máis fidel eispresión, termarán moito de axustare a sua conducta ao que o deber asiñala, i-en todo caso se tentarán moito denantes de adoptaren unha resoluzón. Por outra parte, calquer momento de indecisión, de dúbida no arranxamento de unha custión fundamental pranteada na Cámara, axiña poderá sere salvado coá consulta, tan doada, aos repersentados. E ao mesmo tempo, ístes, tendo na casa aos persoeiros, sempre se acharán en condizóns de suxerirlles calquera ourentación, de lles proporcionare calquer dato, de lles suministrare calquer acraración que súpetamente se percise. Craramente se olla, pois, tendo en conta o devandito, como as probabilidades d'eficacia do Palramento rexional superan con moito âs que un Palramento único, lexislando por igual i-en todol-os aspectos para pobos diversos, pode ofrescere. E o que se dí do Palramento rexional pode faguerse eistensivo sen dúbida algunha aos Poderes todos que na rexión teñan o seu afincamento e na rexión atopen o seu remate.
     Artigolado o Estado en rexións autónomas, é indiscutibel que a sua minsión terá de se cumprire máis fidelmente e con maior rendimento que si todo él estivese orgaizado conforme á un patrón único e á unhas normas invariábeis. As Cámaras ou Cámara qu'en tal Estado eisistan, libres da preocupación dos pequenos probremas e dos pequenos intreses que as diversidades rexionaes crean continuamente, por tere pasado a sua solución aos Palramentos rexionaes, poderán se adicaren total e íntegramente ao estudo e resolución concenzudas de aquelas custións de orden superior aos localismos, cuia categoría eisixe un ambente superior ao rexional, e que, percisamente por iso, deben constituiren a materia única d'estudo das asambreias lexislativas centraes dos Estados en que haxa unha orgaización lóxica e axeitada â realidade.
     PoI-o derradeiro, o esforzo, a laboura, o grado de traballo dos cibdadáns se intensificará e acrecentará consideirabelmentes cand'o todol-os seus esforzos, ou pol-o menos a maior suma, sexan emborcados no milloramento e adiantos de aquello que máis directamente se relaciona con eles, ou sexa cô que os arrodeia. De ista sorte, o home conscente sentirá a satisfacción de ollare como o seu esforzo, como a sua fadiga producen resultados aprezábeis á simpre ollada. E ísto non pode sucedere cando os esforzos dos cibdadáns andan á se perderen na forte i-esvaída suma que compoñen os esforzos dos cibdadáns despersoalizados que labouran dentro de un Estado heteroxéneo, no que as variedades se non contan para ren e no que todo fica sagreficado â estéril e ineficaz uniformidade.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega