Cousas d'a aldea

Páxina Anterior

Como decote

Páxina Seguinte

m5aurelianopereiracousasdaaldea012.html


[p. 59]

COMO DECOTE


     Sempre moi ledo e de xolda
e co' a sorrisa 'n os labios,
dábame unha boa aperta
o tío Xan d' os Zaramallos
cando, por ser grande festa,
'n a vila nos atopábamos.
Co' as suas brancas cirigolas,
e a sua churra de bon pano,
armado d' unha boa moca
e mais teso qu' un pedáneo
—ola, letrado, dicía,
veña logo un forte abrazo.
     Y-así que me perguntaba
pol-a mai, pol-o payazo,


[p. 60]

e pol-a xente miuda,
ibamos votar un trago
á dond' houbese millor,
fora tinto, fora branco.
E alí, en amor e compaña,
de mil cousas platicábamos,
de todo, hastra de políteca,
ca inda n' é tan negado
que non gaste 'n o seu pródico
cada semana dous cartos.
     A últema vez que estivemos
xuntos, valeirando un vaso,
díxenlle:
          —E logo, tío Xan,
qu' hay de novo pol-o campo?
     Votou a monteira atrás,
tiróu forte d' o cigarro,
e dixo c' o mesmo tono
que si fora un misionario:
—O choyo non marcha ben;
e tí xa ó sabes letrado;
o labrego paga moito
e vai pior cada ano.
Soben as contrebuciós,
baixa de precio o ganado,
mais non merman os empreos
nin as pagas d'os empreados.


[p. 61]

Os menistros gastan coche,
os d' o pobo andan descalzos;
cobra cada lampantín,
desqu' a sartén lles quitaron,
trinta mil reás compridos,
coméndose en cada ano
o sudor de dous mil probes,
dous mil fillos d' o traballo,
que, como si foran bois,
andan uncidos ò arado;
e ¿pra qué? Pra que un día
Iles veña o comisionado
á embargarlles a facenda
pol-o que deben ó Estado.
Por qué deben? Porqu' aló,
en Madril, hay moito Eláparo
que non saben outra cousa
qu' estarnos sempre sangrando.
E ainda 'n esta terra hay xente
que s' esmera platicando
porqu' os fillos de Galicia
atravesan o Ouceáno
pra buscar o seu panciño.
¿E qu' han facer, mal pocado,
si aquí viven espremidos,
tristes, probes y-esfamiados?
Aquí chegaba d' a prática


[p. 62]

o tío Xan d' os Zaramallos,
cando víu que s' acabara
aquel caldiño, e votando
man à faixa, dixo á berros:
—Moza ¿cant' é este xarapio?



     Pagouse a conta;
y-eu que vin á Xan calado,
díxenlle: —E logo qué pensa
de todo ó que está pasando?
     Miroume de mala cara
e, torcéndose d' un lado,
dixo, chuscándome un ollo:
     —¿Qué penso d' o que pasamos?
N' a faltar quen nos xiringue,
conqu' así, vamos calando.



Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega