Cousas d'a aldea

Páxina Anterior

Invernía

Páxina Seguinte

m5aurelianopereiracousasdaaldea020.html


[p. 79]

INVERNÍA


As follas que verdes foron
          caendo van:
d' un rego pra outro rego
o vento levándoas vai.
É o inverno o crú inverno
          veciño está.
¡Ay, probe d' o probiño
          que non ten pan!

O sol xa non aluméa,
          calor non dá;
e 'n os picos d' as montanas
vese a neve branquear.
Nin un niño 'n as silveiras
          s' acha xá.


[p. 80]

Cae a y-auga, cae a y-auga,
          e sin parar;
e o gando 'n o cortello
          sempr' está.
y-o labrego sóo por velo
          deixa o lar.

'N esas noites invernizas,
          sin luar;
en que sóo vento y-auga
hay 'n o ceo y-hay 'n o chan,
noites tan longas e tristes
          com' o pesar,
¡Ay! D' o probe, d' o probiño
          ¿qué será?



Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega