Cousas d'a aldea

Páxina Anterior

Unh' aventura

Páxina Seguinte

m5aurelianopereiracousasdaaldea002.html


[p. 13]

UNH' AVENTURA


     Habían ser mais d' as dez;
todos estaban deitados:
brinquei d' a cama e baixei,
'n a mau levand' os zapatos.
Abrin a porta d' a córte
á escuriñas y-apalpando:
o gando non rexouxía,
non send' o burriño pardo
que tirou un par de couces
que por pouco m' atraparon.
Pol-a porta que d' á aira
vinm' enseguida 'n o campo:
votei pol-a verediña
que vai por medio d' o agro;


[p. 14]

calceime, e con paso preto
marchei car' o Santuario.
Xa me tardaba chegar
ond' o souto de Bolaño;
e tal er' a miña presa
que nin saquei o cigarro;
¡eu que voto tanto fume
cal si fora un condanado!
Xa dic' ela: «¡debes ter
muito charrizo 'n o estámago!»
De plonto, por tras de min
sentin que soaban pasos;
mirei, e non vin a naide;
mais as pisadas soaron.
Metinme tras d' unha sebe,
mais relaxado e xurando
como xura Xan d' Estebo
dende que veu licenciado.
Xa todo estemorecido
mirei por entr' os ramallos,
e vin un bulto: non podo
decir si era alto si baixo:
unhas veces parecíame
o Perucho d' os Carpazos
qu' agora como herdou
ándallem' azuruñando.
Outras veces casi cría


[p. 15]

qu' era meu pai. ¡Santanasio!
ó qu' eu alí maxinaba!
Tiña mais medo qu' o Paco
cand' ó pillaron os mouros
'n aquela aución d' o Vai Raso.
Ó qu' era parouse ó fin
frente d' a sebe: trembando
recei cinco padre nuestros
á San Bras, meu abogado,
pra que con ben me sacase
d' aquel afogo: o d' os pasos
chegou caladiño á sebe:
¡eu vinme morto!: pechados
os ollos, pensando 'n ela
por quen pasaba traballos,
xurando non vela mais,
esperaba eu o marrazo:
mais como pasaba o tempo
y-o outro estaba calado,
e nin daba nin decía,
abrin os ollos ¡Dios Santo!
e vin en frente de min,
as orellas baneando,
e picando 'n as herbiñas
ó Malino, o burro pardo.
¡Non pechara eu o cortello
e fuxira o condanado!


[p. 16]

Dixen ¡o demo te leve!
furgon, mal bicho, cangazo,
y-unh' adentada tireille
'n o fuciño, relaxado.


     Marica que m' estuvera
xunto d' o souto agardando,
vium' o siguente domingo,
cando eu entraba 'n o ádrio.
Puxo morros, e volveuse
pra Perucho d' os Carpazos;
y-eu destoncias acordeime
d' o Malino, o burro pardo.



Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega