Cousas d'a aldea

Páxina Anterior

Cousas de vellos

Páxina Seguinte

m5aurelianopereiracousasdaaldea003.html


[p. 17]

COUSAS DE VELLOS


     Cada vés que vou ò monte
paso por diante a tua casa,
y-ainda me lembro d' as noites
de brétema ou de xeada,
que ch' iba cantar à porta
a copra d' o tirinaina.
Y-ora rolóucame a risa
—e non rio por crianza—
cando n' a porta te vexo,
e 'n o sarego sentada
con un netiño 'n o colo
y-outro tirado 'n a lama.
E recordo cantas fixen
¡Dios que me deu! toleadas


[p. 18]

por che falar unha miga
aló cand' o galo canta.
Casi se pode dicir
sin mentira ¡miña y-alma!
que c' os meus pasos abrin
a vereda d' a montana
e c' o rego dos meus ollos
medraron as espadanas.
Eu son abó, ti es abóa.....
¡Xa che vai a conta larga!


     Esto o tío Xan d' o Penedo
dixo à tía Pepa de Parga,
unha tardiña d' outono.
Despois, afalando as vacas,
votóuse pol-a vereda
levando diante a xugada
e dicindo dispaciño:
—Xa che vai a conta larga!....
¡Si m' acordo d' unha noite,
cando aló 'n a carballada
Ile din o pirmeiro bico!......
¡Ou, marela, condanada!......



Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega