Cousas d'a aldea

Páxina Anterior

Alborear

Páxina Seguinte

m5aurelianopereiracousasdaaldea021.html


[p. 81]

ALBOREAR


     Fuxíu a noite,
x' alboreóu;
disperta nena,
meu doce amor.
Xa 'n os teus vidros
aluma o sol,
íspete, roxa,
sale por Dios.

     D' a campá d' a irexa
soa a badalada
e d' os paxariños
óese a piada,


[p. 82]

Sale, garrida,
sale, meu ben,
abr' a ventana,
deixate ver.
Anqu' a luz d' o día
comenz' a lucir,
ainda falta algo
porque faltas tí.

     Leda-l-as auras
marmullan xa
entr' a follada
d' o carballal.
Chea d' encantos
ven a mañá,
alma d' a-y-alma
¿non sairás?

     Mais pulida nena
non a ten a vila,
qu' os seus coloriños
as rosas invidian;
e 'n a sua boca,
fresco cravel,
as abelliñas
toman o mel.
Os seus negros ollos


[p. 83]

¡vállame San Xan!
tal fogo reparten
que morto me tran.

     Sal, miña xoya,
sale por Dios,
vex' a tua cara,
morra dispois.
Lóitase o ceo,
nubras' o sol,
se tí non sales,
meu doce amor.



Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega