Cousas d'a aldea

Páxina Anterior

"Lonxe d' a terriña,..."

Páxina Seguinte

m5aurelianopereiracousasdaaldea022.html


[p. 85]

*

*     *


     Lonxe d' a terriña,
lonxe d' o meu lar,
qué morriña teño,
qu' angustias me dan.
     Non che nego a bonitura,
ceíño d' esta terriña;
ceíño d' a terra alléa
¡quén che me dera 'n a miña!
     ¡Ay, meu doce Miño,
que regas meu chan!
os aires che levan
o meu sospirar.


[p. 86]

     Cheirosas son estas rosas,
cheirosas e bonitiñas.
¡Ay, quén aló che me dera
entre pallas y-entr' ortigas!


     ¡Ay, meu alaláaaa....
cándo t' oirei!
Chousas e searas
¡cándo vos verei!
     Verdiños son estes campos,
verdiñas as arboredas,
pero non moven as polas
os aires d' a miña terra.
     ¡Lonxe d' a miña,
qu' angustias me dan!
Os que vais pra ela
¡con vos me levai!


Salamanca 1876.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega