Cousas d'a aldea

Páxina Anterior

"Com' anduriñas que de lonxe terra..."

Páxina Seguinte

m5aurelianopereiracousasdaaldea023.html


[p. 87]

*

*     *


Com' anduriñas que de lonxe terra
          foron eiquí chegadas,
e qu' apenas niñaron 'n os aleiros
          retornaron à pátrea,
tal 'n o meu peito, en tempos que non lembro,
          xuntáronse as espranzas,
qu' inda calor non deran, e fuxiron,
          porqu' a terra era mala.


¡Qué sóo queda o niño, cand' as aves
          ó deixan e se largan!
¡Qué triste queda o peito d' o coitado,
          cando a ilusión se marcha!



Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega