Cousas d'a aldea

Páxina Anterior

Carta d' Alberte

Páxina Seguinte

m5aurelianopereiracousasdaaldea025.html


[p. 91]

CARTA D' ALBERTE


     Xaquín: cheguei ò lugar:
correndo vin sin parar,
e cheguei ¡Dios sabe á qu' hora!
c' outra tanta lengua fora
e sin poder folguexar.
     Casque à metá d' o camiño
atopei á Bras de Lenta:
traguía un pouco de viño.
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
e doume unha 'n o fuciño
que por pouco me reventa.
     Pro eu, que d' ese mazaroca
xa sei como son as mañas,
como non tiña alí moca,


[p. 92]

saqueime d' o pé unha zoca
e ¡zás! deille pra castañas.
     Cayeu él, tamen caín,
quedou quedo y-eu calado;
layóu, erguínme, fuxín
sin mirar pra ningún lado.
e veleités como vin.
     D' a vila ¡qué che direi!
A filla d'o Baltasar
cásase c' o de Marey
aquel que..... y-o d' o Pinar
marcha ò servicio d' o Rey.
     Como sempre están os mais:
teu hirmao feito un bon mozo,
pois desde que veu de Cáis,
gasta capa con embozo
y-é o argullo de seus pais.
     Casque non se deu cebada
e maiz hay pra ó ver:
a tua egua está preñada,
y-a vaca de tua cuñada
inda paríu antaer.
     Eu, xa desde que me vín,
busquei en qué m' ocupar,
pois esto está mal, Xaquin;
¡somos catorce á xantar,
contando òs cochos y-á min!


[p. 93]

     Y' anque se cuide a facenda
traballando cal ladrós,
y-anqu' a terra dé ¡haiche tenda!
ensiguida ven a Hacienda
votando contrebuciós:
     Y hay que pagar de repente
sin escusas nin recados,
que si non ó mais corrente.
é vir os comisionados,
qu' abofellas é boa xente.
     Hay quen non pode xuntar
pra comprir con eses cargos,
e cando veñen cobrar,
como non pode pagar,
encomenzan os embargos.
     Y-o que pasou tod' a vida
co' a y-auga e c' o sol en guerra,
a sua labor ve perdida,
y-ò ter que deixar a terra,
a y-alma leva partida.
     Si o ano qu' está á chegar
com' o plesente ha de ser,
non sei en qu' hemos parar.
¡Si no n' ó hay pra comer
com' ó ha d' haber pra dar!
     Xa se pode así vivir
tendo muller e filliños:


[p. 94]

si non mellora o porvir,
cheos veranse os camiños
de xente qu' ande á pidir.
     A tía Marica Caxuitos
díxolle á Pepe Debén
qu' ha de ser ano de fruitos,
sin aperturas nin luitos,
o ano que logo vén.
     Que non s' ha perder o viño,
nin s' ha apedrar a castaña,
nin ha folgar o muiño,
nin haberá algún viciño
que deixe en paz a gadaña.
     Haberá pan á rabiar
e non chegarán as tullas
para pode-l-o gardar,
e con solo as faragullas
teremos pra sementar.
     Qu' así sea falta fai.
Pero ¿cómo pasará?
¿Quén sabe? Pois, cal teu pai
lle dí às veces á tua mai,
ó que fore soará.



Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega