Cousas d'a aldea

Páxina Anterior

O zorro

Páxina Seguinte

m5aurelianopereiracousasdaaldea004.html


[p. 19]

O ZORRO


     Era unha noite inverniza,
sin luar e sin estrelas;
o Xan de Cajaraville
viña pol-a carretera
d' a casa d' o seu compadre
o Benito de Pradeda:
entrambos esbaleiraban
unha xarra bén compreta,
pra remollar unhas libras
de chacina bén resesa.
     O Xan moi craro non via
nin camiñaba á direitas,
y algunha vez mesmamente
se lle dobraban as pernas;


[p. 20]

mais por eso el ind' andaba
com' home que leva presa,
tirándolle on cigarriño
d' os de cadela pequena,
que mais que ser de tabaco
parecía de cerdeira.
     Torceu o camiño real
e pillou pol-a vereda,
tronzando c' o palitroque
os ramallos d' as silveiras.
     Chegou caron d' a sua casa,
deu a volta por tras d' ela,
montou por-riba d' a sebe
e foi à porta traseira;
petou, ladraron os cás
cal si non ó conoceran,
y-a pouco abriuse a ventana
que dá sobre d' a pendella,
y-oyeu Xan que perguntaba
a sua filla Maripepa:
—¿Quén vai?
          —¿E quén ha de ser?
—¿E qu' hora trai?
          —¡A que seña!
—¡Ven ben fero!
          —¡Coma podo!
—¡Ven ben cheo!


[p. 21]

          —Oyes tí, plepa;
o qu' é cando chegue enrriba
heiche dar unha palerma!....
—Cala, cala. borrachón!
dixo drento a tia Manuela,
abrindo —ben te poideche
deitar aló 'n a taberna.....
     O Xan quixo repricar,
pro se lle trabou a lengua

ò ver òs cas que sairon
tirados como centellas
correndo tras d' un pantasma
que brincára d' a pendella.
     Tamén él quixo correr
pro lle faltaron as pernas,
trangaleouse una miga
e deu c' os hosos 'n a terra.
     ¡Ei, pelexo, malos demos
te chafuguen! dixo a vella,
e votándolle ambas mans
por baixo d' ambas orellas,
foino levando d' arrastras
ó mesmo qu' un feixe d' herba.
     'N a mañan d' o outro día
atopou o Xan n' a feira
ò Pepiño d' o Catuxo,
de quen din as malas lenguas


[p. 22]

si tivo ou non tivo algo
c' a rapaza Maripepa.
     O mozo pasouse rindo;
o Xan abalou a testa,
o cando chegou á casa
díxoll' à muller: —Manuela,
pares qu' o Pepe miróume
así, de mala maneira.....
—Pro, home ¡cánto cavilas!
n' estás bon, repricou ela;
fai ó mesmo qu' onte á noite
en que che deu à toleira
por xurar que n' era o zorro
o que brincou d' a pendella.
—Muller, o zorro sería,
dixo Xan; pro abofellas
que cando cayeu 'n o chan
non tiña sinon duas pernas.



Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega