Cousas d'a aldea

Páxina Anterior

Á unha nena

Páxina Seguinte

m5aurelianopereiracousasdaaldea034.html


[p. 125]

Á UNHA NENA


     Estas penas sonche penas,
este sofrir é sofrir;
esta noite si qu' é noite
que non se ll' atopa fin.
Pra tí son todas legrías,
nena d' o corpo xentil,
garrida com' unha corza,
e mais leda qu' o reir,
lixeira com' anduriña,
fresca com' aire d' Abril.
     Son pra tí todas dozuras,
os amarguexos pra min,
que xa vou costa pr' abaixo
y-á tí tócache subir.


[p. 126]

Se puidera, miña nena,
ch' asegurar o porvir,
dérache miñ' esperencia
pra que foras moi feliz,
e conoceras destoncias
algo d' o qu' eu deprendin,
e que soilo pro tua conta
podrás deprendelo ti.
     Souperas que 'n este mundo
moi pouca verdá se víu,
porqu' é mercado en que corre
a moeda d' o mintir:
qu' a xustiza, anque chamada,
non parece por ehí,
pois todos piden «Xustiza!
xustiza!.... pro non pra min!;»
qu' a vertú non val diñeiro,
qu' o honrado é un infiliz,
siñor, o pillo con cartos,
quen n' os ten, un zarramplin;
qu' o que traballa, non come,
y-a conta d' él viven mil;
y-outras mil cousas souperas,
que non che quero dicir,
neniña d' o pelo roxo,
fresca com' aire d' Abril.
Saberálas pouco á pouco,


[p. 127]

qu' eu tamen as deprendín,
y-o mundo é grande mayestro
y-háte d' ensinar á tí.
Entramentres, vive leda,
e mais leda qu' o reir:
mira o ceyo, qu' azuliño,
mir' as rosas, qué xentís,
mira, mir' as volvoretas
que non paran de bulir.
Fai com' elas, si poideres;
anda d' eiquí pra alí;
mentres poidas, non caviles,
miña vida, porqu' ò fin
ó que ch' espere 'n o mundo,
anque tarde, á tempo ha vir.
Non caviles 'n o que dixen,
nena d' o corpo xentil,
a d' os ollos como o ceyo
y-a cara de serafin.



Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega