Cousas d'a aldea

Páxina Anterior

"À veira d' o camiño,..."

Páxina Seguinte

m5aurelianopereiracousasdaaldea035.html


[p. 129]

*

*     *


          À veira d' o camiño,
d' esta crúa xornada descansando,
          véxote como subes
con tod' a forza d' os teus quince anos.
          Sin pesares, lediña,
          com' o libre paxáro
          qu' ansioso as áas tende
parecéndolle pouco tod' o espazo.
          Eu fun, como tí, ardente;
          y-en tempos que pasaron,
          pol-a costa d' a vida
subin lixeiro sin trembarme o paso.
          ¡Qué lonxe van os tempos!
          Tan súpitos, cal lampos


[p. 130]

que 'n a medrosa escuridá, d' a noite
          creban o negro manto.
¡Cómo c' o tempo as forzas esmorecen!
          Hoxe véxome canso,
namentres tí pol-o camiño subes,
          y-é subir teu encanto.
Eu tiven que parar, porqu' os petoutos
y-as ortigas os pés me rabuñaron,
qu' as rosas son pra tí ¡miña xoyiña!
          sabe Dios hasta cando.
Sube a costa d' a vida, nena, sube
          mentras che dure o ánemo.
¡Tamen ó tiven eu, y-eiquí, mainiño,
          por tí estou esperando!



Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega