Cousas d'a aldea

Páxina Anterior

Falar d' a feira

Páxina Seguinte

m5aurelianopereiracousasdaaldea036.html


[p. 131]

FALAR D'A FEIRA


     Din qu' as xentes non son boas
e se dan á mal pensar,
e por eso n' hay quen crea
'n as vertudes d' os demais.
E n' é eso: é qu' as xentes
d' o que pasa conto fan,
e d' a feira d' este mundo
cad' un conta cal lle vai.

     Xan Labrego, que traballa,
come pouco e durme mal,
vé qu' hay pillos proveitosos
que se saben amañar,
e folgados sempre viven,
y-en fartura sempr' están


[p. 132]

s' esto vé todo-l os días
Xan Labrego ¿qu' ha pensar?

     Hay 'n a vila muitas damas
de quen tod' o mundo dí
que si teñen ou non teñen
con estoutro o con aquil.
Coma todos, s' as alcontran,
as alaban por xentís,
e lles fan a reverencia,
Xan Labrego ¿qu' ha dicir?

     Ponll' un preito un rico on probe,
e vai éste ver ò xues
dando voltas ò sombreiro
cal pidindo unha mercé,
y-o siñor está sentado
e cuberto —y-él de pés—
moi altivo; y-ò ver esto,
Xan Labrego ¿qu' ha creer?

     Se morreu quen tiña cartos,
cand' ó levan á enterrar,
os pendós marchan á pares
y-á dúcias os capellás:
fachas hay e gori-goris
y-un cortexo moi cabal.


[p. 133]

Mais s' é probe o penitente,
leva un crego... cando mais,
e lle rezan un responso,
s' es caso, por caridá....
s' estas cousas hai 'n o mundo,
Xan Labrego ¿qu' ha pensar?

     Hai vertudes ¡n' ha d' habelas!
pro pillos hai á rabiar,
e d' a feira d' este mundo
cad' un conta cal lle vai.



Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega