Cousas d'a aldea

Páxina Anterior

Tras de tempos.....

Páxina Seguinte

m5aurelianopereiracousasdaaldea005.html


[p. 23]

TRAS DE TEMPOS.....


     Roldoulle a porta unhas noites,
votoulle un cento de copras,
fíxolle mil garatuxas,
y-a condanadiña..... xorda.
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
     Era unha tarde de vrao:
estaba o rapaz 'n a chousa
deitado ò pé d' un carballo
fuxindo d' o sol que tosta.
Pouco á pouco adormecéuse,
pensando sempre 'n a rosa
que pr' outros tiña cheirume
e pr' él as espiñas solas.
Pasóu preto d' o balado


[p. 24]

a desaborida moza:
viu ò rapaz que dormía
sin coidado, á perna solta;
brincou d' a parede enriba
a mau votou á unha póla,
arrincou unha variña
e cayéu drento d' a chousa.
Foise por tras d' o carballo
engordiño dando a volta,
e co' a puntiña d' a vara
fíxolle 'n a orella cóxegas.
     À pirmeira vez.... quietiño:
à segunda, cal si mosca
lle fuchicase as orellas,
déuse un lapo.... Ela destoncias
sentíu un escarballeo
que ll' andaba pol-a gorxa:
abriu aquela boquiña
que sorrindo daba groria,
ensinou 'n unha risada
hastra mais aló d' as moas,
e fuxíu por alí adiante
com' unha anduriña louca.
     Irguéuse él: miróu quén era:
chaqueta tiróu e zocas:
lévecheme Pepe, dixo:
votóu tras d' ela, e pillóuna.


[p. 25]

Quixo fuxir a rapaza
e sacudíuse con forza....
com' estaba escurridizo,
esbarou... ¡ay miña pomba!
Él, como a tiña colleita,
non soltóu.... y-é crara a conta,
tamen esbarou, y-os dous
caeron 'n unha revolta.
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
     Dende d' aquéla o rapaz
nin garatuxas, nin copras.
Y-ela non lle rolda a casa
ou por medo ou por vergonza.



Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega