Cousas d'a aldea

Páxina Anterior

Ande o mundo

Páxina Seguinte

m5aurelianopereiracousasdaaldea049.html


[p. 161]

ANDE O MUNDO


     As xustizas d' este mundo,
¡así eu medre, che son boas!
Era unha nena moi linda,
sinxela com' unha pomba,
por ollos dous luceiriños,
e por meixelas duas rosas,
por beizos dos caravieles
e por corozo unha xoya.
E como sempre òs lambós
lles debecen as boas cousas,
antoxos sintíu por ela
o que ll' arroubóu a honra.
     Moito choróu a coitada;
moi tristes foron suas horas


[p. 162]

cando xa se víu perdida,
co' a sua concencia á solas.
¡Ay! os praceres aqueles,
aquelas doces parolas
en qu' a y-alma s' esprayaba
coidándose preto á groria;
aquelas noites sereas
que bulían 'n a mamoria,
lembranzas d' o ben perdido,
d' o pecado acusadoras,
ant' os ollos d' a concencia
vida tomaban e forma,
e cal vespas enritadas,
incansabres, zumbadoras
lle cravaban o ferrete,
cad' istante con mais forza.
¡Coitadiña! Sua inocencia
foi d' o mal a culpa toda,
y-así, por ser inocente,
é a pena pr' ela sola.
Cando pasa preto á xente,
ninguen lle fala nin olla,
todos fuxeu d' o seu trato
coma de besta sarnosa;
ninguén d' o seu mal se doe,
ninguén tampouco a consola;
pr' ela está o mundo baleiro,


[p. 163]

amor en ninguén atopa
e ten que pasar a vida
triste, deshonrada, soya,
qu' anque amar foi seu pecado,
o mundo non-a perdona.
Y-él, o ladrón? Por ahí anda;
naide seu feito recorda,
ou quen ó recorda, cala,
e xa s' acabou a conta.
Y-eu, que vexo como sofre
a nena, digo, anque m' oyan:
As xustizas d' este mundo
¡así eu medre, che son boas!



Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega