Cousas d'a aldea

Páxina Anterior

Lembranzas

Páxina Seguinte

m5aurelianopereiracousasdaaldea050.html


[p. 165]

LEMBRANZAS



     Ó pé d' iste carballo vinte un día,
nunca eu te vise, meu amado ben;
si quixera esquecerte non podría
¡mira si a y-alma teu recordo ten!
     Os teus ollos azules somellaban
d' o manso mar às ondas bulidoras:
'n un rato relocentes, relumbraban,
escuros, moi escuros, 'n outras horas.
     Olleite un pouco: tan garrida ò verte,
sentín miñ' alma 'n os teus ollos presa;
desd' estoncias non poiden esquecerte,
e de sempre t' amar fixen pormesa.


Xunto d' a crus de pedra
'n a noite nos hachamos:
pra sempre nos xuramos
          fé y-amor.
Acultos os luceiros,
a noite escura estaba,
e nada s' escoitaba
          ò redor.
Mais plonto, cal testigo
d' o noso xuramento,
lucíu 'n o firmamento
lixeiro resprandor;
e preto, entr' a follada,
en tono moi doente,
xemeu mainiñamente
amante reiseñor.


¿Dónde fuxiron os xuramentos?
¿qué foi d' o noso tenriño amor?

cando me lembro d' o ben pasado,
          sinto door.
Antonte, nena, pasei de noite
preto d' aquila soliña crus;
todo calado, todo escuriño,
          nin unha lus.
De volta viñen; soilo un luceiro


[p. 167]

mandaba à terra seu resprandor;
¡ay Dios! qué triste, qué mareliña
          tiña a color.



     D' o reiseñor soaba
o xeme doorido:
choraba o ben perdido,
soiño aquil cantor:
A crus era mais moura
qu' aquila noit' hermosa
qu' eu ledo, ti dichosa,
xuráramos amor.

     ¡Cómo trocara todo!
D' a noite o doce encanto,
d' o reiseñor o canto,
d' a lus o alumear.
E fixen comparanza
d' as penas y-os amores,
d' os tempos de doores
y-as horas d' o gozar.

     Y-ò me lembrar choroso
d' os bes que xa pasaron,
as bágoas non pararon
d' os ollos de correr.


[p. 168]

¡Dond' atopar as horas
de feiticeira calma!
Xoyiña d' a miñ' alma
¡fuxiron! ¡n' han volver!

     Pidamos às lembranzas
pr' o noso mal consolo:
e c' o pasado sólos
vivamos ti e mais eu.
Fiemos 'n a mamoria,
s' espranza xa non cabe;
qu' o corazón ¡Dios sabe
si durme ou si morréu!



Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega