Cousas d'a aldea

Páxina Anterior

Teus quinz' anos

Páxina Seguinte

m5aurelianopereiracousasdaaldea051.html


[p. 169]

TEUS QUINZ' ANOS


Cand' o cansacio xa m' asoballa
e casi o sangue teño xeado,
naces tí à vida, sintes o fogo
          d' os quince anos.
¡Cómo c' os días as forzas fuxen!
¡Ay! quen me dera 'n aqueles tempos,
que pra mín foron de louca vida,
          de sonos tenros!
Amor e esprito d' as almas novas;
amor o peito e a y-alma piden;
amor te chama con voz dulzosa
          ¡desperta virxen!
Sub' animosa pol-a vereda
qu' hoxe tua sorte sorrindo traze;


[p. 170]

goza ó que poidas, mais qu' algún día
          chorando baixes.
D' ese que fogo parés prefundo,
e d' esa chama qu' hoxe t' anima,
coma de todos, tan solo quedan
          tépedas cinzas.
Pol-o camiño que ti ora sobes
sobin eu ledo, baixei moi canso.
¡Cántas ortigas, cántos petoutos
          me rabunaron!
Coida si foron as chagas fondas
que me ficero co' as suas punzadas,
que non pecharon, y-ainda d' elas
          o sangue mana.
Tí, da tua vida 'n a primaveira
leda t' axitas, amor buscando.
Y-eu, qu' amei muito, estou, meniña,
xa pesaroso d' haber amado.



Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega