Cousas d'a aldea

Páxina Anterior

¡Sol!

Páxina Seguinte

m5aurelianopereiracousasdaaldea008.html


[p. 37]

¡SOL!


     É o Sol á quen debemos
a vida e saude os homes,
a sávia todas as prantas,
coor e cheirume as frores;
os paxáros su alegría,
cando pol' aurora loce
y-eternamente presigue
á melancónica noite.
     Él fai fuxir à tristura,
y-a luz qu' exparxe de cote
às xentes dá nova vida,
y-à Natureza coores.
Co' a fogaxe d' os seus rayos,


[p. 38]

fecundantes como fortes,
sai o xérmen d' a riqueza
que por doquer se defonde.
     O grao endebre e cativo
bule entr' a terra qu' ó encobre
y-òs bicos d' o seu calor
en direita espiga tórnase;
y a froreciña pintada
qu' o vento 'n a póla move,
gracias d' o Sol à caricia,
é guinda ou albaricoque.
     Todos ò Sol adoramos,
á todos brinda con goces:
o ceyo brila mais limpo
com' o Sol en él asome:
ten a vida mais encantos,
e 'n o peito unh' ánsia nobre
síntese, cand' o seu fogo
por nosas venas discorre.
     Cando sua luz benfeitora
nos manda dend' alá lonxe,
sai d'o abrigo d' a miseria
para exparexerse o probe,
qu' anqu' esté desesperado
por suas penas e doores,
cré qu' o mundo lle sorríe
cando tomar o Sol pode,


[p. 39]

y-estirar brazos e pernas
que casique non os move.
¿E qué mais? ¡Hastra o lagarto
que 'n a furaca s' esconde,
d' ela sai cando o Sol brila
e mesmo cara d' il pónse.
Cando 'n as nebras d' o inverno
o frío o corpo nos tolle,
moito votamos de menos
d' aquel Sol o lume doce.
     D' os arbores o follaxe
xeado vento levóuse:
a neve às altas montanas
con branca mortaxa cobre,
como si, mortos xigantes,
algo advirtisen ò home:
n' hay paxáros 'n arboleda,
nin vemos 'n os campos frores.
¡Cánto, destoncias, de menos
votamos o Sol de onte!



Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega