Cousas d'a aldea

Páxina Anterior

A cita

Páxina Seguinte

m5aurelianopereiracousasdaaldea009.html



[p. 41]

A CITA

Ò POETA FEDERICO DE LA PENA, MEU AMIGO



     ¡Se non foi certo ó que digo,
que com' as cobras me vexa!
     Sentin 'n a porta furgar
e, coidando qu' era ela,
estiven quedo, mais logo
vin qu' era presoa allea
que non conocía o portal
e andaba por él às tentas.
     Dixen pra min ¡fuxe Xan,
e fuxe presto, non sexa
que te cacen com' ò rato
atrullado 'n a rateira!
e metinme 'n o cortello
—c' o perdón d' ostés— d' as bestas.


[p. 42]

     ¡Ay Cristo d' os meus pecados;
nunca tal cousa eu fixera!
qu' así qu' o pé drento puxen,
comenzaron as ovellas
á rebulir, y á bufar
o boi y a baca marela,
mentres qu' o burro largaba
couces á dreita y-esquerda;
e tal barullo moveron
y-armaron tanta quimeria.
qu' o qu' entraba deu de berros,
e plonto pol-a escaleira
baixóu a señora Ana
e detras a Maripepa,
que de seguro traguía
o corozo com' a cera
c' o medo de que sua mai
me pillase 'n a trapela.
     O boi y-a baca moxían,
mée, facían as ovellas,
y-o condanado d' o burro
escoucea qu' escoucea;
y-eu, tremexando c' o medo,
deitado tras d' a cancela,
agardando que me desen
c' un adibal unhas fregas.
     A señor' Ana mirou


[p. 43]

e viu a corte valeira,
e dixo: —¿Serán os ratos?
Y-eston repricou a nena:
     —Será calesquera cousa,
cómo quer vosté qu' eu sepia!
     —Ter má logo d' o candil,
dixo destonces a vella,
y-entrarei ver ó que hay.
     —Vosté ten gana de leria!
berróu alteriada a filla;
déixese d' esas pamemas,
que si o gando s' alborota,
xa calará cando queira.
     Eu namentres, con mais medo
qu' un ladrón 'n unha figueira
¡sentía á cada palabra
'n a barriga unhas apertas!
     O fin fóronse pr' enriba,
e y-eu erguinme: ¡qué festa!
¡Todo cheiño d' esterco!
¡polainas, calzón, chaqueta!
y-a mais faltábame un zoco
¡quén ó buscaba d' aquéla!
     Sain dado á todos demos
—¡Dios me perdone a franqueza!—
votei camiño d' a casa
os pés dándolles con presa,


[p. 44]

pois iba tan perdidiño
que daba noxo ¡abofellas!
     Brinquei d' aira a parede,
y-apenas puxen pé en terra,
sai o demo d' o Morito
y-adéntame 'n unha perna.
     Eu, c' o delor aturdido,
dou un berro, o can oubea,
ármase outra barafunda
e sai meu pai co' a escopeta,
meus hirmaos c' unhos fungueiros
e miña nai c' unha cesta.
     —Ei, que son eu, que son Xan,
díxenlles eu con gran presa:
e dí meu pai: —E de donde
vés á estas horas, boa peza?
e votando mau de plonto
á un fungueiro, así m' axeita
un trancazo entr' hombro e hombro
que valía por corenta,
e sendo noite nubrada
fízome ver as estrelas;
e tras d' aquel media ducia,
hastra qu' eu chamando às pernas
compañeiriñas, sobin
à casa 'n unha carreira,
e metinme de seguida


[p. 45]

drento d' unha pila d' herba;
y alí pasei unha noite
qu' eu pensara ser de festa.
     ¡E si non foi com' ó conto
que com' as cobras me vexa!



Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega