Follatos

Páxina Anterior

Xa volveu

Páxina Seguinte

m5fdatomuruaisfollatos018.html


[p. 61]


          XA VOLVEU

     Xa está de volt' o habaneiro
xa ven de cruzal-os mares,
xa retorn-os patreos lares
c' un gran bulso de diñeiro.
Mais... páledo está e sumbrío,
perdeu aquelas colores
que somellaban as frores
que medran n-o meu resío.
Non é aquil mozo valente
que camiñaba direito,
agora sobre d' o peito
sempre leva baixa a frente.
Ten olladas abatidas
os seus ollos que brilaban
cand' as rapazas miraban
como estrelas alcendidas.


[p. 62]

Hoxe que nada lle falta
qu' anda fart' e ben vestido
o seu sembrante dorido
pubrica con voz ben alta
qu' está cheo de tristura
aquil peito qu' algun dia
era rico d' alegria
anque probe de fartura.

     Mentras qu' él atesouraba
pra traguer tanto diñeiro,
sonando c' un habaneiro
unha velliña choraba.
E choraba sin consolo
sempr' agardand' agardando,
á aquil que rind' e cantando,
rolou de neno n-o colo.
Os eidos mirab' en ermo
o horreo falto de millo...
¡o seu curazon sin fillo!
¡o esprito soilo y-enfermo!
E tanto, tanto choraron
os ollos d' a probe vella,
que d' una faixa bermella
as bágoas llos roldearon.
Entrou a fame n-a casa,
detrás xusticia y-usura,
y-a velliña en tal negrura
vertendo pranto qu' abrasa
decía á Dios de xinollos:
«¡devólveme aquil filliño


[p. 63]

qu' era sol d' o meu cariño,
e crara luz d' os meus ollos!»
E tanto a enfeliz chorou,
tantas bágoas derramaron
os seus ollos, que secaron,
y-a probe vella cegou.

     E cando volveu d' Habana
o fillo ric' e contento,
d' alegría o sentemento
matou â enfeliz anciana.
Á recibil' hastr' a porta
salíu, palpando, palpando
e cand' a estaba abrazando
caíulle n-os brazos morta.



Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega