Follatos

Páxina Anterior

Non morreu

Páxina Seguinte

m5fdatomuruaisfollatos036.html


[p. 133]


                 NON MORREU

     Non fuche ingrata, non, pequena patrea,
non esquencich' a insine Rosalía;
mais o cubrir de rosas e loureiros,
coma nai amorosa as suas cinsas,
cobríchete de groria inmarcesibre,
pois sempr' é grand' a nai de grande filla.
S' ela t' amou con un amor inmenso,
xust' é que d' ese amor t' amostres dina:
xust' é qu' esas reliquias venerandas
durman n-o colo teu en coba rica.
E pois labrach' un moiment' hermoso
altar d' o teu amor pr' esas reliquias,
mostrach' ô mundo que dar culto sabes
ô xénio que t' amou tanto n-a vida.
Tí feito con loureiros que medraron
n-as tuas sempre fértiles campiñas


[p. 134]

labraches niño pra qu' eternamente
podia n-él repousar esa roliña.
Non fuche ingrata, non, Galicia hermosa,
ô grand' amor d' a rola pelegrina;
pois con amor inmenso lle pagaches
o amor que ch' amostrou cando vivía.
Mais non morreu, non chores, nai amante;
n-o colo a tés, está soilo durmida
e vivirá mentras o sol dé lume,
mentres haxa relembros de Galicia.
Que non puido morrer a que tecera
de Follas novas a coröa rica,
a que bordou de pelras e diamantes
a coröa que fora antes d' espiñas.
¿Cómo había morrer a doce rola,
qu' en torrentes de máxica armunía
espallou os tesouros inmortaes
de notas e canciós que son diviñas?
Non, non morreu; os ecos d' as montanas,
os murmuxos docísemos d' a brisa,
as fontes y-os regatos mais pequenos
c' os romores d' as augas cristalinas,
os paxaros n-os- trinos armuniosos
qu' entoan antr' os soutos ond' aniñan:
todo repite o acent' anamorado
con qu' ela te cantou, patrea querida.
Non, non puido morrer xénio tan grande,
nin apagars' os ecos de tal lira:
mentres haxa un gallego sobr' a terra
morrer non pode a insine Rosalía.



Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega