Follatos

Páxina Anterior

Lucía

Páxina Seguinte

m5fdatomuruaisfollatos037.html


[p. 135]


               LUCÍA

     É libre com' os paxaros,
pois ningun laz' a suxeta;
mais é paxaro sin niño,
pombiña sin compañeira,
que pasa a vida cantando
send' alegría d' as festas
e cicais a sua disgracia
a coitada non comprenda.
Mais... ¿quén sabe? cicais chore
bagullas que ninguen vexa
y-aqueles ledos cantares
son a carauta d' as penas.
¡Probiña! naceu n-a lama
lixosa de culpa allea,
abriu os ollos â luz
sin albores de nocenza


[p. 136]

y-ô relembrarse d' a enfancia
soilo bulleiro relembra.
Nunca respirou a brisa
prefumada d' a pureza,
nin soupo nunca qu' a honra
ten mais valor qu' a eusistenza,
y-agora qu' a coitadiña
é cuase unha moza feita,
d' a defunta nai o nome
cicais maldice e despreza.
Soliña, sin agarimo
recorre pobos y-aldeas
cantando coma un paxaro
sin ter amor sobr' a terra
e pra môr disgracia sua
é linda com' unha estrela.
C' us ollos feitos de luz
ten unhas pestanas negras
com' as aliñas d' un corvo
y-a rizada cabeleira
ten refrexos azulados
y-un brilo coma de seda.
Ten unha boca encarnada
o mesmo qu' unha cereixa
y-us dentiños que cobiza
lle dan á un fio de pelras,
e non hay prefil mais puro
qu' o d' a probe cantadeira,
nin unha frente mais linda
qu' a sua frente morena.


[p. 137]

     ¡Probe fror que medrou soila
antre bulleiro e maleza
e nunca tivo agarimo
nin valado qu' a desfenda
nin mau qu' amant' a coidase
nin auga pura ô par d' ela!
¿Qu' espant' é que se muschara
e qu' o prefume perdera?
Post' en medio d' un camiño
todos ô pasar a trepan,
d' o seu abandono triste
sin ter compaseon xiquera.
¿Qu' estrano que xa en capullo
esté d' os vërmes comesta?



Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega