Follatos

Páxina Anterior

Á esperanza

Páxina Seguinte

m5fdatomuruaisfollatos039.html


[p. 141]


               Á ESPERANZA

     Espréndedo astro que brilas n-o ceo
y-ô mund' alomeas con práceda luz:
antorcha radiante qu' alcende n-o seo
o místeco rayo qu' irradia n-a cruz.

     N-hay sombras n-a y-alma que tí n-esparexas
n-hay penas tan fondas, tan negro doôr,
que tí non espalles en canto crarexas
as almas enchendo de luz e calor.

     Enriba d' a coba te mira o cristiano
mostrándoll' o ceo con luz imortal:
n-os probes infundes valor soberano
e santa alegría, virtú celesteal.


[p. 142]

     Os héroes cristianos, d' a sua viutoria
á tí son deudores, ¡ouh filla d' a fé!
que ningun arriba ô porto d' a groria
sin ter esperanza n-o Dios en que cré.



Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega